T.S. Eliot e a nosa chusma
Lai¨¢base T.S. Eliot da vulgarizaci¨®n da cultura no seu tempo, condenaba a extensi¨®n da educaci¨®n e avogaba pola preparaci¨®n das elites para rexer os destinos da humanidade como mandaba a tradici¨®n relixiosa, nun escenario de castas. Coa vara deste xenio a obra de Xos¨¦ Luis Franco Grande, e toda a poes¨ªa dos que nos 50 e 60 eran novos, quedar¨ªa ensumida no monte de cascarillada vacua da contemporaneidade, por suposto inmerecidamente. Sic transit gloria mundi.
Pasan as d¨¦cadas e qu¨¦ixase agora o poeta da superficialidade dos novos, e os novos da bota dos vellos. Isto acontece desde os tempos de Babilonia e, facer do asunto drama, ¨¦ comico.
O vello funambulista, "sen estar preparado para a morte, pero xa na etapa en que un comeza a estar resentido contra os novos", como escribira Auden, ve que se acaban os seus d¨ªas na escena e decide xogarse a vida nunha ¨²ltima acrobacia arriscada, un n¨²mero que evite o seu esquecemento en tres d¨ªas; o xesto encerra perigo pero ¨¦ puro instinto de supervivencia, que nos artistas se traduce en ansia de gloria.
A condici¨®n aristocr¨¢tica do escritor dos anos 50 xa non existe hoxe
Os perniciosos son os que calan, non os que falan e ao falar se equivocan
Os argumentos do vello anular¨ªan toda a arte contempor¨¢nea, a que non se presenta estratificada en xenealox¨ªas lexitimadoras. Un, que ¨¦ revirado, mesmo chega a pensar se nas s¨²as palabras non falta algo. Por exemplo, que nas tres ¨²ltimas d¨¦cadas non se publicaron obras de m¨¦rito "por parte dos membros da s¨²a xeraci¨®n", que tam¨¦n ser¨ªa incerto, mais na s¨²a rabia alb¨ªscase carraxe contra os compa?eiros de promoci¨®n, e contra as vaguedades propias.
Fala o vello das obras pasadas desde un tempo que xa as peneirou, e de cando a edici¨®n, ¨¢ forza, exerc¨ªa asimesmo outra peneira previa; e fala das obras presentes desde a avalancha sen peneirar. E fala probabelmente desde un co?ecemento limitado da literatura que critica, a das ¨²ltimas d¨¦cadas. Todos os textos novos lle parecen iguais, como todos os chineses nos parecen iguais, desde o desco?ecemento.
Estas xeralizaci¨®ns proceden de quen valora a solidez e a consistencia do pensamento cr¨ªtico, e implican que a intelixencia e a creatividade non se reparten equitativamente en todas as ¨¦pocas e lugares. Ou si, en todas as ¨¦pocas e lugares, excepto na Galiza actual.
Ser escritor nos anos 50 singulariz¨¢banos socialmente, elev¨¢banos sobre o com¨²n da xente convertida en paisaxe; en compa?a de m¨¦dicos, pol¨ªticos, xu¨ªces, bispos ou boticarios. Hoxe ning¨²n autor novo accede, por selo, a esta condici¨®n aristocr¨¢tica, nin quere. Quere xustamente o contrario, combater a idea da cultura como despotismo ou sociedade secreta.
Dito isto, que nos alporiza de que o vello fale as¨ª? Se ¨¦ o que pensa, e estou convencido de que non se trata dunha arroutada, que deber¨ªa facer? Calar? Pensalo mellor ata que a verdade o ilumine e coincida con n¨®s? Todo o que se pensa de m¨¢is acaba como todo o que se coci?a de m¨¢is.
Se entre os literatos galegos hai visi¨®ns contrapostas, ou antag¨®nicas, cal ¨¦ o protocolo para resolvelas? Os debates pechados das instituci¨®ns culturais? ? prexudicial que nos vexan discutir? Seica nos atacamos coma lobos en vez de cazar en grupo, con reparto de tarefas e hierarqu¨ªa definida pero... Quen somos n¨®s? Que temos en com¨²n? Debemos consensuar unha estratexia e, unha vez aprobada por maior¨ªa, ter a humildade de non cuestionala?
A literatura galega foi constru¨ªndo o seu encoro e igual se pretende que nos limitemos a estar atentos co tapaporos e acudir raudos a selar calquera fenda que se detecte, se non queremos que o encoro esboroe e nos corten a luz. Xa ningu¨¦n lembra que todo encoro ¨¦ un r¨ªo preso.
Apunta Suso de Toro que das catro ¨²ltimas d¨¦cadas sa¨ªu o 90% da nosa mellor literatura, porque ese tempo produciu a mesma porcentaxe das nosas p¨¢xinas. Eu tam¨¦n conf¨ªo bastante nas estat¨ªsticas, pero rebaixar¨ªa uns puntos. Por exemplo porque a porcentaxe de artistas novos con talento que escollen a literatura para expresarse dimin¨²e en favor doutras discipinas, mentres que a oferta de canles de sa¨ªda para os textos literarios aumenta, e o que se perde por arriba, g¨¢?ase por abaixo.
Quen ten raz¨®n na disputa milenaria entre novos e vellos? ? mellor a forza sen control ou o control sen forza? Sabemos negociar as diferenzas no canto de reducilas? Pensar que ¨¦ negativo airear os conflictos semella deixar traslucir que o devir da nosa literatura ¨¦ unha cuesti¨®n de imaxe, que unha imaxe de unidade e un bo dese?o estrat¨¦xico axuda a... a que axuda?
Os perniciosos son os que calan, non os que falan e ao falar se equivocan. Pode que a disensi¨®n lles dea combust¨ªbel aos inimigos, pode. Mais, debe iso pospo?er ou cancelar todos os debates?
Benvida pol¨¦mica!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.