Animando a Saramago
O Nobel am¨®sase encantado coa versi¨®n de debuxos animados do seu ¨²nico conto infantil que prepara o multipremiado cineasta galego Juan Pablo Etcheverry
"Encantoume o que vin e te?o unha enorme curiosidade por ver o que falta". As¨ª de entusiasta se mostra o Nobel Jos¨¦ Saramago coa adaptaci¨®n do seu libro para nenos A flor m¨¢is grande do mundo, unha curtametraxe de animaci¨®n en plastilina na que est¨¢ a traballar o director santiagu¨¦s Juan Pablo Etcheverry. Producida pola divisi¨®n de animaci¨®n da productora galega Continental, esta curta ¨¦ case unha superproduci¨®n neste x¨¦nero, xa que tam¨¦n levar¨¢ a m¨²sica orixinal de Emilio Arag¨®n.
A flor m¨¢is grande do mundo ¨¦ o ¨²nico texto para nenos que escribiu Saramago, e foi publicado a principios dos anos setenta. O argumento trata de algu¨¦n que quere contar unha historia, pero non sabe c¨®mo contala. Durante anos, o libro pasou absolutamente desapercibido, ata o punto de que o propio Saramago confesa que, cando o seu editor o chamou para reeditalo e traducilo a varios idiomas, "nin me lembraba de que escribira un libro para nenos".
A curtametraxe levar¨¢ a m¨²sica orixinal composta por Emilio Arag¨®n
"Nin me lembraba de que escribira un libro para nenos", reno?ece o autor portugu¨¦s
O texto chamou a atenci¨®n de Chelo Loureiro, productora executiva de Continental Animaci¨®n, que lle fixo ¨® escritor a proposta de adaptalo a unha curtametraxe animada. "Sempre son un pouco esc¨¦ptico de entrada", confesa Jos¨¦ Saramago, "pero neste caso conversei co director e vin que era un rapaz con boas ideas. Daquela dixen inmediatamente que si".
Ese "rapaz con boas ideas" do que fala Saramago ¨¦ Juan Pablo Etcheverry, un santiagu¨¦s de 32 anos, formado nas Belas Artes e considerado un dos grandes talentos da animaci¨®n espa?ola. Etcheverry dirixiu previamente Minotauromaquia, unha curtametraxe galega que foi candidata ¨®s premios Goya e ¨®s premios de Cine Europeo.
Esta curta de animaci¨®n sobre o universo de Pablo Picasso acadou case medio cento de premios, e foi seleccionada en 200 festivais de pa¨ªses como o Reino Unido, Xap¨®n, Francia, Canad¨¢ ou Estados Unidos, onde chegou ser proxectada no Moma de Nova York. Anteriormente, Etcheverry dirixiu De tripas e coraz¨®n, outra magn¨ªfica curta de animaci¨®n en plastilina, que mandou a un concurso de fans do grupo brit¨¢nico Radiohead, e acabou sendo seleccionada nun DVD recompilatorio apadri?ado polo propio grupo.
Desde o seu estudio de Ferrol, sempre coa plastilina entre as mans, Etcheverry reco?ece que, despois do ¨¦xito acadado con Minotauromaquia, adaptar este texto "¨¦ un gran reto para min, porque ¨¦ a primeira vez que me meto a facer unha historia doutra persoa, e adem¨¢is de algu¨¦n como Saramago". O director non agocha que de inicio tivo moitas d¨²bidas. "Non sab¨ªa se o quer¨ªa facer ou non, porque a historia non ¨¦ doada", explica. "Eu fago animaci¨®n para adultos e partimos dunha historia que parece para nenos, pero que non ¨¦ s¨® para nenos, sen¨®n que est¨¢ nun cami?o intermedio". Esas d¨²bidas iniciais semella que se esvaeron porque Etcheverry m¨®strase "moi contento coa adaptaci¨®n e cos resultados que estamos a ter".
Antes do ver¨¢n, Etcheverry tivo ocasi¨®n de verse con Saramago e con Emilio Arag¨®n. "Mostreilles unha anim¨¢tica [primeiro esbozo animado], e gustoulles. Foi cando estivemos gravando a m¨²sica e a voz de Saramago, que tam¨¦n aparece como narrador e como personaxe, xa que el forma parte do conto". A productora Chelo Loureiro explica que Emilio Arag¨®n tam¨¦n mostrou moi boa disposici¨®n, porque "el xa compuxera unha m¨²sica para este conto, e ata chegou gravala coa narraci¨®n de Alejandro Sanz". No pasado Festival de San Sebasti¨¢n, Loureiro mostroulle a Saramago un fragmento m¨¢is avanzado da curta e o Nobel quedou sorprendido. "Observei que a atm¨®sfera do conto est¨¢ perfectamente plasmada desde as primeiras imaxes, e f¨ªxome graza velo personaxe do neno coas s¨²as perni?as fracuchas", afirma un Saramago ¨® que se lle ve encantado co proxecto. Preguntado sobre se, como autor, trata de influir sobre o traballo, o autor de Ensaio sobre a cegueira afirma rotundo: "Non te?o por que estar a darlles opini¨®s, e deixeilles facer o seu traballo. Ademais g¨²stame ese esp¨ªrito un tanto misioneiro da xente que traballa nestas cousas, sen apenas compensaci¨®n material". A flor m¨¢is grande do mundo, ¨¦ un dos varios proxectos de animaci¨®n que afronta a productora Continental, que acaba de presentar
De Profundis, de Miguelanxo Prado. Segundo explica Chelo Loureiro, "a idea ¨¦ facer productos de calidade, apostando polo traballo de autor". Se a experiencia sae ben, o seguinte proxecto ser¨¢ facer unha serie de curtametraxes adaptando contos de grandes escritores.
Mentres remata a s¨²a versi¨®n animada de Saramago, Juan Pablo Etcheverry segue traballando duramente, co ritmo teimudo da animaci¨®n. Para facerse unha idea, un minuto de animaci¨®n pode levar ata un mes de traballo, e est¨¢ previsto que A flor m¨¢is grande do mundo dure dez minutos. Como ben sentencia con lucidez o escritor portugu¨¦s: "As persoas que traballan nestas cousas son case herois, por iso espero que o traballo saia ben e te?a ¨¦xito".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.