Est¨¢ da nosa man
Tempos avoltos para o nacionalismo galego. Momentos de incerteza, pero tam¨¦n de esperanza. A presente crise pode agoirar a s¨²a definitiva agon¨ªa, como pode anunciar un vigoroso reinicio. O galeguismo at¨®pase perante unha ocasi¨®n dif¨ªcil, improbable e se cadra a ¨²ltima, pero tam¨¦n real, para soerguerse e tornarse unha forza capaz de encanar o pa¨ªs cara ao futuro. Aproveitala ou desbaldila depende da habelencia e a altura de miras da s¨²a dirixencia e da s¨²a militancia. De m¨¢is ningu¨¦n. O dilema ¨¦: agora ou nunca.
?Un diagn¨®stico de urxencia. Sobre a ¨²ltima Asemblea do BNG direi soamente que non foi tan democr¨¢tica como alg¨²ns aseguran: f¨®rono as disputad¨ªsimas elecci¨®ns do candidato ¨¢ Xunta e do portavoz, non o foi o proceso de debate pol¨ªtico, no cal o asemblearismo volveu evidenciar as s¨²as limitaci¨®ns, manipuladas polo aparato para impedir unha discusi¨®n real no pleno. De feito, unha grave eiva do Bloque ¨¦ a s¨²a organizaci¨®n. O frontismo ser¨¢ unha f¨®rmula axeitada na visi¨®n do partido-gu¨ªa leninista, unha organizaci¨®n autoproclamada de vangarda que se arrodea de sat¨¦lites. Pero non ¨¦ compatible cun funcionamento autenticamente democr¨¢tico: se no nacionalismo conviven correntes pol¨ªticas claramente definidas, o l¨®xico ¨¦ que se organicen de xeito aut¨®nomo e a partir de a¨ª procuren xeitos de colaboraci¨®n, coma tal as coalici¨®ns, estables ou circunstanciais. Por parte, o asemblearismo facilita a participaci¨®n das bases no ¨¢mbito local cando as agrupaci¨®ns non son moi numerosas, pero resulta dubidosamente funcional nos ¨¢mbitos meirandes: afinal, ga?an a asemblea os/as activistas menos ocupados/as, que poden permitirse prolongar as xuntanzas ata imporse por desistimento da maior¨ªa.
Unha das maiores eivas do nacionalismo galego actual ¨¦ a s¨²a viciada cultura pol¨ªtica, cultivada de vello polo partido matriz, e que impregna fondamente unha boa parte da militancia. Xaora, unha parte deses vicios non son exclusivos: illamento crecente da sociedade, tendencia a instrumentalizar os colectivos sociais, consolidaci¨®n de castas dirixentes profesionalizadas, pechadas e cooptadas mediante selecci¨®n negativa etc¨¦tera. Pero outros son m¨¢is peculiares do BNG: control do aparato por parte do partido mellor organizado, menos escrupuloso e m¨¢is activo; tendencia ¨¢ subdivisi¨®n en familias cada vez m¨¢is diminutas e m¨¢is encristadas entre si; personalismo exacerbado dalg¨²ns dirixentes¡
En definitiva, o que se puxo de vulto na pasada Asemblea nacionalista foi a f¨¦rrea determinaci¨®n dun sector de controlar de xeito exclu¨ªnte a organizaci¨®n e impor sistematicamente tanto as s¨²as propostas coma os seus propostos, malia contar cunha exigua maior¨ªa. Isto abocou a unha crise irresoluble de convivencia entre as distintas correntes, que sacou ¨¢ tona a existencia de proxectos pol¨ªticos ben diferenciados, ademais dunha crecente incompatibilidade de estilos, de discursos, de persoas, de xeitos de dirixirse ¨¢ sociedade. O devandito puxo de vulto para unha parte importante da afiliaci¨®n que o BNG, na s¨²a formulaci¨®n ideol¨®xica, program¨¢tica e organizativa actual ¨¦ un instrumento pol¨ªtico inservible para transformar o pa¨ªs. C¨®mpre outra formulaci¨®n, un relato distinto, mudar as maneiras, novos referentes.
?Reiniciar o galeguismo. Para o sector que comparte a dita convicci¨®n, o m¨¢is coherente ¨¦ abandonar o BNG para de non seguir malbaratando enerx¨ªas en liortas esgotadoras para os contendentes e irrelevantes para Galicia, e investir esas enerx¨ªas en tentar crear un novo proxecto, capaz de conectar cos sectores da sociedade amplos (pero hoxe minguantes) que se senten galeguistas e que perciben a necesidade dunha forza que sexa quen de defender de xeito eficaz, non s¨® ret¨®rico, o pobo galego. Unha forza que non se limite a criticar coa debida contundencia a degradaci¨®n do noso autogoberno, a inoperancia da xesti¨®n, o desleixo dos nosos intereses e a carencia de proxecto de futuro dos actuais gobernantes. Que se demostre competente para avanzar soluci¨®ns concretas aos grav¨ªsimos problemas que nos atenazan, de espallar propostas atractivas, ideas ilusionantes; e sobre todo, unha forza destra en levalas ¨¢ pr¨¢ctica para conseguir melloras tanxibles.
O novo galeguismo ter¨¢ que facer m¨¢is pedagox¨ªa pol¨ªtica cara ¨¢ militancia e ¨¢ cidadan¨ªa, preocuparse m¨¢is por ofrecer an¨¢lises serias e render contas rigorosas do seu desempe?o e abandonarse menos ¨¢ pirotecnia verbal e aos consolos ideol¨®xicos. Aterse m¨¢is ¨¢ ¨¦tica das responsabilidades e obsesionarse menos coa est¨¦tica dos principios. Explicarlle ¨¢ xente non s¨® de onde v¨¦n, sen¨®n a onde quere ir e como quere chegar al¨ª. Po?er en valor o seu xurdio capital humano, inzado de xente preparada, comprometida e xenerosa, e adoito miserablemente desperdiciado.
Por¨¦n, para que a crise do BNG non se derrame nunha desbandada catastr¨®fica, c¨®mpre que os diversos sectores dispostos ¨¢ renovaci¨®n act¨²en de xeito conxuntado, en colaboraci¨®n m¨¢is ca en competici¨®n. Prec¨ªsanse novos liderados, pois os tradicionais, hipertrofiados ou indecisos, quedaron gastos. Non se trata de prescindir de ningu¨¦n (terrible tradici¨®n herdada do estalinismo: maltratar as persoas e desprezar a experiencia), mais ¨¦ tempo de desbotar os vedetismos e as reviradas, infindas, inextricables xenreiras persoais. Afortunadamente, foron e son as bases as que est¨¢n marcando a pauta, con nota especial para a mocidade estudantil e os cargos municipais. O in¨¦dito protagonismo desas bases activas e cada vez m¨¢is formadas ofrece un h¨¢lito de confianza.
?Afrontar os retos inmediatos. De primeiras, emerxer¨¢n varios xermolos partidarios, pero ser¨ªa un erro que se constitu¨ªsen como ¨¢mbitos pechados, ferramentas de loita cainita por ocupar espazos raqu¨ªticos. Hai que ollar de alto e ben ao lonxe. Domear o resentimento e evitar que o revanchismo, nin sequera con respecto ¨¢ UPG (que conta cunha militancia tan abnegada coma cegamente obstinada), dite as dif¨ªciles decisi¨®ns que se aveci?an. Haber¨¢ que conseguir un divorcio de mutuo acordo para que o nacionalismo non perda a cota de poder municipal que det¨¦n: vela¨ª a proba de lume da responsabilidade de todas as partes, a comezar pola direcci¨®n do BNG. As declaraci¨®ns de Guillerme V¨¢zquez fan temer o peor.
Temos que pasar a folla. Pensar en positivo. Ach¨¦gase unha batalla pol¨ªtica decisiva: as vindeiras elecci¨®ns auton¨®micas. Se cadra, o m¨¢is pr¨¢ctico ser¨ªa artellar unha plataforma electoral aberta, ampla e plural, do estilo daquela Unidade Galega que obtivo un resoante suceso nas elecci¨®ns municipais de 1979, conformada polo Partido Galeguista, o PSG e Esquerda Galega (daquela Partido Obreiro Galego). Se fose posible argallar tal plataforma e concentrar os esforzos na elaboraci¨®n dun programa electoral s¨®lido e dunhas candidaturas atractivas, para as que se escollan as persoas non pola s¨²a obediencia a algunha capela sen¨®n pola s¨²a solvencia e a s¨²a capacidade de interpelar o pa¨ªs, poder¨ªa producirse un poderoso efecto de arrastre, tipo Foro Asturias ou Amaiur. C¨®mpre unha fa¨ªsca que sexa quen de galvanizar as enerx¨ªas deste pobo, se ¨¦ que est¨¢n s¨® irtas e non irremediablemente mortas. Nada ser¨ªa m¨¢is alentador, nin m¨¢is temible para quen est¨¢ esganando o seu futuro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.