No Courel coa parte maldita
Reeditado 'Roxe de Sebes', o libro escrito polo fil¨®sofo Ignacio Castro durante o seu retiro de mil d¨ªas na monta?a luguesa
Fronte ¨¢ negatividade abstracta que triunfa, como se non se puidese cambiar nada, "abrir a ferida". Se o pensamento non se pode representar, coller os marcos da propia singularidade e intentar entender a vida dun "nos momentos xerminais, iso que ¨¦ case inef¨¢bel". Ultrapasada a Transici¨®n, a comezos dos 80, o fil¨®sofo Ignacio Castro (Santiago, 1959) ficou so, segundo escribe, "ao ver c¨®mo boa parte dos camaradas pod¨ªan cambiar a revoluci¨®n, que eu vivira dun xeito m¨ªstico, por un posto progresista no medio profesional e pol¨ªtico".
No idioma deleuzi¨¢n, o fil¨®sofo decidiu facer un movemento. Reconstru¨ªu un casoupo do lugar de Roxe de Sebes (parroquia de Sold¨®n da Seara, en Quiroga) ata "case facer un loft", con ba?o e todo, e illouse al¨ª entre novembro de 1983 e decembro de 1989. O "lugar sublime" que buscara percorrendo as serras do Estado atopouno na cabana do Cul¨¢n, paisaxe de Novoneyra -ao que co?eceu despois-, entre abelurias, xanz¨¢s, tollemerendas e outras flores da monta?a de uz e carqueixa, enterrada pola neve en inverno. Ao primeiro, os veci?os que o v¨ªan subir libros a p¨¦ ou en carro pensaron que aquel home traballaba para as pizarreiras que furan o monte. Castro viviu al¨ª en tempadas de dous a catro meses, baixando cada quince d¨ªas ao pobo para coller provisi¨®ns ou tomar un whisky.
"Serviume para aceptar o mundo en fame; a mortalidade, tal e como ¨¦"
"Hoxe non poder¨ªa facer nada parecido", conv¨¦n no pr¨®logo, "pero naqueles anos un sa¨ªa adiante al¨¢ arriba con toda a forza dunha violenta necesidade, a propia de quen ten todos os outros cami?os pechados". O libro, Roxe de Sebes, publicouno Noitarenga en 2001 grazas ¨¢ teimos¨ªa de Emilio Ara¨²xo. A Fundaci¨®n Lu¨ªs Seoane v¨¦n de reeditalo agora, no ronsel do ciclo Caba?as para pensar. Aquel proxecto quer¨ªa explicar a relaci¨®n de once creadores, de Wittgenstein a Virginia Woolf ou Dylan Thomas, cos seus espazos de creaci¨®n. No que lle toca a Castro, no Courel sandou "aquela necesidade patol¨®xica de reco?ecemento propia de quen non se reco?ece no mundo". Entreg¨¢ndose directamente ao propio, como Heidegger, pero crendo, a¨ªnda, na posibilidade hist¨®rica de comunidade.
O libro, dividido en catro partes, as d¨²as ¨²ltimas miniensaios (Mil d¨ªas e Clima e acci¨®n), empeza co diario autobiogr¨¢fico Caderno de intres, a xeito de mon¨®logo m¨ªstico, arrandeando entre o aforismo e a nota a rodap¨¦ -"bosques devoradores de tempo". Segue na secci¨®n Cartas dende a cabana, que funciona como "botellas que se botan ao mar". Sen resposta, dirixidas ¨¢ familia e, nun dos casos, a Domingo Garc¨ªa-Sabell. Como fil¨®sofo que libera a Marx dende Nietzsche e Deleuze, Castro a¨ªnda respecta ao reaccionario autor de Paseata arredor da morte.
Como tam¨¦n se relata no mito do retiro, a monta?a acabouno botando f¨®ra. "Penso que Roxe foi asumir que non hai revoluci¨®n que nos libre do mundo", resume, tam¨¦n a trav¨¦s da cita de Rilke que introduce o libro: 'Quen fala de victoria? Sobrepo?erse ¨¦ todo". A viaxe serviulle para aceptar "o mundo en fame". "A mortalidade, tal e como ¨¦". Ao pouco de volver a Santiago, antes de ir a Madrid, morreulle o pai, comprobou que non se pode vivir da escrita e opositou. Naqueles "votos de pobreza" cu?ou o plano informativo da s¨²a obra posterior. Tras Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia (M¨ªnimo Tr¨¢nsito, 2007), Ignacio Castro est¨¢ a piques de publicar en Melusina Sociedad y barbarie.
Do "deplor¨¢bel Otero"
De 1986 e 1993, sobre Valle-Incl¨¢n e Dieste, son d¨²as das principais anotaci¨®ns de tema galego inclu¨ªdas no Diario an¨®nimo -sen ¨ªndice onom¨¢stico- de Jos¨¦ ?ngel Valente (Ourense, 1929-Xenebra, 2000), rec¨¦n publicado en Gutenberg-C¨ªrculo.
Na segunda menciona unha lectura do autor d'A fiestra valdeira. Na primeira, cumpr¨ªndose o 50? aniversario da morte de Valle, separa a Castelao de Otero Pedrayo. "Ningunha das figuras que agromou f¨®ra foi tan leal ao esp¨ªrito do pa¨ªs", di Castelao sobre o arous¨¢n, ao que Valente engade o retruque do -escribe- "deplor¨¢bel don Ram¨®n Otero", para quen o mellor de Valle "¨¦ o que ten de galego ao seu pesar, pero ¨¦ home falso, malo, perverso".
Para Claudio Rodr¨ªguez-Fer, mantedor en Santiago da C¨¢tedra Valente de Poes¨ªa e Est¨¦tica, ¨¦ fact¨ªbel -e algo inxusto- considerar que Valente ser¨ªa industria cultural de nacer, por caso, en Catalu?a: "A maior autoestima e riqueza permiten m¨¢is altura de miras". Arrimar ao poeta do silencio -"realista", engad¨ªa el- ¨¢ cultura galega non ten a ver con desapegalo da s¨²a literatura, a espa?ola.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.