A nova vida de Paulino
A emigraci¨®n ¨¦ o grande acontecemento hist¨®rico que non aparece na Historia. Mais non falemos de historia e falemos de historias, nas que sempre hai un momento que corta en dous a vida, o momento da partida e a traves¨ªa para un mundo novo. Unha vida nova, a nova vida de Paulini?o. O fillo de Juana Posse e Pedro Iglesias Exp¨®sito.
Para Paulino, que ten nove anos, o seu irm¨¢n Manuel, de seis, e a s¨²a nai, ese momento que parte a vida en d¨²as, esa emigraci¨®n desde Ferrol cara a un mundo novo, foi a viaxe a Madrid. Unha experiencia dura dentro dunha vida dura. Cami?an tres semanas baixo o sol da fin do ver¨¢n de 1859, acompa?an a unha recua de arrieiros maragatos. Os arrieiros maragatos son a rede de comunicaci¨®n para persoas e mercador¨ªas entre Galiza e a meseta. Este ¨¦ a¨ªnda o mundo anterior ¨¢ chegada do ferrocarril, o aut¨®mata que chegar¨ªa moito m¨¢is tarde anunciando a nova vida industrial. O pequeno Manueli?o vai nunha carreta coas poucas pertenzas da familia arruinada e os vultos dos arrieiros. Juana e Paulino van andando. A Paulino esa experiencia apr¨¦ndelle varias lecci¨®ns: a lecci¨®n da miseria total, de estar na vida desamparado pasando da pobreza na que vivira at¨¦ ese momento ao despoxamento absoluto. Tam¨¦n aprender¨¢ que cando un non ten nada ¨¦ dono de todo o que sexa capaz de conseguir, non tendo nada todo ¨¦ pos¨ªbel; Paulino aprender¨¢ a so?ar con impos¨ªbeis. Aprender¨¢ tam¨¦n que hai un gozo na liberdade de non estar atado a ningures nin a nada. O rapaz sofre coa tremenda cami?ada mais tam¨¦n aprende a amar a vida errante polos cami?os dos arrieiros.
Emigrar apr¨¦ndelle a Paulino a lecci¨®n da miseria total, do despoxamento
Atr¨¢s, en Galicia, fica unha vida que se cerrou e ¨¢ que non quixera vover
Quere saber desas novas ideas que rompen o c¨¢rcere dos desamparados
Pablo Iglesias, o tip¨®grafo madrile?o, xa non ¨¦ Paulini?o, o rapaz de Esteiro
Atr¨¢s fica unha vida que se cerrou e ¨¢ que o Paulino tampouco quixera volver, xa ¨¦ pasado. Xa ¨¦ pasado o seu pai que v¨¦n de morrer deixando a familia na miseria. Pedro era empregado municipal ferrol¨¢n, o axudante do pregoeiro, unha presenza fugaz na vida deses dous nenos orfos. O propio Pedro orfo, un meni?o entregado ao hospicio dos Desamparados de Ourense, a cargar con eses dous apelidos que o marcan, Exp¨®sito e Iglesias. Juana ¨¦ unha santiaguesa pobre obrigada a ser forte, casou con Pedro en Ourense e logo foron buscar vida a Ferrol. Al¨ª naceron os fillos. E al¨ª foron escolados na escola municipal, Paulino dos seis aos nove anos. Al¨ª aprende a ler e a escribir e ser¨¢ na letra escrita e na oratoria onde acabar¨¢ realiz¨¢ndose a s¨²a vida. Mais iso ser¨ªa m¨¢is tarde, noutro lugar, noutra segunda vida.
O rapaz logo de atravesar as cen leguas de monta?a e meseta pensa en facerse criado e marchar cos arrieiros. A nai nin quere ouvir tal cousa, imaxina o que ser¨ªa a vida do rapaz tan desprotexida por eses cami?os. Van a Madrid ao p¨¦ dun t¨ªo de Juana que serve no pazo do Conde de Altamira, el poder¨¢ socorrelos. Os nobres galegos todos te?en pazo na Corte, al¨ª gastan o que de aqu¨ª levan, malo ser¨¢ que non haxa sitio para outra criada que chega da terra. En chegando a Madrid, os p¨¦s e o corpo desfeitos, ent¨¦ranse de que o t¨ªo que traballaba no pazo e que lles hab¨ªa valer morreu. Juana vese con dous filli?os nunha situaci¨®n desesperada, pide esmola na r¨²a e na porta dunha igrexa. Efectivamente, a vida de Paulino ¨¦ un conto ou un follet¨ªn, un follet¨ªn socialista.
Juana conseguir¨ªa achegarlle un mandado ao conde de Altamira e este deulle unha recomendaci¨®n para que puidese meter aos seus fillos, Paulino e Manueli?o, no Hospicio de San Fernando. Al¨ª Paulino adoece pola separaci¨®n da nai e carga coa responsabilidade do seu irm¨¢n. A literatura do s¨¦culo XIX inf¨®rmanos ben de que a vida dos orfos pod¨ªa ser moi triste. Enferma do est¨®mago, a s¨²a agon¨ªa interior ret¨®rcello e toda a s¨²a vida posterior, sempre en tensi¨®n, esixente, padecer¨¢ do est¨®mago. No hospicio comeza a s¨²a particular guerra por sobrevivir, loitar¨¢, aprender¨¢ al¨ª o oficio de tip¨®grafo, e ler¨¢ todo o que pille. Est¨¢ esfameado de corpo mais el estase a preparar para unha loita, leva dentro unha caldeira acendida e, co que aprendeu, coa palabra, vai comer o mundo. Foxe do hospicio aos doce anos e entra a traballar en imprentas, reb¨¦lase contra as condici¨®ns salariais, s¨²mase a unha folga. Paulino ¨¦ un moci?o que descobre a vida urbana, afebrada, e que ten unha misi¨®n, sabe ben o que quere, quere saber desas novas ideas que queren romper o c¨¢rcere que co?ece, a dos desamparados; aprende franc¨¦s e le os socialistas franceses. E niso o seu irm¨¢n Manuel morre. A s¨²a vida de desgrazas herdadas non o solta.
Aos vinte anos entra no Consello Federal de Madrid do Partido Socialista acabado de crear. ? por esas que Paulino Iglesias descobre que o seu nome legal ¨¦ Pablo, a s¨²a nai non sab¨ªa ler nin escribir e sempre pensou que o nome co que inscribiran ao neno no rexistro civil fora Paulino. Paulino pasa desde ent¨®n a ser Pablo Iglesias, o tip¨®grafo e axitador. Ser¨¢ o editor do xornal El Socialista e comezar¨¢ a escribir as centos de miles de palabras que foi emitindo durante anos, o serm¨®n dun profeta severo e austero. Disciplinado, rexo, obsesionado, entregado ¨¢ loita contra aquela vida m¨ªsera. Foi preso e foi deputado, viviu perigos, axitaci¨®ns, viaxou a Francia e recorreu toda Espa?a. Viviu como un pobre e en morrendo deixou un sobre con mil pesetas para o partido. A ¨²nica licencia na s¨²a vida de m¨¢rtir foi vivir no cari?o dunha muller que xa ti?a un fillo de seu, que porfillou. Casaron pouco antes de morrer el.
Pablo Iglesias, o tip¨®grafo madrile?o, xa non ¨¦ Paulini?o, o rapaz do bairro de Esteiro en Ferrol. Algunha vez lle te?en chamado "gallego" con desprezo porque non gasta o que ga?a, entr¨¦gao todo para o partido, o seu partido. O Partido ¨¦ a s¨²a empresa e tam¨¦n a s¨²a causa sagrada, ¨¦ a igrexa do socialismo redentor. Non ten xa vencello ning¨²n con aquela Galicia que deixou de neno, a¨ªnda que Baroja di que "quizais o seu sotaque ti?a un aquel antigo de galego". Temos un aquel antigo, seica. Nos seus percorridos cheos de traballos por toda Espa?a pasa catro veces polas cidades galegas para organizar aqu¨ª o partido, afronta a hostilidade dos anarquistas que tam¨¦n compiten pola alma dese ser moderno, o proletariado. O so?o de Pablo ¨¦ o dunha irmandade universal e el s¨®?ao agora desde o seu Madrid. ? o que ten a vida, un vaise e afaise. Iso ten a emigraci¨®n.
At¨¦ 1936 non haber¨¢ algu¨¦n que ouse so?ar ese mesmo so?o da irmandade universal dos oprimidos desde entre n¨®s. Iso f¨ªxoo Xo¨¢n Xes¨²s Gonz¨¢lez cando fundou por primeira vez en Santiago a Uni¨®n Socialista Galega. Por ese e outros so?os foi asesinado no cemiterio de Boisaca, esa ¨¦lles outra historia. Paulino tivo sorte e morreu antes, en 1925.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.