Na procura da identidade
Mar¨ªa Reim¨®ndez cuestiona o x¨¦nero en 'Pirata' - Aneiros describe a fuxida
Ese semella ser o desaf¨ªo que a vida lle prop¨®n a Mary Read: descubrir a s¨²a verdadeira identidade, agochada baixo roupaxes masculinas durante ben tempo, por mor dun deses argadelos que a necesidade de sobrevivir tende. Esas roupaxes que disfrazan, que confunden, que disimulan... mais que finalmente non son nada ante a forza dos sentimentos e dos desexos. Inspir¨¢ndose nas figuras hist¨®ricas das piratas Mary Read e Anne Bonney, Mar¨ªa Reim¨®ndez argalla en Pirata unha novela que completa libremente as lagoas que a bibliograf¨ªa sobre o asunto (de Defoe a Mireille Calmel) deixa. Aproveita as¨ª para introducir de esguello outras cuesti¨®ns que arrequentan o argumento, que o dotan de amplitude e fondura m¨¢is al¨¢ do an¨¦cdotico, como a da importancia da sororidade (isto ¨¦, o correspondente feminino da fraternidade) na construci¨®n das identidades femininas, ben representada aqu¨ª polos personaxes de Malinke e Annette.
O nomadismo ¨¦ un xeito de estar no mundo, l¨¦mbranos 'Sol de Inverno'
O truco do disfrace masculino, ao que Mary Read recorre para abrirse cami?o nun mundo feito en aparencia por e para os homes, non ¨¦ novo entre n¨®s: xa Marilar Aleixandre botara man de el en A expedici¨®n do Pac¨ªfico para lle permitir ¨¢ rapaza Emilia embarcar, en pleno s¨¦culo XVIII, nunha expedici¨®n cient¨ªfica. No caso de Pirata, a vacilante identidade de Mary afirmarase, logo de casar cun home e de non reco?ecerse no rol convencional de esposa, grazas ¨¢ afouteza de Anne, compa?eira, amiga, amante e mestra. Anne, que ¨¦ muller pero vive coma un home do seu tempo, e que ama a quen quere e como quere. No espello de Anne, Mary descubrirase outra e construirase nesa alteridade intu¨ªda, agora posible grazas a un amor que a quere libre, que a quere ela.
Nesa teimuda procura da s¨²a identidade, Mary Read aprender¨¢ a importancia de contar e de contarse. Pirata fala tam¨¦n da necesidade de ir deixando ronseis no mar, testemu?as do que somos, elos cos que anoar unha xenealox¨ªa posible de mulleres que se ir¨¢ alongando con tantas posibilidades de selo como n¨®s -legatarias de Anne Bonney e Mary Read- queiramos. Fronte a Malinke e Anne, que constr¨²en e transmiten oralmente as s¨²as propias historias, erguerase a figura impositiva de Charles Johnson. El representa esoutra versi¨®n da historia, a escrita, a can¨®nica e deturpada, aquela que ignorar¨¢ a verdadeira raz¨®n de ser da vida de Mary Read para utilizala, coma a de tantas outras mulleres ao longo dos s¨¦culos, ao servizo dunha suposta verdade, a da ortodoxia sustentada polos poderes pol¨ªticos e econ¨®micos que Mary e Anne desaf¨ªan polo simple feito de existiren. Neste senso, non hai happy end, quizais porque a historia oficial, que rexistrou a morte na cadea de Mary Read, lle imp¨®n ¨¢ autora un determinado final, a¨ªnda que ela consegue abrir fendas abondas no muro das certezas como para que os lectores e lectoras poidamos po?erlle o noso propio ramo ¨¢s vidas desas mulleres.
No ronsel da nosa mellor novela de aventuras, de Morning star a Pepa a Loba ou Monbars o exterminador, ¨¦ m¨¢goa que o exceso de tese estrague as posibilidades desta engaiolante historia. A autora debeu confiar m¨¢is na competencia de lectoras e lectores, nas s¨²as capacidades para tiraren as s¨²as propias conclusi¨®ns, e aforrar doutrina. Hai demasiados momentos ao longo da lectura nos que a tese abafa o potencial ¨¦pico do argumento e encorseta personaxes que poder¨ªan ir al¨¦n do que a ostentaci¨®n da s¨²as ideas lles permite.
A¨ªnda que nos ¨²ltimos tempos se fala moito de novelas que cuestionan a identidade como algo determinado polos corpos e que, por tanto, nola presentan como constru¨ªble ou reconstru¨ªble, o certo ¨¦ que o tema xa ¨¦ vello entre n¨®s, dende que en 1988 Peito de vimbio de Alfonso ?lvarez C¨¢ccamo nos dera a co?ecer o personaxe de Tit¨ª (Xurxo Corzo no seu DNI) e a s¨²a loita por sobrevivir, asumindo a s¨²a condici¨®n de hermafrodita na Galicia dos 50. Despois vir¨ªa A semellanza de Mar¨ªa Xos¨¦ Queiz¨¢n (1992) onde presenciamos como Juanjo Vieitez se debate consigo mesmo e coa s¨²a contorna na procura da consoladora semellanza que proporcionan os pares e que atopar¨¢ primeiro noutros homes e despois, tras unha traum¨¢tica operaci¨®n, entre as mulleres. Rexeitado por uns e por outras, por distinto e por semellante, s¨® o sucidio lle permitir¨¢ p¨®rlle o ramo ¨¢ loita mantida dende o berce coa condici¨®n masculina que se lle asignara ao nacer. Canto a Benquerida cat¨¢strofe, a ¨²ltima novela de Teresa Moure, Pirata concide con ela na convicci¨®n do poder revolucionario que ten algo tan simple en aparencia como atrevernos a ser n¨®s mesmos.
Mais eu, para explorar os lindeiros da incerteza e para convidar os lectores a acompa?arme en tan desacougante percorrido, qu¨¦dome con Ganga de Ant¨®n Lopo, ou con Dragona de Xavier Queipo, e cos personaxes que as protagonizan: seres que nos desaf¨ªan sen adoutrinarnos, que nos engaiolan porque habitan al¨ª onde as certezas perden a s¨²a utilidade de ser, que nos convidan a sermos outros e m¨²ltiples. Fillos da posmodernidade e vangarda dun novo xeito de entender a identidade.
Identidades n¨®madas
Nunha vaga de saudade, o t¨ªtulo do ¨²ltimo Premio Xerais, Sol de inverno, de Rosa Aneiros, tr¨¢enos ¨¢ lembranza O sol de ver¨¢n, a derradeira novela de Casares, coa que por¨¦n pouco ten en com¨²n. M¨¢is semellanzas amosa coas ¨²ltimas entregas de Inma L¨®pez Silva, Memoria de cidades sen luz, e de Lu¨ªs Rei N¨²?ez, Monte Louro. As tres son (ademais de longas) novelas n¨®mades, protagonizadas por seres condenados case dende o berce ¨¢ procura de si mesmos. Obsesionados coa memoria, escravos da necesidade de narrala, e obrigados polas circunstancias a unha permanente fuxida, os personaxes destas obras sintetizan as cr¨®nicas posibles de tantos dos nosos devanceiros pero tam¨¦n, nun deses abraiantes pinchacarneiros que s¨® a literatura ¨¦ quen de dar, despregan ante n¨®s alg¨²ns dos vieiros posibles das identidades do ma?¨¢, e l¨¦mbrannos que o nomadismo ¨¦ tam¨¦n unha maneira de ser e estar no mundo.Con eses vimbios como alicerce do seu proxecto, Rosa Aneiros constr¨²e o percorrido vital de Inverno, un accidentado percorrido que a levar¨¢ dende a s¨²a Antes natal, unha alde¨ª?a norte?a e mari?eira, ata a Cuba pasando pola Barcelona da guerra e os campos de concentraci¨®n franceses, para rematar de novo en Antes, logo de que a protagonista descubra, no Par¨ªs do 68, que a s¨²a memoria finalmente a vai traizoar, e que decida loitar contra ela coa ¨²nica arma que lle resta: a palabra. Sol de inverno comparte coas novelas de Inma L¨®pez Silva e Lu¨ªs Rei N¨²?ez unha perfecta circularidade estrutural que amosa un logrado labor compositivo, se cadra especialmente coidado nos tres casos por mor da inusual extensi¨®n dos textos pero que, xusto por iso, os lectores agradecen.Termando da corda adoito traizoer¨ªa do lirismo, Rosa Aneiros aduba o seu relato coas pingas xustas de fantas¨ªa para evitar que sexa etiquetado como novela hist¨®rica. As¨ª, ese Antes que poder¨ªa ser doadamente unha aldea galega e que a autora eleva ¨¢ categor¨ªa de met¨¢fora da orixe. Ou algunha das imaxes coas que codifica os episodios m¨¢is cruentos da guerra, coma os morcegos de Silvia, portadores da morte nunha desas terribles iron¨ªas con que a vida se burla de n¨®s. Sol de Inverno ¨¦ logo moitas cousas: saga familiar, memoria da guerra e do exilio en que se mesturan con habelencia personaxes hist¨®ricos e ficcionais pero, sobre todo, ¨¦ o relato da construcci¨®n a contraf¨ªo dunha identidade, a de Inverno, arrastrada polo r¨ªo da historia e recuperada s¨®, nun iluminador paradoxo, grazas ¨¢ enfermidade do esquezo, o Alzheimer. Contra ela ergue Inverno un muro das palabras de xeito que, dende unha perspectiva fenom¨¦nica, toda a narraci¨®n se presenta ante n¨®s como o resultado dese teimudo esforzo da protagonista por ser, por recuperarse a s¨ª mesma, antes de que as portas do pasado se lle pechen de vez.Resultar¨ªa imposible que nun texto tan extenso, en que todas e cada unha das palabras te?en a s¨²a raz¨®n de ser, non houbese intres de desigual intensidade, como acontece co mon¨®logo de Luzdivina que comeza na p¨¢xina 321 e que renxe de inverosemellanza polo elevado rexistro que o personaxe emprega, ou que non se deslizase alg¨²n anacronismo como o sorprendente estresen que en plena guerra utiliza a nena Silvia en alusi¨®n aos seus pombos. Pero son cuesti¨®ns puntuais, que non conseguen abrir fendas de importancia no poderos¨ªsimo edificio narrativo que Rosa Aneiros constru¨ªu neste inesquecible Sol de Inverno
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.