O vaiv¨¦n das xeraci¨®ns
A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, est¨¢ atravesada por li?as de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar.
A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, est¨¢ atravesada por li?as de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar. Cada xeraci¨®n reescribe o pasado en funci¨®n da s¨²a propia experiencia, das s¨²as necesidades presentes e do futuro que imaxina, salientando ou apagando determinados feitos, traendo ¨¢ luz ou revalorizando personaxes previamente ignorados, tecendo novas interpretaci¨®ns. Por parte, ¨¦ unha lei hist¨®rica inexorable que cada xeraci¨®n elabora a s¨²a versi¨®n do pasado en contraste, cando non en aberta pol¨¦mica, coa xeraci¨®n precedente.
Comecei a apercibirme disto cando me puxen a esgaravellar na fase formativa da que a posteridade co?ecer¨ªa como 'Xeraci¨®n N¨®s'. Os que m¨¢is tarde ser¨ªan os seus persoeiros comezaban a afirmarse a partir de 1916 lanzando cr¨ªticas aos "nobres precusores". Nos inicios da d¨¦cada dos '20, un dos albos preferidos das s¨²as diatribas era a Real Academia Galega, por dedicarse, segundo eles, "ao estudo das cousas vellas da nosa Terra coma ¨¢s dun pa¨ªs finado. Se fan un diccionario danlle xeito de pante¨®n da nosa lingua. Se fan un bolet¨ªn conv¨¦rteno en eco morto de cousas pret¨¦ritas. Soamente miran para atr¨¢s" (Ant¨®n Vilar Ponte). Seguindo unha pauta t¨ªpica, ao longo dos anos seguintes, as principais figuras desa xeraci¨®n pasar¨ªan a formar parte da mesma Academia que acedamente (e con raz¨®n) censuraban.
As xeraci¨®ns Galaxia e 'N¨®s. Tendo en conta o devandito, non hai nada de estra?o en que a xeraci¨®n que sa¨ªu ¨¢ palestra entre os finais dos anos cincuenta e os comezos do setenta do pasado s¨¦culo (a 'Xeraci¨®n dos sesenta') se mostrase cr¨ªtica en relaci¨®n coa precedente -a que un dos seus representantes m¨¢is significativos, Francisco Fern¨¢ndez del Riego, denominou 'Xeraci¨®n Galaxia'. Figuraban nesta unha serie de intelectuais nados entre os comezos do s¨¦culo e 1915, desde Ferm¨ªn Penzol (1901) ou ?nxel Fole (1903) a Ram¨®n Pi?eiro, Xaime Isla ou Xos¨¦ M. ?lvarez Blazquez (1915), pasando por Garc¨ªa-Sabell (1908), Carballo Calero (1910), ou o propio del Riego (1913) e inclu¨ªndo, entre outros, a Cunqueiro (1911) e Celso Emilio Ferreiro (1912), con traxectorias peculiares. Xentes estas marcadas polo maxisterio da Xeraci¨®n N¨®s, polo pulo da cultura galega no per¨ªodo de entreguerras e pola experiencia democr¨¢tica do Partido Galeguista e da Segunda Rep¨²blica.
A¨ªnda que entre a xeraci¨®n Galaxia e 'N¨®s' se poden sinalar algunhas rupturas, no fondo predomina m¨¢is ben a continuidade. Tanto nun aspecto coma noutro foi determinante o franquismo: se a ditadura impuxo unha mudanza na orientaci¨®n das tarefas p¨²blicas e especificamente pol¨ªticas dunha e outra xeraci¨®n, o que foi unha fonte de tensi¨®ns interxeracionais (como testemu?an os puntuais desencontros con Castelao), o trauma da guerra e a represi¨®n tam¨¦n frearon posibles veleidades rupturistas (vela¨ª o papel patriarcal reco?ecido a Otero Pedrayo).
A fenda xeracional no franquismo. A que antes denominei 'Xeraci¨®n dos sesenta' estar¨ªa formada por intelectuais nados entre 1930 e 1945, desde Alonso Montero (1928) a Francisco Rodr¨ªguez (1945), pasando entre outros por Manuel Mar¨ªa (1929) e Novoneyra (1930), Camilo Nogueira e Beiras (1936), M¨¦ndez Ferr¨ªn (1938) ou Mar¨ªa Xos¨¦ Queiz¨¢n (1939); e inclu¨ªndo at¨ªpicos como Franco Grande (1936) ou Carlos Casares (1942). Os intelectuais desta xeraci¨®n tiveron a desgraza de formarse nos anos m¨¢is duros da ditadura franquista. Tam¨¦n foron os introdutores do marxismo tanto na cultura galega canto na pol¨ªtica galeguista, e entre eles figuran os fundadores do nacionalismo de esquerdas -unha novidade hist¨®rica, se temos en conta que o galeguismo m¨¢is progresista da preguerra fora estritamente republicano.
Por¨¦n, entre esta ¨²ltima e a xeraci¨®n Galaxia a creba foi moi profunda, o cal contribu¨ªu a magnificar o grav¨ªsimo hiato e conseguinte retroceso que supuxo o franquismo no desenvolvemento da nosa cultura. Ao noso entender, a desorientaci¨®n actual ten moito que ver coa discontinuidade hist¨®rica con respecto ¨¢ tradici¨®n de preguerra. Fallou o proceso de acumulaci¨®n de saber e experiencia colectivos. A xeraci¨®n seguinte (a 'Xeraci¨®n da transici¨®n'), que se criou no tardofranquismo e se desenvolveu na democracia est¨¢ tomando agora o relevo, a¨ªnda que nalg¨²ns casos tardiamente. A esta toca suturar aquela fenda, constru¨ªr sobre novas bases e, superando inercias, redese?ar os roteiros. A s¨²a capacidade para facelo est¨¢ a proba. ? a historia que chama.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.