Quen dixo eu?
A humanidade necesitou s¨¦culos para chegar a producir discursos sobre o eu. O cami?o, ademais de ser lento, foi err¨¢tico. Por moito que confiemos na universalidade dos sentimentos, non hai termo de comparaci¨®n entre unha mensaxe de m¨®bil e aquilo que Cicer¨®n chamaba sermo intimus. As Confesi¨®ns de Santo Agosti?o, tal vez o primeiro exemplo de literatura do eu, son literalmente impens¨¢beis en formato blog. Se cadra s¨® Michel de Montaigne, capaz de asumir con naturalidade a s¨²a incerteza, ser¨ªa quen de sobrevivirlle a Facebook.
O impacto da literatura do eu nos ¨²ltimos anos resulta indisociable dos procesos que definen o estado actual do capitalismo. A soci¨®loga Eva Illouz ten analizado con perspicacia a imposici¨®n progresiva dun modelo social baseado na expresi¨®n dos sentimentos e no uso profisional das relaci¨®ns afectivas. Nunha caste de ditadura sentimental, a instrumentalizaci¨®n das emoci¨®ns favorece a emerxencia de produtos culturais tan diversos como as entrevistas de traballo, os reality shows, os libros de autoaxuda, as p¨¢xinas de contactos ou as redes sociais.
Os novos medios talvez cuestionen a teima estruturalista da morte do autor A voz en baixo continuo de 'Adi¨®s, Mar¨ªa' merece unha posici¨®n de honra
Neste oc¨¦ano da libre confesi¨®n, a medio cami?o entre o exhibicionismo sentimental e o chico busca chica, hai quen cre asistir a un novo paradigma literario. Na segunda metade do s¨¦culo XX, o intelectualmente avanzado era postular o desprestixio da noci¨®n de autor ou a insignificancia dos axentes fronte ¨¢s estruturas. Era o tempo no que Barthes probaba os rigores do m¨¦todo estrutural no devalar da moda parisina. O tempo no que Foucault remataba As palabras e as cousas dicindo que o ser humano non era m¨¢is que unha pegada na area dunha praia. Quen os ver¨ªa agora navegar entre mares de autocompracencia, armados coa luz precaria da s¨²a intelixencia, desprovistos dun m¨¦todo co que po?er a proba un mundo tan escuro coma o noso.
Ao cabo, ¨¦ comprensible que a posmodernidade escollese a v¨ªa tecnol¨®xica para esfarelar en milleiros de tuits o problema da representaci¨®n do eu. Poida que os novos medios estean contribu¨ªndo a cuestionar a vella teima estruturalista sobre a morte do autor. Baixo o imperio do eu, o ¨²nico que a escritura electr¨®nica consegue ditaminar ¨¦ a morte da obra.
Ultimamente a ¨²nica tentativa de dotar de profundidade a representaci¨®n do eu parece ser a literatura testemu?al, moi vinculada ¨¢ rememoraci¨®n de traumas hist¨®ricos como o terrorismo de Estado ou o Holocausto xudeu. Pero o problema da narrativa testemu?al ¨¦ que cando acerta como narrativa adoita fracasar como testemu?o. E viceversa.
Dende esta perspectiva, a escaseza dunha literatura do eu galega pode non resultar tan mala cousa. Mais neste incerto conxunto, hai obras merecentes dunha posici¨®n de honra. Entre elas, as cartas de Rosal¨ªa a Murgu¨ªa, destru¨ªdas ou mutiladas, e por iso un s¨ªmbolo precioso da s¨²a (e da nosa) resistencia. A voz en baixo continuo da protagonista de Adi¨®s, Mar¨ªa de Xohana Torres. As evocaci¨®ns d'O libro dos amigos de Otero Pedrayo, que demostran a importancia da amizade na formaci¨®n intelectual dos escritores. Ou, chegando ao presente, os dietarios de Baixeras, sen d¨²bida o exemplo m¨¢is acabado desta forma no campo cultural galego.
Pero as fronteiras do eu non son estables. Poder¨ªa algu¨¦n negar que en De Pondal a Novoneyra, ao tempo que debuxa un mapa da poes¨ªa galega contempor¨¢nea, M¨¦ndez Ferr¨ªn est¨¢ a falar de si mesmo? Nun brillante aforismo, Nietzsche escribiu que criamos en Deus porque a¨ªnda confiabamos na gram¨¢tica. Dende Oriente, outro deus predicou o car¨¢cter ilusorio do eu. Non fai falta ser deus para saber que a identidade ¨¦ unha construci¨®n de escaso valor emp¨ªrico e que moi a mi¨²do a primeira persoa ¨¦ un erro da gram¨¢tica. Desa intuici¨®n partiron sempre os escritores h¨¢biles. As¨ª o fixo o mellor autor galego do x¨¦nero que nos ocupa, cando nunha camisola estampou Eu nunca serei yo. Do que non se debe falar, mellor calar.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.