A emerxencia do idioma galego
Afonso X xogou un papel decisivo na 'oficializaci¨®n' da lingua administrativa
Cando escoitamos falar do idioma galego na Idade Media, inmediatamente o asociamos ¨¢ l¨ªrica trobadoresca, coa s¨²a rica imaxinar¨ªa de trobadores, xograres e bailadeiras, de cortes po¨¦ticas e lances de amor e burlas. Nese ret¨¢bulo, Afonso o Sabio ten reservado, a xusto t¨ªtulo, un lugar central, como poeta el mesmo e como mecenas dunha escintilante corte literaria. Menos co?ecido ¨¦ o papel que este monarca xogou na oficializaci¨®n do galego, entendendo por isto o seu establecemento como idioma habitual dos documentos xur¨ªdicos e administrativos. Sobre isto queremos chamar a atenci¨®n. Sabido ¨¦ que a documentaci¨®n galega da Idade Media ¨¦ das m¨¢is farturentas da Pen¨ªnsula Ib¨¦rica. Non obstante, temos que lembrar que ofrece un testemu?o parcial, pois, ag¨¢s a que procede das chancelar¨ªas reais, case toda ela corresponde a fondos eclesi¨¢sticos. Carecemos case totalmente de documentaci¨®n anterior ao s¨¦culo XIV procedente de casas nobiliarias, concellos e outras instituci¨®ns civ¨ªs (destas escrituras, s¨® chegaron a n¨®s as que foron dar aos arquivos de igrexas e conventos). Sexa como for, os testemu?os indiscutibles de emprego do galego anteriores a 1250 apenas pasan da ducia. En troca, a partir de 1255 verificamos un sorprendente surto do uso do idioma do pa¨ªs, que, en pulso co lat¨ªn, avanza imparable ata tornarse de uso xeral, o que se verifica ao final da centuria.
Afonso X o Sabio concibiu un vasto proxecto de extensi¨®n das linguas romances
O ascenso dos romances durante o reinado de Afonso o Sabio responde a unha pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica consciente e decidida do monarca. ?Unha pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica? Seguro que m¨¢is dun lector ou lectora arregalar¨¢n os ollos. Pois si, Afonso concibiu un vasto proxecto de promoci¨®n dos idiomas vulgares ou romances (estas son as denominaci¨®ns que recib¨ªan na ¨¦poca os falares derivados do lat¨ªn). Isto ¨¦ inseparable dun proceso xeral de secularizaci¨®n da cultura, un ¨¢mbito ata daquela monopolizado pola igrexa, especialmente na escrita, saber este reservado ao clero. Deste proceso tam¨¦n forman parte fen¨®menos tales como a fundaci¨®n de universidades e, precisamente, a voga da poes¨ªa amorosa. O proxecto cultural de Afonso plasmouse nunha serie de concretas medidas de goberno. As¨ª, o monarca dunha banda impulsou o cultivo literario do castel¨¢n na prosa e do galego na poes¨ªa; e doutra banda, dispuxo que tanto a chancelar¨ªa real coma as oficinas notariais espalladas nos seus reinos empregasen regularmente o idioma vulgar. Tan consciente era Afonso do seu proxecto que nas Partidas contemplou que o chanceler real "saiba ler e escribir en lat¨ªn e en romance".
Canto ¨¢ difusi¨®n do uso documental do idioma vulgar, e falando en concreto no que atinxe a Galicia, hai que salientar a importancia da pol¨ªtica afonsina. Pensamos en particular na aparici¨®n da figura do notario p¨²blico do concello e ¨¢ s¨²a evoluci¨®n cara ao notario de designaci¨®n real (notario del rey), coa progresiva formalizaci¨®n do seu estatuto xur¨ªdico e coa s¨²a conseguinte profesionalizaci¨®n do oficio de escrib¨¢n.
A escriban¨ªa aparece as¨ª como o primeiro corpo laico especializado na escrita. Unha peza fundamental desa evoluci¨®n constit¨²ea precisamente o Foro Real promulgado por Afonso o Sabio en 1255. Nese c¨®digo lexislativo ded¨ªcase todo un t¨ªtulo ao notariado, onde se le: "Establecemos que nas cidades ou nas vilas maiores sexan postos escrib¨¢ns p¨²blicos xurados por mandado do rei". O uso do idioma galego na documentaci¨®n ¨¦ correlativo coa extensi¨®n da figura do notario do concello, sobre todo o de designaci¨®n real. O alto clero, fortemente apegado ¨¢ cultura libresca en lat¨ªn, acolleu a novidade con desconfianza, como mostra a s¨²a resistencia ao emprego do romance na escrita. Isto queda de vulto cando comprobamos que as primeiras pegadas deste aparecen nas colecci¨®ns documentais de mosteiros rurais, que acoll¨ªan o baixo clero m¨¢is pr¨®ximo ao pobo (Mel¨®n, Montederramo ou Ferreira de Pallares), mentres que os ¨²ltimos redutos do lat¨ªn se localizan nas catedrais, moi especialmente a de Santiago.
En definitiva, a emerxencia do galego como idioma culto enm¨¢rcase nunhas determinadas coordenadas hist¨®ricas e sociais: en concreto, o pulo dunha cultura laica nacida da sociedade civil e apoiada nun poder pol¨ªtico que afirman a s¨²a autonom¨ªa fronte ¨¢ Igrexa. Afonso o Sabio impulsou este proceso hist¨®rico con decisi¨®n, e nunha clave manifestamente pluralista. ?Logo non foi el quen dispuxo que cantasen as Cantigas de Santa Maria no cabodano da s¨²a morte? ?Non foi el quen mandou gravar no seu sartego unha lenda en catro idiomas?
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.