L'art pour... quoi?
Certo. Os escritores e escritoras nunca temos a raz¨®n. Falo por min, que ningu¨¦n se ofenda. Somos egoistas, resentidos, perrenchudos, vaidosos e desagradecidos coa man que nos d¨¢ de comer. ? por iso, int¨²o, que os lectores ve?en a n¨®s.
A arte sacode as persoas e as sociedades, ¨¦ncheas de furia e forza; o que as amansa ¨¦ o rito, a vontade feita roda nun eixo inm¨®bil. Mais o rito aprendeu a lexitimarse cos recursos da arte: a representaci¨®n dram¨¢tica, o suspense, a ambig¨¹idade, o sacrificio, a catarse... O rito sabe que sen recorrer ao desexo fracasa. Por¨¦n, seu obxectivo ¨¦ sempre naturalizar un dogma, facer prevalecer os intereses dun grupo sobre os intereses doutro grupo. O rito ¨¦ sempre propaganda.
A arte, pola contra, a que nos presta, ten como meta a desestabilizaci¨®n do rito, esf¨®rzase por amosar a convencionalidade de calquera dogma e por evitar que o triunfo da ideolox¨ªa se convirta en victoria, que se confunda coa verdade. Disto ¨¦ do que falamos cando proclamamos a liberdade do artista e, atr¨¦vome a dicir, o compromiso do intelectual.
? desde a¨ª desde onde compre ler as afirmaci¨®ns que problematizan o edificio da literatura galega cando nela se advirten signos de ritualizaci¨®n: o entrenzamento co poder pol¨ªtico, a asimilaci¨®n dos creadores coma funcionarios a desempe?ar un servizo p¨²blico (sa¨²do ao Caribe, bon voyage!), o papel das novas instituci¨®ns culturais, o modelo de xesti¨®n planificada e empresarial, a tendencia enfermiza a reunirse con outros escritores, o omnipresente Gai¨¢s...
Un observa que se est¨¢ a elaborar unha nova cartograf¨ªa, unha ordenaci¨®n do territorio apoiada en presupostos que favorecen un tipo de creaci¨®n que non coincide coa propia. E as¨ª andamos, todos ¨¢ procura da nosa bandeira azul.
Literatura galega? Por suposto. Eu non te?o nin quero outra, pero o labrego preoc¨²pase da terra, das sementes, da auga, do sol; non da denominaci¨®n de orixe nin do carimbo do seu consello regulador. Tradici¨®n? Faltar¨ªa m¨¢is! Un ¨¦ parte dela e enorgull¨¦cese. Por iso sabe tam¨¦n en que consiste iso que chamamos Tradici¨®n, nas visi¨®ns mestizas e contradictorias de autores e autoras; persoas, non santos, que logo son valoradas polo mesmo consello regulador e transformadas en rito lexitimador. De a¨ª que un fale de tradici¨®ns diversas e reivindique aos autores, a uns si e a outros non, nunca a Tradici¨®n en bloque. ? fin, a Tradici¨®n art¨ªstica empr¨¦gase para establecer a norma, mentres que a arte avanza coa excepci¨®n, nunca coa norma. Neste sentido, para un creador, a arte ¨¦ case o oposto da Tradici¨®n, e o ¨²nico ¨²so v¨¢lido da Tradici¨®n ¨¦ o que a cuestiona, o resto son as gaitas das inauguraci¨®ns.
Por outra banda, cada autor, aqu¨ª e en Finlandia, vaise facendo acompa?ar da s¨²a propia tradici¨®n (non somos ¨¢rbores) con autores de aqu¨ª e de acol¨¢. Este proceso ¨¦ semellante ao da adquisici¨®n das amizades, ou das relaci¨®ns voluntarias; non ao da familia, que nos v¨¦n dada e, por moito que arreneg¨¢semos dela, lev¨¢mola inscrita nos xens e determina o noso aspecto e o noso comportamento, defendela afervoadamente pode ser s¨ªntoma de paix¨®n... pero tam¨¦n de neurose.
Igual que non estou obrigado a sentirme m¨¢is preto dos poetas contempor¨¢neos que de Manuel Antonio, tampouco vexo por que ter¨ªa que sentirme m¨¢is pr¨®ximo de Filgueira Valverde ou de Otero Pedrayo que de Nikolai Gogol ou de Angela Carter. Quen di mesmo que as mi?as referencias ¨¢ hora de escribir te?an que ser primordialmente literarias? Se isto conleva excomuni¨®n, mans ¨¢ obra, pero advirto que hei opo?er resistencia.
Os escritores, repito, nunca temos a raz¨®n. A raz¨®n esixe distancia e equilibrio, e un artista dotado destas virtudes, un artista do que se valore a intelixencia, ou est¨¢ pouco valorado ou carece de valor. Sen esquecer que o so?o da raz¨®n produce academias, mecenas, Gai¨¢s.
Todo artista debe ter dereito a errar, nos dous sentidos do termo. O que invalida a un artista ¨¦ a acomodaci¨®n, a renuncia a ir m¨¢is al¨¢. As voces que, elaborando a s¨²a an¨¢lise a golpe de titular de prensa, reclaman suxecci¨®n a un programa, respecto a un sistema literario, o que reclaman sen sabelo ¨¦ recato. Reco?¨¦cenlle o dereito a errar a calquera artista de f¨®ra; non s¨® iso, aos artistas de f¨®ra pr¨¦mianlles a extravagancia e a indisciplina; o que implica que a n¨®s nos outorgan unha consideraci¨®n diferente. N¨®s, cando escribimos unha novela, temos a obriga de aternos a outras responsabilidades, temos que filiar o texto no rexistro civil, mesturar o noso sangue co do pote comunitario e relevarnos para manter aceso o facho da tribo.
Esa, non o discuto, ¨¦ unha opci¨®n, como reter aos fillos na casa cando medran, tutelalos, protexelos, e esperar que as¨ª no futuro nos queiran m¨¢is.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.