O surrealista rei do churro
O lalin¨¦s Juan Orol triunfou como director de serie Z en Am¨¦rica
A vida de Juan Orol ten elementos como para facer unha pel¨ªcula. Este fabulador nato creou un mito falso sobre o seu nacemento, que el situaba en Ferrol, cando en realidade naceu nunha aldea de Lal¨ªn co nome de Juan Rogelio Garc¨ªa. Sendo un neno marchou a Cuba e na s¨²a adolescencia marchou cara a M¨¦xico, o pa¨ªs no que montou a s¨²a vida. Ao longo da s¨²a mocidade exerceu de mec¨¢nico, boxeador, xogador de b¨¦isbol, actor de teatro, toureiro, co nome art¨ªstico de Juan Garc¨ªa Esparterito, e piloto de carreiras.
Nunha entrevista concedida a EL PA?S en 1980 comentaba por que deixou de pilotar coches. ¡°?anme contratar en Indian¨¢polis e falt¨¢ronme unhas d¨¦cimas para a marca de 118 millas por hora, as¨ª que iso me alporizou e non volv¨ªn correr¡±. Traballou como publicista de radio e de a¨ª deu o salto ao cine, montando a produtora Aspa Films coa axuda dos cartos de dous socios capitalistas. O seu debut como cineasta aconteceu coa cinta Sagrario, que colleitou un ¨¦xito inesperado e serviu para que o galego se afianzase na s¨¦tima arte. Daquela adoitaba mergullarse en argumentos moi melodram¨¢ticos.
Di Eduardo de la Vega Alfaro no seu libro biogr¨¢fico sobre o cineasta que para o seu terceiro filme, Madre Querida, repart¨ªa el mesmo panos de mans na entrada do cine para que os espectadores secasen as b¨¢goas, e se algu¨¦n o devolv¨ªa seco ti?a dereito ao reembolso da entrada. As s¨²as etapas cinematogr¨¢ficas adoitan dividirse en cinco per¨ªodos, que coinciden cos de cinco mulleres que exerceron como musas e coas que tivo relaci¨®n sentimental. Elas foron, na meirande parte das ocasi¨®ns, as int¨¦rpretes dos filmes. Encetou exercendo de inspiraci¨®n Consuelo Moreno, coa que principiou un estilo cualificado como cine de rumberas. ¡°Eu comecei co cine dram¨¢tico en M¨¦xico e fac¨ªa chorar ata aos homes. Logo, cando os outros comezaron con isto, eu fixen pel¨ªculas tropicais e tra¨ªa rapazas bonitas de Cuba. Como tiveron ¨¦xito, outros produtores pas¨¢ronse ao tema, e ent¨®n adiqueime a facer cine de gangsters¡±. Ese x¨¦nero comezouno cando ti?a de musa a Mar¨ªa Antonieta Pons e continuouno con Rosa Carmina.
C¨®mpre indicar que o cine elaborado polo director era eminentemente popular e todo estaba tinxido dunha atmosfera catalogada como camp, kitsch. As cuesti¨®ns t¨¦cnicas non preocupaban demasiado a quen ¨¦ reclamado por certos sectores como un trasunto de Ed Wood. Que logo dun tiroteo os cristais afectados queden intactos non era impedimento alg¨²n para seguir con normalidade a filmaci¨®n e erros como ese son abondosos na s¨²a filmograf¨ªa. De a¨ª que fora co?ecido co alcume de O rei do churro.
¡°Eu realicei en M¨¦xico o que Bogart realizou nos filmes de EE UU¡±
Orol interpretaba na pantalla aos gangsters tendo como referente ao cine negro norteamericano e algunha experiencia propia tam¨¦n debeu tirar da s¨²a vivencia como axente federal. Nesa profesi¨®n ti?a sona de ser moi valente. ¡°Sucedeu que un d¨ªa, comentaba a este xornal, xogaba en M¨¦xico o Argentina contra un equipo espa?ol de f¨²tbol e eu quer¨ªa ir, a¨ªnda que estaba de servizo. O meu superior d¨ªxome que se agarraba ao Manzanitas e ao Charrascas, dous bandidos que mataran a sete, pod¨ªa ir ao partido. Collinos eu s¨®, nun barrio onde non entraba ningu¨¦n. Para levarmos a xefatura baleirei un autobusito e leveinos ata al¨ª apuntados. Finalmente fun ao f¨²tbol e ameaz¨¢ronme con castigarme pola ousad¨ªa. As¨ª adquir¨ªn sona de valente e mand¨¢banme a todas as misi¨®ns perigosas¡±. No que atinxe ao seu labor como criminal no cine, salienta: ¡°Eu realicei nas pel¨ªculas mexicanas o que Bogart fixo no seu tempo nas norteamericanas¡±.
O seu filme n¨²mero 31 como director levouno en 1955 a Madrid para rodar Secretaria peligrosa, filme que nun comezo ¨ªa titularse Agente internacional. O galego foi contratado pola produtora Almasirio para realizar ese labor, mentres que para o papel principal ficharan ¨¢ s¨²a muller, a cubana Rosa Carmina. Daquela manifestaba ¨¢ revista Radiocinema, no n¨²mero 272 da publicaci¨®n, que estaba ledo. ¡°Por poder facer unha pel¨ªcula na mi?a patria¡±. O seu cine non era co?ecido en Espa?a, onde s¨® se estreara El coraz¨®n no miente, da que comentaba que era unha das s¨²as ¡°peores pel¨ªculas, e ademais realiz¨¢ronlle unha serie de cortes para a s¨²a exhibici¨®n que lle fixeron perder continuidade e harmon¨ªa¡±. Orol manifestaba que ser ¨¢ vez director, protagonista e produtor era un traballo esgotador, pero que lle creara un cr¨¦dito e prestixio en Hispanoam¨¦rica bastante apreciable.
Nas d¨²as ¨²ltimas etapas cinematogr¨¢ficas, onde contou como musas con Mary Esquivel e Dinorah Judith, volveu bastante ao x¨¦nero do melodrama. O seu cine ti?a un punto surrealista, que acadou o seu cumio ese d¨ªa que nun filme, necesitado daquela en M¨¦xico dunha duraci¨®n m¨ªnima determinada, sacou un cartel dicindo que repet¨ªa o n¨²mero musical que vi?an de contemplar a petici¨®n do p¨²blico, co que xa cumpr¨ªa a normativa vixente en canto ao metraxe. Existe un filme de ficci¨®n, titulado El fant¨¢stico mundo de Juan Orol, que recolle a peculiar traxectoria deste creador. Nunha entrevista publicada en Cuadernos de la Cineteca Nacional, o galego declara que fac¨ªa cine ¡°para ga?ar cartos, como calquera outro negocio. Pero ademais ti?a a satisfacci¨®n de amosar ¨¢ humanidade os seus propios defectos. Eu representaba ao crime para logo punilo. Nas mi?as pel¨ªculas sempre castigaba ao delincuente dun modo atroz: de tal xeito que o meu p¨²blico evitara cometer os erros das mi?as personaxes¡±.
Juan Orol faleceu na capital de Mexico o 26 de maio de 1988.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.