A comuna de Foxo e a f¨¢brica dos so?os
Estes d¨ªas f¨¢lase moito do golpe de Estado do 23-F. F¨¢lase moito para contar pouco, que ¨¦ o que adoita pasar coas cousas que te?en unha zona de sombra onde non hai xeito de po?er luz. Por aquela ¨¦poca, e dende mediados dos setenta, estaba a desenvolverse nun recanto de Galicia, no que poder¨ªamos chamar con esaxero o noso Extremo Oriente, a experiencia de comuna m¨¢is orixinal e radical de cantas se fixeron nese tempo convulso na pen¨ªnsula ib¨¦rica. A co?ecida como comuna do Foxo, que nos mellores tempos abrangueu varias aldeas en Negueira de Mu?iz, na bisbarra do Navia, que ficaran illadas despois da construci¨®n do encoro de Grandas de Salime.
Ducias de mozos e mozas, intentaron al¨ª un modo de vida alternativo, baseado no amor libre, na comunidade de bens, sen propiedade privada, e onde os fillos foron educados nunha escola libre, en contacto coa natureza.
A primeira comuna, a dos fundadores, durou at¨¦ 1982, que xa ¨¦ durar. A hero¨ªna foi unha peste
Nos anos noventa, rexurdiu con xente que vive da natureza, da gander¨ªa e da agricultura
Cham¨¢ronos hippies. Mais aqueles primeiros comuneiros do Foxo pouco ti?an de ver coa t¨®pica estampa eivisenca de saias, camisas floreadas e pamelas que en Espa?a se asociou coa est¨¦tica hippy. Para comezar, aquelas aldeas de Foxo, Vilar, Vilaux¨ªn, Cancio e Ernes, cercadas polas augas, semellaban estar tan perto do para¨ªso como do inferno. A natureza al¨ª ten d¨ªas. Hai d¨ªas m¨ªsticos e d¨ªas que levan toda a sombra da noite na boca, como o lobo do poema de Novoneyra. ? monta?a c¨¢eslle ben ou c¨®mete. Cando se constru¨ªu o encoro, que asolagou o val, a maior¨ªa dos veci?os foran "deslocalizados" na Terra Ch¨¢. Quen devolveu a vida foi aquela mocidade valente e comunal. Xente libertaria a maior¨ªa. Herdeira e pioneira de moitos so?os. O solidario, o igualitario. O vivir sen amos. O dun naturismo consecuente cando a¨ªnda case non se falaba de ecolox¨ªa. O manducar en compa?a ese pan do que falaba Don Quixote no marabilloso discurso sobre a liberdade: "?Venturoso aquel a quen o ceo deu un anaco de pan sen que te?a a obriga de agradecelo a algu¨¦n que non sexa o mesmo ceo!".
A experiencia da Comuna do Foxo durou anos, con altibaixos. Por suposto, non hab¨ªa ningunha comodidade. Nin luz el¨¦ctrica. Nin transporte motorizado. O encoro non respectara as pontes e hab¨ªa que achegarse en barca.
Entre os fundadores, hai historias lendarias. Como a presenza de Siro, un vello enlace do maquis entre Asturias e Galicia, a quen os futuros comuneiros co?eceron nun bar de Santiago. Foi el quen lles falou de hab¨ªa un para¨ªso deshabitado, entre augas e cuberto pola maleza. A primeira comuna, a dos fundadores, talvez a m¨¢is interesante, durou at¨¦ 1982, que xa ¨¦ durar. Contan que a chegada da hero¨ªna tivo o efecto dunha peste. O cabalo do ego estragou os v¨ªnculos solidarios. Os pioneiros superviventes refixeron a s¨²a vida. Alg¨²ns son hoxe catedr¨¢ticos ou profesionais liberais. O que nunca esquecer¨¢n son os anos en Foxo. Aquel espazo de liberdade rexurdiu, doutro xeito, nos anos noventa. Xente que vive da natureza, da gander¨ªa e da agricultura biol¨®xica. Algunhas cousas cambiaron, pero a mocidade que vai ao instituto ¨¢ Fonsagrada ten que andar todos os d¨ªas quil¨®metros para que os recolla un microb¨²s que logo a¨ªnda percorre m¨¢is dunha hora para chegar ao centro.
E hai nestes mozos e mozas un selo especial. O da liberdade. E unha conexi¨®n ¨ªntima coa natureza.
Quen mo conta, quen me relata con paix¨®n a historia de Foxo e das aldeas do Extremo Oriente, al¨ª onde Galicia e Asturias se xuntan en terra e lingua, ¨¦ Ignacio Vilar. V¨¦n de rodar como talvez nunca se fixo en Galicia. Na alta monta?a, no medio da neve e baixo as folerpas. V¨¦n, claro, marabillado. Semella que est¨¢ a piques de berrar o que o situacionista Guy Debord: "Non podemos dispensar ¨¢ vida de ser apaixonante!".
Despois de experiencia de Pradolongo, Ignacio Vilar, con gui¨®n propio e de Carlos Asorey, est¨¢ entregado ao seu propio so?o comuneiro. ? parte dos actores dos actores profesionais, alg¨²ns xa protagonistas en Pradolongo, como Rub¨¦n R¨ªos, vai contar coa colaboraci¨®n de medio cento de veci?os e a axuda imprescind¨ªbel de persoas que co?ecen o medio, como o garda da reserva natural dos Ancares. A pel¨ªcula que lle ocupa a cabeza ¨¦ tam¨¦n o seu maior so?o at¨¦ o de agora: a de filmar unha historia de amor naquel tempo de vida nova e paix¨®n que foi a Comuna de Foxo. Por iso, para documentarse, percorreu quil¨®metros e quil¨®metros ¨¢ procura dos fundadores. E entrevistou aos que abriron paso nas silveiras dos anos setenta.
Hai algunhas cousas singulares no proceso de rodaxe de Vilamor. Agora vense de rodar o tempo de outono/inverno. En xu?o e xullo filmaranse as secuencias da primavera/ver¨¢n. Ignacio Vilar, que comezou a traballar como montador en Barcelona, onde estudou na Central, adoita facer da rodaxe e da montaxe un proceso simult¨¢neo. E a banda sonora, obra de Zeltia Montes, a compositora da m¨²sica de Pradolongo, non se acompasa despois sen¨®n que xa marca o ritmo da pel¨ªcula, ao xeito en que traballan cineastas como Ang Lee.
En tempos de desafecto e ruindade, ¨¦ conmovedora esta enerx¨ªa coa que traballa Ignacio Vilar. A invenc¨ªbel esperanza coa que se move para sacar adiante un cinema en galego, para o que o ¨¦xito do filme catal¨¢n Pa negre ¨¦ un grande estimulo. Vilamor conta cun orzamento de mill¨®n e medio de euros e o apoio da Xunta, da TVG e da vicepresidencia da Deputaci¨®n de Lugo. Pradolongo editouse en versi¨®n orixinal con subt¨ªtulos en catal¨¢n, castel¨¢n, ¨¦uscaro, portugu¨¦s, ingl¨¦s e franc¨¦s. Tense visto xa nun lote de festivais internacionais. A idea ¨¦ estrear Vilamor no outono deste ano 2011.
Presta falar con Ignacio Vilar. Ao cabo, como ben dic¨ªa Cunqueiro, somos o que so?amos.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.