Un terror m¨¢is al¨¢ do terror
¡®Vidas na memoria¡¯ mostra que o que pasou aqu¨ª non foi unha guerra sen¨®n un xenocidio
Non hai micr¨®fonos, non hai medios de comunicaci¨®n, mesmo a luz semella escasa, como unha c¨¢mara escura aberta a pulso, baixo o repique da chuvia. Por¨¦n, a pequena sala coru?esa da asociaci¨®n Alexandre B¨®veda, con paredes forradas de libros, ¨¦ este ser¨¢n de m¨¦rcores, d¨ªa 5 de xu?o, un lugar onde pousa a esfera. Se o pensamos ben, un intre extraordinario na historia da cidade. ?ese a voz da xustiza universal. Unha muller que di: ¡°Mataron o meu pai por ser un home xusto; s¨²mome a esa querela¡±. E outra muller, unha avogada di: ¡°Se non fixeramos nada, se deix¨¢ramos impunes estes crimes contra a humanidade, que ser¨ªa da nosa profesi¨®n?¡±.
Ana Messuti, a avogada e doutora docente de Dereito Penal en Salamanca, forma parte da equipa legal que presentou a co?ecida como Querela arxentina/Xenocidio franquista, en nome de v¨ªtimas e asociaci¨®ns dos dereitos humanos. Fix¨¦rono ante unha xu¨ªz federal, Mar¨ªa Servini de Cubr¨ªa, que no mes de setembro estar¨¢ en Espa?a para o¨ªr testemu?as, co?ecer foxas e lugares de exhumaci¨®n, os espazos que foron campos de concentraci¨®n... Facer, en fin, o que ning¨²n xu¨ªz espa?ol fixo. Garz¨®n foi a ¨²nica excepci¨®n a esta vacanza morale, que dir¨ªa Primo Levi. E por iso a s¨²a expulsi¨®n da xudicatura foi o ¨²ltimo triunfo da ditadura. Mais a verdadeira xustiza, o partido da humanidade, ten a resistencia da grama das dunas. O n¨²mero de querelantes e denunciantes est¨¢ a multiplicarse en Espa?a e Am¨¦rica, nos pa¨ªses que acolleron que o exilio. E o primeiro alicerce, e querelante, foi un galego bonaerense, Dar¨ªo Rivas, fillo do asasinado alcalde de Castro de Rei.
Si, somos ida e volta.
Tantas veces viaxeiros obrigados pola inxustiza, aogra en setembro chegar¨¢ A viaxe da xustiza. A misi¨®n de Mar¨ªa Sirvini non ¨¦ a dun tribunal local. Como ben explicou Ana Messuti, un tribunal que xulga crimes contra a humanidade ¨¦ de seu un tribunal internacional, pois act¨²a en base ¨¢ xurisdici¨®n internacional e a tratados sobre os dereitos humanos que o Estado espa?ol asinou.
T¨¦?ense dito moitas cousas sobre a memoria, mais Ana Messuti utilizou unha suxestiva precisi¨®n psicoxur¨ªdica: ¡°O que a memoria pide ao Dereito e que dea nomes. Nomes de v¨ªtimas. Nomes de verdugos¡±.
Pasou tanto tempo. Para perder toda esperanza. A¨ªnda miles e miles de desaparecidos subterrados e fillos roubados. Pasou tanto. Non ¨¦ milagroso que a¨ªnda fiquen farangullas de esperanza?
? noite. Chove para ler. A choiva ¨¦ boa para pensar. Para lembrar.
E dixo Himmler, o xerarca nazi, verbo da ¡°soluci¨®n final¡± aquilo de que ser¨ªa ¡°unha p¨¢xina gloriosa da nosa historia que nunca foi escrita e endexamais o ser¨¢¡±.
E o que dic¨ªa estaba en parte inspirado na experiencia co terror fascista en Espa?a. Nos subterrados e desaparecidos. Nos miles de foxas de ¡°retagarda¡± que compu?an unha cartograf¨ªa de cemiterios invis¨ªbeis. Os do exterminio e o subterro. Porque as v¨ªtimas non eran enterradas como persoas, sen¨®n subterradas como subpersoas nas gabias e descampados.
? de noite, esta noite, e estou a ver os subterrados. A compa?a dos desvelados. Din que os libros pouco poden facer xa por mudar as cousas e as mentalidades, mais o que eu experimento ¨¦ que estes dous (Desvelados, de Clemente Bernad de Alkibla editorial; e A represi¨®n franquista na comarca da Coru?a: Vidas na memoria, en Edici¨®ns Laiovento) t¨¦?enme esperto a deshora, en vilo. Murmuran. Non son electr¨®nicos, mais estarrecen. Te?en corrente. Vibran como din que fac¨ªa o arco de Ulises, que imitaba a c¨ªtara, que chiaba como andori?a.
Nunca ser¨ªa escrita esa historia. Nunca ser¨ªa ollada esa ¡°p¨¢xina gloriosa¡±. Iso pensaban. E as¨ª foi durante d¨¦cadas. Mesmo nos anos da transici¨®n.
A memoria sucumbir¨ªa baixo as sucesivas capas de medo e esquecemento.
Heinrich Himmler, o xefe das SS, estivo en outubro de 1940 en Madrid, onde foi recibido triunfalmente. Na estaci¨®n, nenos con indumentaria nazi entreg¨¢ronlle ramos de flores. Abrazado polo colega Serrano Su?er, foi logo entrevistarse co caudillo Franco. Admir¨¢banse un e outro: eran fr¨ªos, resolutivos e caladi?os. Entre outras cousas, acordaron a liberdade de movementos da Gestapo en Espa?a, a entrega ao verdugos franquistas de dirixentes republicanos detidos en Francia, e o internamento en campos de traballo, como ap¨¢tridas, doutros miles de refuxiados espa?ois, que acabar¨ªan sendo aniquilados.
Eran para eles tempos gloriosos.
A historia do terror que foi al¨¦n do terror non ser¨ªa escrita. Non ser¨ªa ollada.
Debaixo dun dos gravados da serie dos Desastres da guerra, Francisco de Goya puxo por t¨ªtulo ¡°Espa?ol: non se pode mirar¡±. Estoutra guerra, a do 36, conti?a as guerras do pasado e do futuro. Foi, por exemplo, unha guerra moi fotografada. Apareceron c¨¢maras lixeiras e pel¨ªculas de gran sensibilidade. E grandes fot¨®grafos, como Centelles, os irm¨¢ns Mayo, Gerda Taro ou Robert Capa. Mais, por outra parte, na retagarda, na escuridade, no segredo, foi un dos terrores m¨¢is ocultos da historia. ? moi punzante esta reflexi¨®n que fai Clemente Bernad en Desvelados. V¨¦n dicir, con toda a raz¨®n, que fotografar os ¨®sos e restos das foxas ¨¦ como fotografar, arroxar luz, a aquel terror para que non houbo fot¨®grafos.
Fot¨®grafos houbo, si, asasinados. Na Coru?a, varios deles. A Coru?a foi decimada, nun intento de eliminar para sempre a cidade republicana. Dende o alcalde ao torreiro do faro de H¨¦rcules. Xenerais, gobernador, carpinteiros, concelleiros, mari?eiros, bibliotecarias, mestras, xogadores de f¨²tbol, empaquetadoras de peixe, costureiras, albaneis, oficiais de Correos, enxe?eiros, artistas, barbeiros, panadeiros, os xitanos cesteiros, tip¨®grafos... Familias enteiras levadas por diante, ¨¢s veces de tres xeraci¨®ns. Os Dold¨¢n, os Brandariz, os Boedo, os Montes... Vidas na memoria, cos seus apuntes biogr¨¢ficos e as fotos felices dos desvelados cando estaban vivos, o que mostra con total esclarecemento ¨¦ que o que aqu¨ª pasou, na Coru?a e en Galicia, non foi unha guerra sen¨®n un xenocidio.
Non poucos destes republicanos galegos morreron en campos de exterminio nazi. Vemos como os pol¨ªticos, e mesmo os deportistas, van render tributo ¨¢s v¨ªtimas do holocausto en Alema?a. Aqu¨ª hai quen di que non hai que remexer no pasado, que hai que mirar para diante e esquecer a historia. E logo van e b¨®tanlle un discurso estupefaciente ¨¢ Virxe do Rosario, mi?a santi?a, ela que non ten culpa de nada.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.