Eu tam¨¦n son ¡°negro de merda¡±
At¨¦ cando a federaci¨®n de f¨²tbol de Galicia vai permitir a vergo?a dos insultos racistas?
Que tal o matarratas?¡±. Herta M¨¹ller estaba a comer un anaco de kebabnunha r¨²a alem¨¢ e foi interpelada as¨ª, de xeito provocador, por un grupo de mozos. Ao primeiro, a escritora, premio Nobel de 2009, ficou abraiada. A que vi?a aquilo? Que estaban a dicir? Por que? Logo decatouse de todo. Os mozos neonazis burl¨¢banse dela pola comida, ao estilo kurdo, que ti?a nas mans. E foi cando ela respondeu ao figura rapado: ¡°O matarratas telo ti no cerebro¡±.
Lembreime desta historia lendo unha entrevista publicada nas p¨¢xinas de Deportes de La Voz de Galicia (30.3.2012). G¨²stame ler os xornais atrasados, os que van ficando nun recanto na morea, destilando o tempo, e de cando en vez botas man deles, ao chou, e en lecturas oblicuas encontras terras inc¨®gnitas, iso que Lezama Lima chamaba ¡°o reverso enigm¨¢tico¡±. Neste caso, unha conversa cun mozo xogador de f¨²tbol, Paolo Tabares Carvalho, titular do Dorneda, na categor¨ªa da Segunda Auton¨®mica. Iso que chamamos f¨²tbol modesto.
O primeiro que me fixo prender nesta p¨¢xina esquecida foi o titular: ¡°Estou farto de que cada fin de semana me chamen negro de merda¡±. A entrevista non ten perda. Un traballo magn¨ªfico que asina Ant¨®n Bruqueta. Quen ¨¦ Paolo Tabares Carvalho? Por que o alcuman cada partido? Paolo ¨¦ galego de berce. Naceu na Coru?a en 1989. Os seus pais proced¨ªan de Cabo Verde. As¨ª que tam¨¦n niso Paolo ¨¦ moi galego: de estirpe emigrante. O seu primeiro equipo foi o Orz¨¢n, un dos hist¨®ricos do f¨²tbol herculino. El ¨¦ un amador do f¨²tbol, brillante e lizgairo no xogo, gustar¨ªalle chegar a profesional, claro, mais agora g¨¢nase a vida como coci?eiro. Mais hai un detalle, polo visto, que o fai diferente no campo. A s¨²a cor de pel.
At¨¦ cando a federaci¨®n de f¨²tbol de Galicia vai permitir a vergo?a dos insultos racistas?
Cada domingo ins¨²ltano. Non s¨® a el. Tam¨¦n a outros, doutros equipos, que non son coma n¨®s. Atenci¨®n. Vai Carvalho coa bola. Canea o central. Tira a rentes do chan. Gol! E ent¨®n o rostro p¨¢lido bufa: ¡°Negro de merda!¡±. E de parte do p¨²blico chega a mesma irradiaci¨®n noxenta: ¡°Negro de merda!¡±.
Non ¨¦ unha excepci¨®n. Un mal d¨ªa. Un subconsciente que traizoa. Unha parvada que esvara furtiva, sen querer, pola boca. O que, dispensando, chamamos unha cagada: ¡°Cag¨¢chela, machi?o, e xa est¨¢!¡±. Non. ? unha agresi¨®n persoal, un disparo verbal, feito adrede, que se repite domingo tras domingo. Conta Carvalho: ¡°En calquera disputa cun rival, en calquera discusi¨®n, ¨¦ o primeiro que utilizan. ? o que che soltan de seguida na cara¡±. Moitas veces nin sequera media a disputa ou a loita polo control da bola no campo. Hai campos onde, antes de empezar, xa se oe remoer a engrenaxe do odio. ¡°As veces chegou a un lugar, e xa digo: Uf! A que me espera!¡±. E vela¨ª, sen mais, o retrouso racista: ¡°Negro de merda!¡±.
Doe: ¡°Non saben o dano que fan¡±. Se cadra alg¨²ns dos que alcuman, e dos que non alcuman, pensan que non ¨¦ tanta a cousa. Mesmo dir¨¢n: ¡°Cousas do f¨²tbol!¡±. Mais, que ten de ver o f¨²tbol, o xogo da bola, co insulto racista? Ao primeiro, en non poucos pa¨ªses, non deixaban xogar en competici¨®ns ¨¢ xente de cor. Tam¨¦n no f¨²tbol hab¨ªa apartheid. Mais un d¨ªa sa¨ªu ao campo, en Brasil, a Marabilha Negra, as¨ª o chamaban. E todo cambiou. Foi unha viradoira para os r¨ªxidos esquemas de xogo. Deulle a volta ao f¨²tbol.
Haber¨¢ quen pense que o insulto racista ¨¦ unha responsabilidade exclusiva de quen insulta. Esa lada¨ª?a de que o campo de f¨²tbol ¨¦ un espazo de desafogo, un dep¨®sito onde hai xente que vai aturuxar e outra a trousar o lixo mental que acumulou durante a semana. Oculto na masa, o bocal¨¢n bota f¨®ra o monstro que leva dentro: mata o ¨¢rbitro, vila a nai e insulta a un xogador non por como xoga sen¨®n pola cor da pel.
Mais non. Non ¨¦ s¨® un problema do elemento que insulta. O racismo ¨¦ unha peste que se espalla se non se afronta. Non hai desculpa por ¡°motivos sociais¡±. Hai racistas pobres e ricos, empresarios e catedr¨¢ticos. Mesmo ani?a na cultura. Walter Benjamin dic¨ªa que detr¨¢s dun documento de civilizaci¨®n adoita agocharse outro de barbarie. Non hai moito l¨ªa a un escritor que se refer¨ªa ao presidente de Venezuela como O Mono. Non unha vez, sen¨®n con doente teimos¨ªa. E reparen nas cousas que por mor de nacionalizar unha empresa petroleira se escribiron e dixeron da presidenta de Arxentina, Cristina Fern¨¢ndez, por certo neta de galego e asturiana.
Castelao ¨¦ un referente para moitos eidos. Pero a min un dos castelaos que m¨¢is me interesa e conmove ¨¦ o Castelao internacionalista que se revolta contra o racismo. O Castelao xudeu. O Castelao negro. Cando era un exiliado en Nova York, case cego e baixo vix¨ªa do pan¨®ptico e paranoico Edgar Hoover, fixo o seu albume de debuxos de negros de Harlem. Castelao sab¨ªa de que lado ti?a o coraz¨®n, pero ¨¦ que ademais debuxaba como Deus. A federaci¨®n de sociedades de loita contra o racismo en Am¨¦rica nomeouno membro de honra por esta obra. Para min, o m¨¢is valioso reco?ecemento outorgado nunca a un artista galego.
Son m¨¢is xogadores, xunto con Paolo, que sofren a peste do racismo nos nosos campos. ? obriga dos ¨¢rbitros o sancionar e reflectir estes insultos nas s¨²as actas. Tam¨¦n dos directivos dos equipos o identificar os que act¨²an como racistas. Un insulto racista ¨¦ unha agresi¨®n persoal, mais tam¨¦n pon a proba a comunidade onde se produce. At¨¦ cando a federaci¨®n de f¨²tbol de Galicia vai permitir esta vergo?a? A maior¨ªa dos xogadores e dos amadores do f¨²tbol deben acalar por dignidade propia os bocapodres que te?en esa merda racista na cabeza. Se non, cando nos decatemos, a merda ser¨¢ unha marea.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.