O enterro da Galicia emocional
Na fin da s¨²a viaxe a Am¨¦rica, en Bos Aires, e en solemne mensaxe de clausura no congreso dos centros da emigraci¨®n no continente, o presidente instou aos participantes a emprender unha tarefa hist¨®rica: "Hai que repensar a galeguidade". E deixou aberto o cami?o desta revisi¨®n estabelecendo unha diferenza fundamental entre o que chamou "galeguismo ¨²til" e "galeguismo sentimental". Nese gran discurso, nesa inflexi¨®n epistemol¨®xica, nesa revoluci¨®n paradigm¨¢tica, nese xiro copernicano, nese salto de cabalo, nesa peza b¨¢rbara, o presidente decretou o enterro da morri?a e de todo o lastre da Galicia emocional. Contan as cr¨®nicas que nos refrixerios desta viaxe non hab¨ªa gaitas nin empanada. E contan tam¨¦n que no fondo musical a peza que marcou o ton desta xeira moderna e pragm¨¢tica do presidente Feij¨®o en Bos Aires foi a c¨¦lebre copla dos mestres Quintero-Le¨®n-Quiroga, na voz de Isabel Pantoja: Ay, pena, penita, pena, pena / pena de mi coraz¨®n / que me corre por las venas, pena/ con la fuerza de un cicl¨®n.
A esta dereita garbosa non lle chegaba coa guerra da lingua e agora quere enterrar a morri?a
Dic¨ªa Roland Barthes que a verdadeira arte percorre un cami?o indirecto cara ¨¢ verdade. Esa ¨¦ tam¨¦n a estratexia da Galicia sentimental. A copla ser¨¢ andaluza, mais o cicl¨®n non hai quen nolo quite. ? inequivocamente galego. Eu non sei o que figura nos xenes, mais eu ter te?o na c¨¦lula tronco o cicl¨®n dos Azores. Sinto como me corre polas veas antes de tocar terra, como un vedoiro sente no pulso a auga dun manancial oculto.
Ben me lembro na taberna de Leonor, en Castro, todos a mirar o primeiro televisor. O que queriamos era ver Os Intoc¨¢beis de Eliot Ness por aquilo do "galeguismo ¨²til", pero, cacho na anatom¨ªa da melancol¨ªa!, o que al¨ª aparec¨ªa antes que nada era o Home do Tempo, o petiso aquel, Mariano Medina, cunha vara na man. Fac¨ªa tranquilamente o progn¨®stico para toda Espa?a, mais hab¨ªa un intre en que nos miraba en fite, xusto a n¨®s, os de Castro, convocados por Eliot Ness na taberna de Leonor, e aquel home manso sacaba un ton intimidatorio e dirix¨ªa o bico do brelo da vara xusto enriba dos tellados das nosas casas, para engadir ameazante: "Y por Galicia entrar¨¢, una vez m¨¢s, el fat¨ªdico cicl¨®n procedente de las Azores". E n¨®s, coa direcci¨®n musical de Carlos o de Hilario, cantabamos a coro: Que me corre por las venas, pena/ con la fuerza de un cicl¨®n.
As¨ª que a esta dereita garbosa non lle chegaba coa guerra ling¨¹¨ªstica e agora quere enterrar a morri?a, a pena e mais o cicl¨®n. Coa lingua xa quixeron facer unha boa labarada, mais as palabras a¨ªnda est¨¢n verdes, a¨ªnda non secaron, e non lles arden ben. Agora disque ve?en cun decreto do ensino que ¨¦ un bid¨®n de gasolina. Al¨¢ eles. O que ¨¦ unha guerra in¨²til ¨¦ esta do "galeguismo ¨²til" contra o "galeguismo sentimental". No tempo da intelixencia emocional, da econom¨ªa emocional, v¨¦n Feij¨®o cun hardware sen software. Un "galeguismo ¨²til" que enterre o "galeguismo emocional". Mi madri?a! Coido que con tanta axuda ¨¢ natalidade de autom¨®biles entroulles a idea de que os galegos hai que fabricalos en Citro?n. O d¨ªa que dean tanta axuda para ter unha crianza como para ter un coche, acabouse o problema demogr¨¢fico. Vaise inzar Galicia de nenos Berlingo e nenas Xsara. E a¨ªnda haber¨¢ alg¨²n que se chame Audi!
O caso ¨¦ que en Bos Aires, na capital emocional de Galicia, non hab¨ªa gaitas. E non hab¨ªa empanada. Os gardas de seguridade impediran a entrada das irm¨¢ns Morri?a, Saudade, Mui?eira, Pandeirada, Mar¨ªa da Empanada e mesmo de Guadalupe, A Rianxeira, esta ¨²ltima por ir descalza. A nova dereita iconoclasta vai acabar por censurar o Adeus a Mariqui?a e a foto da despedida de emigrante de Manuel Ferrol. O que eu non entendo ¨¦ que censuren a empanada. A empanada ¨¦ a perfecta s¨ªntese de galeguismo ¨²til e galeguismo sentimental. Daniel Goleman publicou en 1995 un libro decisivo. O titulado Intelixencia Emocional: ?Por qu¨¦ pode importar m¨¢is que o concepto de cociente intelectual?. As teses de Goleman convulsionaron todos os eidos da investigaci¨®n sobre o comportamento humano. Tam¨¦n na econom¨ªa. En 2002, David Kahneman, catedr¨¢tico de Princeton, recibiu o Nobel por afondar na econom¨ªa emocional ou neuroeconom¨ªa. Pois ben, a empanada ¨¦ un logro da intelixencia emocional (IE) e o cociente intelectual (CI). Mesmo est¨¢ a¨ª na forma de neoc¨®rtex que ten, envolvendo a prebe e a sustancia l¨ªmbica de xoubas ou bacallau ou zorza que aporta a memoria emocional. As¨ª, o consumo da empanada ¨¦ un acto sentipensante. A empanada non se come: rem¨®ese. ? a un tempo unha emoci¨®n e un concepto. E sobre todo ¨¦ un froito ¨²til de neuroeconom¨ªa galega.
"Hai que repensar a galeguidade!", espetou o presidente Feij¨®o aos emigrantes. Como quen di: "Iso de ser galego, hai que pensalo d¨²as veces."
Comprendo o estupor dos asistentes. ? maior¨ªa deles chegoulles con pensalo unha vez. E agora v¨¦n un que ¨¦ presidente, que ¨¦ estudado, que o elixiron para gobernar Galicia, que cobra por iso, que deb¨ªa ter un rumbo, un programa, unha idea clara e aberta do pa¨ªs, e dilles que hai que repensalo. E ademais, sen empanada e sen gaitas. Isto non ¨¦ un discurso. ? unha penitencia. Polo menos dera alg¨²n consello de galeguismo ¨²til ao xeito daquel c¨®mico americano que imitaba a Gerald Ford: "Te?o unha mensaxe moi importante para a naci¨®n: cando se duchen, metan a cortina por dentro da ba?eira". A xente marchou a Am¨¦rica (ou foi expulsada) ¨¢ procura de benestar a liberdade que aqu¨ª non ti?a. Fixeron por Galicia moito m¨¢is do que nunca se lles poder¨¢ devolver. Crearon xornais, o primeiro sistema escolar digno de tal nome. Financiaron obras p¨²blicas. Enviaron remesas e divisas que permitiron a reconstruci¨®n econ¨®mica de Espa?a despois da desfeita da guerra e o disparate franquista da autarqu¨ªa, e ese di?eiro emigrante a¨ªnda deu para o enriquecemento de bancas privadas e o levedar das caixas de aforros.
Last but not least. Por se todo isto fose pouco ¨²til, sostiveron unha cultura que aqu¨ª tentou ser queimada de ra¨ªz. Conservaron a nosa mellor arte contempor¨¢nea (Lu¨ªs Seoane, Laxeiro, Arturo Souto...). Al¨ª, no Centro Galicia, est¨¢ o noso Gernika: A ¨²ltima lecci¨®n do mestre, de Castelao. Na Federaci¨®n de Sociedades Galegas est¨¢ o mellor arquivo do exilio. Editaron verdadeiras arcas da cultura como Historia de Galicia, en tres tomos, que pagaron do seu peto empresarios galego-porte?os. Sostiveron instituci¨®ns como o Consello de Galicia e participaron no Goberno republicano, esa continuidade que permitiu que se falase dun Estado das Autonom¨ªas e que Galicia tivese a condici¨®n de nacionalidade hist¨®rica, iso que fai pos¨ªbel que haxa un Goberno, e con tanta xenerosidade que hoxe o rexen os capadores da autonom¨ªa. Os nosos americanos foron ¨²tiles porque sentiron. E o feito de que sentiran os fixo ¨²tiles.
Non haber¨¢ un galeguismo ¨²til se se enterra o galeguismo emocional. Agora todo ¨¦ falar do Cami?o de Santiago. ?lles ¨²til. Mais ese cami?o non existir¨ªa nunca de non ser antes trazado polo sentimento. Que ve?a Daniel Goleman ao Xacobeo e lles explique que non val un peso o cociente intelectual sen a intelixencia emocional. Marchando unha de empanada!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.