Lupe G¨®mez, a provocaci¨®n libertaria
A poeta de Fisteus desenvolve desde 1995 unha obra contundente e prol¨ªfica que ata desatou controversias pol¨ªticas
Ten cara de non ser quen de matar unha mosca. De feito, Lupe G¨®mez ¨¦ unha das persoas m¨¢is t¨ªmidas que co?ezo. A propia risa delata a s¨²a timidez. Non obstante, esta poeta encarna o esp¨ªrito da provocaci¨®n. Pretendidamente ou non, enc¨¢rnao. A poeta provocadora.
A provocaci¨®n sae dos versos que a s¨²a man traza con afecto. At¨¦ tal punto que cando o PP gobernaba a Xunta de Galicia censurou e exclu¨ªu un dos seus libros das axudas ¨¢ edici¨®n por consideralo escandaloso. O libro titul¨¢base Os teus dedos na mi?a braga con regra e o equipo de Fraga Iribarne non puido soportalo.
A ela sorpr¨¦ndelle que a asocien coa provocaci¨®n, porque a s¨²a intenci¨®n nunca foi a de provocar. Desde logo, a s¨²a timidez d¨¢lle unha boa coartada ante calquera tipo de actitude provocativa. Ou se cadra non. Con todo, ¨¦ autora de t¨ªtulos tan desafiantes como Levantar as tetas. Para ela, ese libro ¨¦ unha mostra do seu orgullo de ser Lupe, "unha nena enferma que fai poemas m¨ªnimos, limpos, vivos". En certa ocasi¨®n, durante un recital nun centro de ensino de Bertamir¨¢ns, unha profesora ergueuse e abandonou a sala ofendida. "Acusoume de apoiar a violencia", di, cando o que eu pretend¨ªa era enfrontarme a esa realidade, evidenci¨¢ndoa e focaliz¨¢ndoa desde a arte para posicionarme en contra". Nunha das s¨²as autopo¨¦ticas def¨ªnese as¨ª: "Ch¨¢mome Lupe e non te?o historia. Nunca me amaron. Nunca amei. O mundo est¨¢ dormido. Hai que levartar a poes¨ªa e as tetas. Hai que adornar o pelo".
"Ch¨¢mome Lupe e non te?o historia. Nunca me amaron. Nunca amei"
Cart¨¦ase con John Berger, con quen comparte a inquedanza polo mundo rural
O primeiro poemario de Lupe G¨®mez titul¨¢base Pornograf¨ªa. Publicouno no ano 1995 e na s¨²a casa, na aldea de Fisteus, concello de Curtis, sent¨ªanse avergo?ados de que a rapariga escribise un libro as¨ª. Agacharon todos os exemplares do libro e non lle falaron a ningu¨¦n do asunto. Daquela Lupe debeu sufrir moito, pois resulta doado descubrir que ¨¦ unha persoa modelada coa materia do amor, da naturalidade e da espontaneidade. L¨¦vao escrito nos coloretes das meixelas, que a asemellan a Heidi, aquel personaxe dos debuxos animados da s¨²a infancia. Ten 35 anos e un irrefutable aspecto de non ser quen de matar unha mosca. Cando participa nun recital po¨¦tico, o seu car¨¢cter toma posici¨®ns. G¨²stanlle moito, pero afirma que sofre demasiado porque entrega todo o que leva dentro. Cada unha das s¨²as palabras definen a unha persoa dunha enorme sensibilidade.
E, a pesar de todo, afirma que non lle molesta que os seus libros provoquen, porque est¨¢ convencida de que iso ¨¦ o que debe facer a arte: provocar, mancar e desgustar. Mesmo a¨ªnda que lle trouxese problemas coa s¨²a propia familia. Pero a reconciliaci¨®n co seu ¨¢mbito ¨ªntimo, que ¨¦ Fisteus, a aldea onde naceu, chegou coa publicaci¨®n do libro Fisteus era un mundo. A medio cami?o entre o confesional e as memorias da nenez, este libro engaiola coa s¨²a prosa n¨²a e franca, esgazadoramente sincera, no que a poeta deixa as s¨²as entra?as en cada palabra. "Escribilo foi moi duro -asegura-, tiven que me enfrontar a cousas moi dolorosas". Evidentemente, tivo que ser dif¨ªcil para ela, unha nena de aldea que ¨ªa coas vacas a diario, e que cando logo foi escolarizada na Coru?a sentiu como a rexeitaban por falar galego; debeu ser moi duro ter que se enfrontar aos seus fantasmas do pasado. "Eu ti?a trece anos cando marchei a estudar ¨¢ Coru?a. Na Coru?a sentinme mal. Estaba nun ambiente hostil para min. Eu sent¨ªa que me roubaban. Roub¨¢banme, agora seino, o orgullo. Eu, que falara galego toda a vida, paseime ao castel¨¢n. Son t¨ªmida pero na Coru?a f¨ªxenme hipert¨ªmida". En cambio, susurra Lupe, a publicaci¨®n de Fisteus era un mundo tivo a contrapartida de que "foi emocionante ver como en Fisteus a xente se identificaba co libro, como o meu libro se converteu al¨ª no referente dunha experiencia colectiva".
Pero para Lupe G¨®mez, a poes¨ªa ¨¦ a s¨²a principal ocupaci¨®n. "Incluso cando escribo como xornalista son tam¨¦n un pouco poeta", asegura. "A poes¨ªa faime botar f¨®ra os medos e os complexos". E aclara de novo: "Son moi t¨ªmida". Non ¨¦ necesario que o diga. Se cadra por iso, o momento da escrita ¨¦ para ela un momento de absoluta liberdade, con poder cat¨¢rtico, durante o que ¨¦ capaz de botar f¨®ra moitas cousas e chorar. "Sangro, sangro / sangro, tanto coma un home, / ou m¨¢is", di ironicamente o seu poema "Hemorraxia interna". Logo sorr¨ª. "Escribir ¨¦ unha forma de sa¨ªr da timidez", pros2gue mentres fala moi lentamente, coma se non quixese que o tempo leve as palabras canda si. A Lupe case hai que extraerllas coma as moas, porque fala moi pouco, s¨® o preciso. E ¨¦ que o valor das palabras ¨¦ moi importante para esta poeta que se identifica coa imaxe das vacas, porque nelas, nos seus ollos acuosos, sente a paz, o acougo e a tranquilidade e porque eses animais cos que tanto conviviu na s¨²a infancia lle transmiten a integridade e a bondade da ¨²nica parte do mundo da que non desexa fuxir. Por se fose pouco, est¨¢ convencida de que se asemella moito ¨¢ Heidi. E reivindica a figura daquela nena coa que choraba at¨¦ sentir as monta?as dentro das s¨²as propias entra?as.
En Santiago de Compostela, a cidade onde vive e traballa actualmente, Lupe atopou unha urbe m¨¢is ¨¢ medida dos seus desexos: "Vinme aqu¨ª a vivir e facer xornalismo; nesta cidade abrinme aos so?os. Nesta cidade empecei a vivir. Aqu¨ª o meu mundo medrou moito". E, desde as v¨ªsceras intensamente humanas desa cidade de pedra, Lupe contin¨²a a escribir a s¨²a "poes¨ªa fea", tal e como reza o t¨ªtulo doutro dos seus libros. Partindo sempre dese esp¨ªrito de provocaci¨®n libertaria que a empuxa. E, cos versos que o coraz¨®n lle dicta, vai constru¨ªndo unha po¨¦tica de li?a clara, vital, transgresora e sincera. Con frases curtas. Coas palabras xustas. Coas letras ensanguentadas.
Agora, Lupe G¨®mez cart¨¦ase con John Berger porque comparte con el a inquedanza por ese mundo rural en v¨ªas de extinci¨®n, e env¨ªalle libros e discos galegos e que el recibe agradecido. E ademais, declara, con toda a humildade do mundo, que chegou o momento de ser m¨¢is esixente consigo mesma, e que se est¨¢ replantexando o seu labor creativo. Pero que a escrita ¨¦, en definitiva, a s¨²a propia vida.
Mentres tanto, desenvolve o seu traballo como xornalista e busca a creatividade no cine, no teatro, na danza e na pintura ao tempo que acude a clases de ioga. E ¨¦ que a primeira provocaci¨®n de Lupe G¨®mez ¨¦ consigo mesma.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.