Blanca Silva, a arte de baleirarse
Afirma o poeta Xulio L¨®pez Valc¨¢rcel que a obra de Blanca Silva ten un certo alento m¨ªstico; que esta muller aspira a "pintar o Al¨¦n", e leva toda a raz¨®n. Di tam¨¦n o tam¨¦n cr¨ªtico de arte que o expresionismo abstracto de Silva est¨¢ m¨¢is vencellado ¨® de Rothko ca ¨® de Pollock, ¨® de Mu?oz ca ¨® de Kandinsky. Niso tam¨¦n leva raz¨®n. As series de cadros, de gravados de Silva inv¨ªtannos, si, ¨® samadhi, ¨® estado de acougo, ¨¢ suma concentraci¨®n. Son unha sorte de mandalas sint¨¦ticos. E a que fin m¨¢is alto que a ese pode aspirar un artista?
"Baleiro e cheo / Nunha pincelada / Fl¨²e o eterno", acordo en entrando no seu obradoiro. A arte de Blanca Silva ¨¦ a arte de baleirarse, a arte do sunyata, a arte do non saber. "A pintura s¨¦rveme para internarme nun universo misterioso", afirma ela, e enxergo o seu "internarse" no senso m¨¢is literal: ir ¨® cerne do cerne. "A maior¨ªa dos creadores coidan que hai que estar cheo para poder expresarse, mais eu preciso baleirarme de todo para transmitir algo. Non podo traballar cando estou ateigada de mundo". Para Silva, "o obradoiro non ¨¦ unha terapia" sen¨®n un lugar ¨® que acude "¨¢ cata do baleiro". Un espazo de meditaci¨®n en movemento o desta creadora interesada por toda caste de espiritualidades e de esp¨ªritos. "A¨ªnda que isto ¨¦ un proceso que dura moitos anos".
Baleirarse: verbo que de seu abonda para resumir toda a andaina de Silva. Pr¨® meu grande abraio (esa mestura de pasmo e de entusiasmo, de asombro e de arrep¨ªo), Silva conc¨¦deme un privilexio: fitar as s¨²as primeiras obras para enxergar o seu tr¨¢nsito dende o expresionismo figurativo ¨® expresionismo abstracto. "Eu ve?o da literatura", confesa esta confesa crente da poes¨ªa, "o que pasa ¨¦ que para min a escrita ¨¦ un cami?o de ida e volta, mentres que a pl¨¢stica o ¨¦ s¨® de ida. Na poes¨ªa, malia a ser tam¨¦n unha v¨ªa de co?ecemento, como dic¨ªa Valente, unha viaxe cara ¨® Absoluto, cando rematas un poema, volves ¨® punto de partida. Na pl¨¢stica non, sempre volves ¨® punto cero".
A bisneta do avogado e escritor Alberto Garc¨ªa Ferreiro comezou a pintar "xa tarde, dun xeito completamente autodidacta". D¨²as claves ben significativas aclaran aquel principio. Unha exposici¨®n de Matisse -cuxa obra final serviu de referente ¨®s vangardistas abstractos- foi o detonante que a impulsou a pintar. Dos superrealistas Silva aprendeu a "simbolizar os so?os", pois, dende meni?a, sempre tivo intensa vida on¨ªrica. "Lembro que daquela so?aba cunha xigantesca maz¨¢ vermella pairando nun azul escintilante". Unha visi¨®n ¨® Magritte. Ende ben, Silva deu con dous profesores tan bos que lle quitaron da cabeza a idea de aprender a debuxar. "Dix¨¦ronme que xa acadara un estilo de meu e que a aprendizaxe da t¨¦cnica tan s¨® pod¨ªa roubarme esa frescura".
Asemade, naquel per¨ªodo Silva comezou "a coidar" dos seus mortos, para ela "important¨ªsimos", e dende aquela traballa nunha serie de esculturas na que os defuntos, reencarnados nuns bonequi?os de louza, penduran ac¨® e al¨® coma exvotos primitivos. A comparaci¨®n non ¨¦ gratu¨ªta: ollando esas figuri?as que espertan tanta tenrura lembro os poemas de Jean Joseph Ravearivelo sobre o culto ¨®s mortos malgaxe. Ou, m¨¢is atr¨¢s, as estatu¨ª?as das deusas do xamanismo prehist¨®rico.
Tras aquela etapa inicial guiada polos so?os, Silva desenvolveu, nos 80, un posmodernismo tam¨¦n moi persoal. Na s¨²a Agra da Soleira de San Xo¨¢n de Vilanova, en Mi?o; a car¨®n dun galano in¨¦dito da s¨²a amiga Lu¨ªsa Villalta, varios deses cadros dialogan en silencio. Especialmente fermoso ¨¦ o retrato da s¨²a filla Mar¨ªa: natureza aberta coma A orixe do mundo de Courbet. Mais, de vagari?o, Silva pasou de so?ar con imaxes a so?ar con cores que logo tentou plasmar nas s¨²as teas. Tam¨¦n desa etapa de transici¨®n hai un dato moi revelador: "Cando non me gustaba un cadro, borr¨¢bao; ata que me decatei de que o que estaba a buscar eran aquelas supostas manchas que ficaban no lenzo. Non as li?as nin as formas sen¨®n as cores en si". Cores coas que Silva mant¨¦n "relaci¨®n an¨ªmica, nada intelectual", e que "xamais significan o mesmo".
Esta procura case que irracional desv¨¦lanos a feito a actitude de Silva perante a creaci¨®n e a Creaci¨®n. Partindo dun estadio narrativo, curativo, no que o importante era esconxurar os seus demos, chegou a estoutro estadio po¨¦tico, meditativo, no que o que conta non ¨¦, nin moito menos, a arela de contar sen¨®n a capacidade de transcender(se). Coma as abellas de Rilke, Silva ¨¦ unha desas artistas que "liban o invisible" para facelo visible. Coma o equilibrista de Klee, Silva viaxa dunha ¨¢ outra beira do real para transmitirnos o que non ten nin forma nin nome: preludios do Tao.
Por iso, sen d¨²bida, fala "tanto soa...".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.