Os debuxantes an¨ªmanse
Os autores de banda dese?ada aproveitan o auxe do x¨¦nero para pasar ¨® cine
"Vivimos un momento dourado, en canto a n¨²mero de debuxantes e a calidade media, iso ¨¦ indiscutible". As¨ª de rotundo se mostra Miguelanxo Prado, o autor mais importante de toda a historia da banda dese?ada galega, sobre o momento que viven as vi?etas no pa¨ªs. Prado non s¨® encabeza ese "momento dourado", sen¨®n que foi o primeiro dunha ringleira de debuxantes galegos en dar un paso adiante e experimentar co paso ¨¢ animaci¨®n, a trav¨¦s do primeiro filme que acaba de dirixir: De Profundis, producido por Continental.
Este auxe da banda dese?ada est¨¢ a provocar que moitos novos autores sigan as rilleiras marcadas por Prado, e tam¨¦n estean a dar o salto ¨¢ animaci¨®n, como David Rub¨ªn, Manel Cr¨¢neo ou Xo¨¢n Carlos Abraldes. "En Galicia estamos nun momento emerxente, e eses momentos de eclosi¨®n son ocasi¨®ns que hai que aproveitar porque ¨¦ cando mais cousas interesantes se producen", explica Prado, un autor que xa en 1998 deu un gran salto cara ¨¢ animaci¨®n ¨® traballar para a m¨ªtica factor¨ªa americana Dreamworks como dese?ador de personaxes na serie Men in black.
Un dos debuxantes que trata de aproveitar esa ocasi¨®n ¨¦ o ourens¨¢n David Rub¨ªn, que est¨¢ a preparar a s¨²a primeira longa de animaci¨®n cun dos referentes deste x¨¦nero en Galicia: a produtora Dygra. Logo de producir O so?o dunha noite de San Xo¨¢n , e a exitosa O Bosque animado, Dygra est¨¢ a producir O esp¨ªrito do bosque, a s¨²a terceira longametraxe de animaci¨®n, que Rub¨ªn codirixe con Juan Carlos Pena e est¨¢n a piques de rematar, logo de case tres anos de traballo. "Un resiste mellor economicamente no audiovisual, o que pasa ¨¦ que agora os tebeos, que son a mi?a orixe, convert¨¦ronse nun sobresoldo", explica Rub¨ªn, un debuxante que non para de coleccionar premios nos ¨²ltimos anos. O seu ¨²ltimo traballo, La teter¨ªa del oso malayo, esgotou a primeira edici¨®n en tres meses, e est¨¢ nominado a catro premios no Sal¨®n do C¨®mic de Barcelona, que se celebra estes d¨ªas: mellor gui¨®n, mellor obra nacional,mellor debuxo e autor revelaci¨®n. Rub¨ªn traballa para Dygra desde hai oito anos, logo de que o chamaran para facer storyboards. "Despois hab¨ªa que facer unha curta e encarg¨¢ronme dirixila, e agora toca pel¨ªcula", conta.
Os 'storyboards'
Pola v¨ªa dos storyboards tam¨¦n se asomou ¨® audiovisual Manel Cr¨¢neo, un debuxante devoto das historias mortuorias. Cr¨¢neo debutou con ¨¦xito na animaci¨®n coa curta Ladr¨®ns de cad¨¢veres vs. Ku-Kus-Klan, que dirixiu con Xurxo Garc¨ªa e prepara xa a segunda, titulada Os Mortos. Este debuxante foi reclamado por Ant¨®n Reixa para facer o story d' O l¨¢pis do carpinteiro, e acaba de repetir con Hotel T¨ªvoli, que se estrear¨¢ a primeiros de maio. "A¨ªnda que pareza estrano, en Galicia hai mais industria na animaci¨®n que na banda dese?ada en si mesmo, na que non hai industria e todo est¨¢ f¨®ra", explica Cr¨¢neo, que tam¨¦n preside a Asociaci¨®n Galega de Profesionais da Ilustraci¨®n (Agpi). Para Cr¨¢neo, "a asociaci¨®n d¨¢ unha medida do que hai no pa¨ªs, con preto dun cento de asociados, entre os que figuran desde caricaturistas e ilustradores ata un alto porcentaxe que traballa na animaci¨®n". Seg¨²n o presidente de Agpi, "xa se est¨¢ dando o paso dos debuxantes ¨¢ animaci¨®n, pero falta a adaptaci¨®n dos comics ¨¢ acci¨®n real, ¨® estilo de 300 ou V de Vendetta, e ese paso tam¨¦n temos que dalo en Galicia, porque hai moi boas historias".
Dentro destes debuxantes que est¨¢n a dar o salto ¨® audiovisual, tam¨¦n aprecen outros como Xo¨¢n Carlos Abraldes, que acaba de dirixir a s¨²a primeira curtametraxe Man, un proxecto de animaci¨®n en 3D onde o alem¨¢n de Camelle ¨¦ o f¨ªo conductor, ou Mariano Casas, realizadr de cinco microlfilmes titulados Filmi?os.
"Tecnolox¨ªa e materia prima"
"Hai unha materia estupenda e varias xeraci¨®ns de xente con talento, e iso debemos de aproveitalo na animaci¨®n", indica Miguelanxo Prado, ¨® mesmo tempo que apunta "un factor determinante como o desenvolvemento da tecnolox¨ªa, que fai que se estean abrindo constantemente vent¨¢s". Para o debuxante coru?¨¦s, o mellor de todo ¨¦ que non hai un grupo definido: "Hai moita variedade e iso ¨¦ b¨® en calquera ecosistema", bromea. A¨ªnda as¨ª, Prado m¨®strase expectante e, sobre todo, vixiante, desde a experiencia que lle dan tantos anos de traxectoria como debuxante. "Nos anos 80, ¨ªamos comer o mundo co bum da historieta, e ¨® final a debacle foi tremenda. Hai que tratar de consolidar o que est¨¢ pasando e darlle viabilidade", di Prado, ¨® tempo que lanza un aviso: "Temos que estar vacinados e non sacar os pes f¨®ra do testo"
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.