A outra mesa redonda
A c¨¦lebre sala de estar de Pi?eiro converteuse en todo un universo onde se xestou parte da historia recente de Galicia
Hai 100 anos, para James Joyce a cultura irlandesa era o espello roto dunha criada. Hai 50, o que quedaba da cultura galeguista en Galicia simboliz¨¢bao m¨¢is ou menos unha mesa de braseiro. ? a peza menos rechamante entre os obxectos e s¨ªmbolos da construcci¨®n cultural dunha naci¨®n que constit¨²en a exposici¨®n Galicia, a forza da palabra sobre o primeiro centenario da Real Academia Galega. Un moble que, a primeira vista, parece m¨¢is un soporte da mostra que un elemento integrante e que, sen embargo, constitu¨ªu un aut¨¦ntico aleph de ideas e de vontades durante as catro d¨¦cadas m¨¢is escuras da nosa historia recente. Pertenceu a Ram¨®n Pi?eiro, o fil¨®sofo da saudade, que sen embargo est¨¢ m¨¢is presente no imaxinario colectivo polo universo que xiraba arredor da famosa mesa camilla. Igual que a outra mesa m¨ªtica, a t¨¢boa redonda arredor da que se sentaban os cabaleiros do Rei Artur, a de Pi?eiro foi en certa forma a protagonista dun mito fundacional.
Segundo Casares, Pi?eiro manexaba a Xunta, o Parlamento e ao delegado do Goberno
N'A forza da palabra est¨¢ a rexa mesa en forma de arca, de Frei Mart¨ªn Sarmiento. O escritorio con caixonci?os que foi das escasas pertenzas que tivo Rosal¨ªa de Castro. A mesi?a de fidalgo pobre de Eduardo Pondal. O contraste entre a mesa enorme que ti?a un home pequeno, Vicente Risco, e a m¨ªnima que ti?a unha persoa de altura considerable como Castelao. Ou a de comedor da familia Dieste, desas que se ampl¨ªan se fai falta acoller xente. No medio delas, a mesa-braseiro de Pi?eiro, cuberta por un pano marr¨®n e un vidro, ¨¦ absolutamente vulgar, unha mesa como a que hab¨ªa no ¨²ltimo tercio do s¨¦culo XX en calquera casa burguesa con calefacci¨®n escasa.
Carlos Casares, un dos m¨¢is asiduos frecuentadores da mesa, aventuraba que debeu haber d¨²as, a¨ªnda que sempre estiveran no mesmo sitio. Onda a vent¨¢ da sala de estar de Xelm¨ªrez, 15, 4?, o piso que lle deixou Domingo Garc¨ªa Sabell cando Pi?eiro casou a comezos dos anos 50, pouco tempo despois de ter chegado a Santiago logo de sa¨ªr do c¨¢rcere en Madrid. "Primeiro estaba descuberta, logo ti?a un tapete de ganchillo enriba, e m¨¢is tarde xa ti?a as faldras de pano, que primeiro foi verde. ? ¨²ltimo pux¨¦ronlle o cristal. Ti?a enriba un moucho de bronce como pisapapeis e outro como cinceiro", recorda o escritor Salvador Garc¨ªa-Boda?o.
"A mesa reflicte o aspecto dom¨¦stico e acolledor de Pi?eiro, e por outro de intercambio, de ausencia de xerarqu¨ªa. Desde abaixo viamos se estaba, ou se estaba a luz prendida, e subiamos aquelas escaleiras que se estreitaban ¨® final", sinala Boda?o, que formaba parte da primeira xeraci¨®n de mozos galeguistas de finais dos anos 50. "Pi?eiro era unha loxia unipersoal, un mentor socr¨¢tico que no canto de pasear cos disc¨ªpulos, recib¨ªaos nunha mesa de espiritista onde se pod¨ªa un comunicar cos seres do pasado", define Manuel Rivas, membro da xeraci¨®n que subiu as escaleiras vinte anos despois. A primeira vez de Rivas foi para facerlle unha entrevista, e o xornalista e escritor recorda as gargalladas do entrevistado a d¨²as preguntas: "Unha foi que si se emborrachara algunha vez, e outra que si era da CIA".
En case catro d¨¦cadas non deixou de subir xente. "Os primeiros fomos levando a outros, e a cousa ¨ªase ramificando. Uns seguiron e outros non", sinala Garc¨ªa-Boda?o, que recorda que a escusa para tantas idas e vidas era que naquel sitio daban pasant¨ªas, a¨ªnda que nunha houbo problemas coa polic¨ªa . "Ter acceso a aquel ambiente era un privilexio, porque era unha vent¨¢ aberta a moita informaci¨®n. Pi?eiro sab¨ªa seleccionar ¨¢ xente segundo as necesidades do pa¨ªs, argallaba encontros cient¨ªficos, provocaba debates", segundo o xornalista Lu¨ªs ?lvarez Pousa, actual profesor da Facultade de Comunicaci¨®n de Santiago e director da revista Tempos Novos, que se fixo moi asiduo de Xelm¨ªrez, 15, 4? a mediados dos 70.
Hai quen, sen embargo non se reco?ece nese ambiente, a pesar de que durante moitos anos viviu no piso de abaixo. "Co?ec¨ªn a Pi?eiro ¨®s 13 anos, fun moi achegado a el, e na s¨²a casa coincid¨ªn con intelectuais e pol¨ªticos de moitas partes, pero eu non te?o nada que ver coa mesa camilla", asegura Xos¨¦ Manuel Beiras.
O rei Artur que non quixo reinar
A T¨¢boa Redonda ¨¦, desde as lendas iniciais, o s¨ªmbolo da procura do co?ecemento. Pola versi¨®n de Pi?eiro pasou en efecto a maior¨ªa dos que foron algu¨¦n na cultura galega de finais do s¨¦culo pasado, pero tam¨¦n arredor dela configurouse, para ben ou para mal e en parte m¨¢is grande que pequena, o que hoxe ¨¦ a realidade pol¨ªtica e institucional de Galicia.Tanto que Carlos Casares, un dos seus fieis, chegou a dicir que Pi?eiro manexaba ¨¢ vez o Parlamento, a Xunta e a Delegaci¨®n do Goberno nos tempos de Garc¨ªa-Sabell. Aquel fil¨®sofo miope de L¨¢ncara botoulle o pecho ¨¢ reconstrucci¨®n do Partido Galeguista, pero non deixou de facer pol¨ªtica.
"Sempre se deu a idea de que Pi?eiro adoutrinaba ¨¢ xente, pero m¨¢is ben exerc¨ªa unha autoridade moral", considera ?lvarez Pousa. "Ti?a unha especie de proselitismo envolvente, est¨¢bate metendo en algo sen saber en qu¨¦", matiza ironicamente Rivas. Independentemente do m¨¦todo, o caso ¨¦ que a s¨²a estratexia de galeguizar todo o arco parlamentario tivo ¨¦xito inicial. Ademais del propio, houbo deputados pi?eiristas no PSdeG e en AP. Para os seus cr¨ªticos, a cousa rematou como unha axencia de colocaci¨®n de persoeiros.
No outro mito fundacional, o reino de Camelot rexido polo Rei Artur afundiuse pola traiz¨®n inicial de Lancelot. Nos anos de vixencia da mesa camilla houbo moitos candidatos ¨® papel. Desde Beiras, que o desminte, ata Xos¨¦ Luis M¨¦ndez Ferr¨ªn, que chegou a matar literariamente o que Pi?eiro simbolizaba. "Diferencias ideol¨®xicas chegamos a ter todos, e os candidatos m¨¢is obvios ser¨ªan todos os que racharon coa s¨²a influenza, como a xente de Brais Pinto
[o grupo onde naceu a UPG], pero Pi?eiro gard¨¢balle afecto a todos. Sempre conservou no despacho unha foto de Ferr¨ªn", asegura Pousa. "Pi?eiro ti?a tantas cualidades que era inhumano", chegou a dicir Xes¨²s Alonso Montero, outro que rompeu con el para logo reconciliarse. "Se era un Rei Artur, non quer¨ªa reinar. Consider¨¢base soamente un custodio", pensa Manuel Rivas.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.