Memoria de Balbino
600.000 exemplares despois, o m¨ªtico libro de Xos¨¦ Neira Vilas fai medio s¨¦culo da s¨²a primeira edici¨®n - "Eu non imaxinaba o ¨¦xito", confesa o autor
Entre as tres e as catro da tarde dos d¨ªas labor¨¢beis do segundo semestre de 1960, nun caf¨¦ da r¨²a Cullen de Buenos Aires e ¨¢ sa¨ªda do seu traballo nunha empres importadora de madeira paraguaia, Xos¨¦ Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928) redactou Memorias dun neno labrego nun caderno riscado. "Eu non ambionaba nada, non proxectaba nada, s¨® quer¨ªa escribir unha historia para os emigrantes galegos e contra a literatura chocalleira da aldea, contra o chiste", lembra na s¨²a casa de Gres o escritor da, talvez, novela m¨¢is difundida das letras galegas.
600.000 exemplares vendidos, traduci¨®ns a 14 linguas inclu¨ªda unha recente ao esperanto e outra cubana en castel¨¢n cunha tiraxe de m¨¢is de cen mil unidades, 31 edici¨®ns en galego e oito en espa?ol, estudos universitarios, adaptaci¨®ns teatrais -unha en maia representada, hai 25 anos, en tres estados mexicanos-, dous documentais ou un filme de ficci¨®n, dirixido por Ignacio Vilar e a piques de rematar a rodaxe, conforman, a d¨ªa de hoxe, os fitos de Balbino. Pero na orixe, Neira Vilas unicamente quixo contar a historia dun rapaz campesi?o. "Eu mesmo fora un neno labrego, que estaba emigrado en Buenos Aires", di, antes de repetir que a carraxe tam¨¦n foi, para el, motor da escrita. A carraxe porque a aldea non era a paisaxe, o lugar do riso, que pintaba certa literatura. "Todo era mentira, o campesi?o feliz, eu quer¨ªa protestar contra iso", teima.
A obra traduciuse a 14 idiomas. En castel¨¢n leva nove edici¨®ns
"Eu estaba en Cuba e non fun moi consciente do ¨¦xito". explica o autor
Aquel manuscrito convertiuse no m¨¢is exitoso t¨ªtulo, con colof¨®n do 5 de xaneiro de 1961 pero en realidade f¨®ra do prelo en decembro do ano anterior, da editorial Follas Novas da capital arxentina. A casa fund¨¢rana o propio Neira Vilas coa s¨²a dona, Anisia Miranda, para editar os seus debuts literarios: Dende lonxe e Esto es Cuba, hermano. E antes de entrar en m¨¢quinas, o libro contou con lectores excepcionais. O camareiro Evencio, do bar onde o autor redactou as andainas de Balbino, escoitou por primeira vez a prosa, a¨ªnda que de boca do autor. Era ourens¨¢n, pero non afeito a ler en galego. Tam¨¦n Anisia Miranda deu o visto bo a unhas Memorias dun neno labrego que entusiasmaron a Rafael Dieste. "Gabou o l¨¦xico do libro e retrato da vida campesi?a e da psicolox¨ªa de Balbino, cousa que para min non fora moi dif¨ªcil, dado que eu fora un cativo labrego de 14 anos", recorda. Xusto despois, Seoane quixo editalo en Citania, un dos m¨²ltiples proxectos editoriais que inventou no seu longo exilio. "Pero d¨ªxenelle que non, quer¨ªa sacalo na nosa editorial", explica Neira Vilas.
De 2.000 copias desa primeira prensa arxentina do libro, 300 viaxaron a Galicia por encargo de Francisco Fern¨¢ndez del Riego. "Tivo moi boa acollida na prensa galega da emigraci¨®n, sobre todo, e ¨ªgualmente nos poucos peri¨®dicos de aqu¨ª que trataban do libro galego". A obra esgotouse e non foi at¨¦ 1968 que apareceu de novo, desta volta xa no pa¨ªs natal do autor. "Edici¨®s do Castro empezou con Memorias... a publicar literatura no mesmo ano do maio de Par¨ªs, da Nova Canci¨®n Galega. At¨¦ ese intre s¨® botaba monograf¨ªas art¨ªsticas", explica Neira Vilas. Agora esmorecida polo conflito que afastou a D¨ªaz Pardo de Sargadelos, Do Castro chegou a publicar 25 edici¨®ns da c¨¦lebre obra do de Gres.
"Suced¨ªanse as edici¨®ns, pero eu estaba en Cuba, mergullado na revoluci¨®n, e tampouco era moi consciente", conta, "de feito tardei catro anos en publicar o meu seguinte libro, Xente no rodicio". Coa implantaci¨®n do ensino en galego, o ¨¦xito das aventuras de Balbino, o rapaz de aldea, multiplicouse e xa nada volveu ser igual para Neira Vilas. "Libros como Querido Tom¨¢s, en que fago o exercicio de introducirme na psique dunha muller, ou Aqueles anos do Moncho, ou Remu¨ª?o de sombras, son obras moito m¨¢is elaboradas", matiza, "pero as Memorias... non sei se ser¨¢n orixinais ou innovadoras, pero aut¨¦nticas si que son".
Xos¨¦ Neira Vilas, de todos os xeitos, tampouco se presta a divagar sobre as raz¨®ns do best seller. "Iso corresponde ¨¢ sociolox¨ªa da literatura", engade. Por¨¦n, si lle prace intentar dexergar por que, a¨ªnda, os p¨ªcaros len a Balbino e g¨²stalles. "O recordo desa vida na aldea existe nos pais, ou m¨¢is ben nos av¨®s", teoriza. E cun aquel de nostalxia, concl¨²e: "Eu al¨¦grome moito do avance de Galicia, de que os nenos coman mellor, vistan mellor, vaian ¨¢ escola e haxa mellor educaci¨®n. Agora te?en bicicleta, e radio, e tel¨¦fono m¨®bil e mesmo un computador. Pero est¨¢ a¨ªnda por ver se son m¨¢is felices do que eramos n¨®s aos 14 anos. Est¨¢ por ver".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.