"Nunca houbo unha reflexi¨®n sobre as f¨®rmulas para manter o galego"
O aparente consenso que, ao longo da autonom¨ªa, presidiu as pol¨ªticas ling¨¹¨ªsticas en Galicia saltou polos aires vai para tres anos. Ent¨®n, o PP desmarcouse, coas negociaci¨®ns sobre o decreto do galego no ensino pechadas, do acordo parlamentario. A lingua colocouse en primeiro plano do debate, e a nova lexislaci¨®n que, con todos os axentes sociais en contra, sacar¨¢ adiante a Xunta de Feij¨®o non contrib¨²e ao acougo. O catedr¨¢tico de Ling¨¹¨ªstica Xeral da Universidade da Coru?a Mauro Fern¨¢ndez (Santiago, 1946) e o profesor de Socioling¨¹¨ªstica en Santiago e colaborador deste xornal Henrique Monteagudo (Muros, 1959) analizan a situaci¨®n.
Pregunta. Como aval¨ªan o decreto das linguas no ensino?
Monteagudo: "Unha educaci¨®n en galego ser¨ªa beneficiosa, pero con consenso"
Fern¨¢ndez: "Nos centros hab¨ªa moita conversa hostil polo decreto do bipartito"
H. M: "Non podemos deixar o biling¨¹ismo en mans de Galicia Biling¨¹e"
M. F: "As pol¨ªticas ling¨¹¨ªsticas non poden ser iguais para todos"
H. M: "Hai 40 anos, a escola era a ¨²nica garant¨ªa de aprender o castel¨¢n"
M. F: "Queremos que a escola ensine galego ou mude os h¨¢bitos ling¨¹¨ªsticos?"
H. M: "As porcentaxes son instrumentais; a cuesti¨®n ¨¦ ?queremos manter o galego?"
M. F: "O galego debe fuxir da grandeza, importan m¨¢is os ¨¢mbitos informais"
Henrique Monteagudo. ? unha f¨®rmula menos mala do que temiamos. A soluci¨®n do 50% non me parece negativa, pero en moitos centros xa se avanzara m¨¢is sen problemas e vanse ver obrigados a recuar sen xustificaci¨®n racional. No ensino debe primar o galego por varias raz¨®ns, entre elas compensar o uso das linguas f¨®ra da educaci¨®n. Un modelo educativo basicamente en galego ser¨ªa beneficioso, pero non se pode facer sen consenso social. Era mellor adoptar unha postura flex¨ªbel.
Mauro Fern¨¢ndez. A min a norma non me parece negativa. Se ben ¨¦ certo que hab¨ªa centros nos que se vi?a dando m¨¢is sen problemas, tam¨¦n ¨¦ verdade que noutra parte hab¨ªa poucos problemas cara ao p¨²blico pero moita conversaci¨®n hostil. A norma anterior, ben intencionada, desaf¨ªou a unha parte da sociedade. Con todo, a¨ª est¨¢ ese sector importante de xente que quere m¨¢is galego. O que me diferencia de Henrique ¨¦ que eu apoio a flexibilidade nas d¨²as direcci¨®ns.
H. M. Eu tam¨¦n.
M. F. Se hai quen quere m¨¢is galego, tam¨¦n haber¨¢ quen queira menos e haber¨¢ que contemplalo. Debe haber uns m¨ªnimos garantidos para cada lingua, pero nunha banda el¨¢stica.
H. M. ? prefer¨ªbel que un centro que non poida chegar, polas raz¨®ns que sexa, ao 50% o explique e que se vexa autorizado a dar un 35% a non facer nada. Dar un marco com¨²n con regras claras e con flexibilidade. Pero ¨¦ responsabilidade dos poderes p¨²blicos apoiar a lingua en desvantaxe, na li?a que marca a lexislaci¨®n, progresivamente. Se o problema ¨¦ afinar criterios, pu¨ªdose facer eliminando que o 50% en galego incl¨²a as mal chamadas troncais. Se se considera excesivo, haber¨¢ que volver ao Plan Xeral.
M. F. Pero a norma do bipartito estaba sobredimensionada no tocante ¨¢ lingua materna. Resultaba m¨¢is prudente a norma de 1995, que non recibiu contestaci¨®n cidad¨¢. Por que hab¨ªa que cambiala?
H. M. Nesta norma hai outra cuesti¨®n negativa, os pais. No programa electoral do PP dise unha cousa tan pintoresca como que os pais elixan a lingua materna dos fillos.
M. F. ? dicir, cal ¨¦. Iso xa se fai cada ano. Am¨¢rraste demasiado ¨¢ literalidade dunha frase. Tr¨¢tase de que os pais digan cal ¨¦.
P. Fern¨¢ndez asegura que o decreto do 95 non recibiu contestaci¨®n, pero tampouco freou a perda de falantes de galego.
H. M. Polo medio est¨¢ o Plan Xeral [2004], que o decreto do bipartito desenvolve.
M. F. No programa do PSdeG de 2005 non figuraba o cambio dese decreto. No do BNG non o sei, porque non o lin.
H. M. E no do PP estaba que a reforma do decreto se far¨ªa por consenso. O Plan Xeral est¨¢ polo medio, aprobado por unanimidade e impulsado polo PP. Con todo, neses d¨ªas faltou debate social e acabouse dando m¨¢is tarde, a contrap¨¦. Daquela explic¨¢ronme na Xunta que hab¨ªa que aprobalo as¨ª para que o PP de Madrid e un sector do PP galego non se opuxesen.
M. F. Si, pero a sociedade est¨¢ detr¨¢s. E moitas das medidas previstas nese plan, cando se pretendan levar ¨¢ pr¨¢ctica, amosar¨¢n o seu potencial conflitivo. Para min foi unha sorpresa aquel plan, ten moita alegr¨ªa.
H. M. Era m¨¢is ou menos ambicioso. Mais requir¨ªa ese debate social do que, se cadra, sa¨ªa outro plan distinto, m¨¢is afinado. As¨ª, deu a sensaci¨®n de que era cara a galer¨ªa, propaganda.
M. F. Contaban cunha aplicaci¨®n m¨¢is demorada e non con deixar o poder tan axi?a. Lembro, cando se aprobou o decreto de 1995, ¨® conselleiro Pi?eiro Permuy asegurando diante da xornalista Isabel San Sebasti¨¢n que o galego non chegar¨ªa "nin de lonxe ao 50%". Pasou dende o prinicipio, cando o decreto do biling¨¹ismo do 79 en Catalu?a foi moi ben acollido. Aqu¨ª non.
H. M. Iso ten que ver con como ¨¦ entendido o biling¨¹ismo aqu¨ª e al¨¢. As medidas que toman os catalanistas en defensa e promoci¨®n do catal¨¢n son en nome do biling¨¹ismo e en Galicia deixamos o biling¨¹ismo en mans de Galicia Biling¨¹e. Os que defenden o galego tenden a rexeitalo, all¨¦andose o apoio de sectores da poboaci¨®n que nun horizonte biling¨¹e aceptar¨ªan cousas ¨¢s que nun horizonte non biling¨¹e se resisten.
M. F. En Catalu?a ¨¦ importante ver como mesmo sectores do independentismo catal¨¢n est¨¢n pensando en reconsiderar a lexislaci¨®n ling¨¹¨ªstica para lle facer m¨¢is sitio ao castel¨¢n. Libros como La rectificaci¨®. Hai o convencemento de que a independencia vai necesitar a complicidade dos castel¨¢nfalantes. P¨®dese querer que Catalu?a sexa un Estado e falar en castel¨¢n. Se aqu¨ª falas de que o castel¨¢n non ¨¦ alleo, conv¨¦rteste nun inimigo sat¨¢nico.
P. O discurso do biling¨¹ismo comeza a abrirse paso en sectores do nacionalismo galego.
H. M. Na xente nova, de procedencia urbana. Pero no discurso oficial, defender o biling¨¹ismo non ¨¦ que se ignore, ¨¦ que se condena.
M. F. Non observo iso.
H. M. O mito do monoling¨¹ismo nace unido ao nacionalismo dos anos setenta. Daquela, a maior¨ªa da cidadan¨ªa falaba galego e abondaba con que o nacionalismo tomase o poder e a lingua ¨ªa detr¨¢s. Logo, o nacionalismo cambia e admite que o castel¨¢n ten m¨¢is presenza. As¨²meo como ameaza pero non saca as consecuencias l¨®xicas. Se admites que o castel¨¢n est¨¢ estendido ter¨¢s que cambiar ¨¢ aspiraci¨®n ao monoling¨¹ismo, unha aspiraci¨®n antes veros¨ªmil e agora lun¨¢tica.
M. F. O galego ¨¦ a¨ªnda maioritario. Agora ben, non o vai ser durante moitos anos m¨¢is. Non sei que horizonte de futuro quere Galicia, pero non pode ser o de comunidades ling¨¹¨ªsticas segregadas e pechadas. O futuro do galego pasa non tanto pola cantidade de galegofalantes habituais, sen¨®n pola actitude e polo uso que fagan del os castel¨¢nfalantes, que van ser maior¨ªa. Ser castel¨¢nfalante non ¨¦ abandonar o galego. P¨®dese participar de m¨¢is dun sistema cultural: non hai que escoller entre Jos¨¦ Hierro e Manuel Mar¨ªa. Lamento que o Goberno anterior nesgase o discurso e lamento todo discurso que considere o castel¨¢n lingua allea, imposta.
H. M. Hai que abandonar o paradigma da identidade monol¨ªtica, un mal reflexo do nacionalismo espa?ol, o primeiro que difunde a idea de naci¨®n monol¨ªtica e monoling¨¹e.
P. A mensaxe contra o galego lanzouse precisamente dende o nacionalismo espa?ol.
H. M. Historicamente hai un comprens¨ªbel movemento reflexo. Pero o que hoxe interesa ¨¢ lingua galega ¨¦ o discurso da diversidade. Non queremos identidades monol¨ªticas, nin estados ou naci¨®ns homox¨¦neas.
P. Ese proceso de substituci¨®n do galego polo castel¨¢n ¨¦ irrevers¨ªbel?
M. F. A pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica nunca ten a incidencia agardada. Neste momento, a¨ªnda vixente o decreto de 2007, o 70% dos nenos de 5 a 16 anos te?en a maior parte das asignaturas en galego e hai s¨® un 30% que o usan habitualmente. Non van cambiar. O mesmo que con ensino en castel¨¢n nun ambiente galego seguir¨ªan falando galego. Cando se di que na escola entran os nenos falando galego e saen falando en castel¨¢n, ¨¦ certo. Pero non ¨¦ s¨® a escola.
H. M. A pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica debe dar un marco de dereitos. Pero ¨¦ m¨¢is grave o clima social que fomentaron o PP e determinados medios de comunicaci¨®n. A sociedade s¨²freo.
M. F. Sempre pode haber discursos crispadores, pero non ¨¦ bo que os provoque o Goberno. A escola ¨¦ unha parte e o Goberno pode facer outras cousas que non te?en a contestaci¨®n dunha medida que incide directamente nos nenos.
P. De quen ¨¦ responsabilidade este clima social?
H. M. Hai problemas reais e resistencias reais. Proceden de sectores sociais at¨¦ agora ¨¢ marxe do galego e que comezan a pensar que non saber galego limita. E son sectores con influencia nos partidos e nos medios de comunicaci¨®n. A novidade ¨¦ que unha forza pol¨ªtica de goberno d¨¢ cobertura a isto por electoralismo. O PP atravesa un proceso de renacionalizaci¨®n espa?ola, centralista.
M. F. A pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica non pode ser homox¨¦nea. Iso causa problemas.
H. M. E a ecolox¨ªa das linguas cambiou moito. Hai 40 anos, a escola era a ¨²nica garant¨ªa de aprender castel¨¢n.
M. F. Por iso non se pode chamar imposici¨®n. Toda medida lexislativa ¨¦ imposici¨®n e hai algunha mesmo no nome, como os impostos. Pero se as percibes como ilex¨ªtimas, mal asunto.
H. M. Eu estudei as mensaxes galeguistas de entreguerras e nunca reclamaran o ensino en galego, sen¨®n a s¨²a lexitimaci¨®n na escola. Daban por feito que o galego xa se falaba e que a escola deb¨ªa ensinar castel¨¢n, a ¨²nica maneira de aprendelo. O mantemento da lingua estaba garantido socialmente. Esa mentalidade a¨ªnda existe en pais que non se decatan de que agora, se a escola non ensina o galego, non se vai aprender.
M. F. Pero queremos que a escola ensine o galego ou queremos que a escola cambie os h¨¢bitos ling¨¹¨ªsticos?
H. M. A cuesti¨®n non ¨¦ s¨® a competencia ling¨¹¨ªstica, sen¨®n a competencia comunicativa. A escola at¨®pase a medio cami?o.
M. F. Para esa competencia chega un 50%?
H. M. Non hai unha f¨®rmula m¨¢xica nin homox¨¦nea.
M. F. As competencias que ensina a escola son diferentes das que ensina o resto da sociedade. Onde se fala galego adqu¨ªrense competencias, por exemplo insultar, que na escola non pintan nada. Nas destrezas que debe ensinar a escola, comprensi¨®n de textos complexos ou sintaxe, neces¨ªtanse miles de horas m¨¢is?
H. M. O que sabemos ¨¦ que o modelo de inmersi¨®n funciona.
M. F. Cando a xente o quere.
H. M. A inmersi¨®n, polo que sabemos, ¨¦ o mellor. Tam¨¦n sabemos que para que funcione precisa consenso. Asociar a inmersi¨®n co nacionalismo ou descualificala non ten sentido.
M. F. ? unha vella obsesi¨®n do PP.
H. M. A inmersi¨®n permite o mantemento das d¨²as linguas. Nun horizonte de biling¨¹ismo, a xente non obxecta tanto a inmersi¨®n. Cando se defende a inmersi¨®n para o monoling¨¹ismo hai unha reacci¨®n l¨®xica en contra.
M. F. Nos modelos de inmersi¨®n que procuran un mellor biling¨¹ismo que os de non inmersi¨®n, por exemplo no Quebec, emp¨¦zase cun ensino completo en franc¨¦s e logo introd¨²cese o ingl¨¦s e as¨ª ano tras ano at¨¦ chegar ao 50%. Os modelos de inmersi¨®n propostos como ferramentas para o biling¨¹ismo non te?en nada que ver cos modelos para constru¨ªr a naci¨®n.
H. M. Este pa¨ªs debe pensar seriamente se quere manter esta lingua. Queremos manter a lingua nunha funci¨®ns normais? Pois ent¨®n a cousa vai por a¨ª. Non houbo esta reflexi¨®n, nin sobre o custo, nin sobre as f¨®rmulas. Se o pa¨ªs quere manter a lingua e dem¨®strase que ¨¦ suficiente o 50%, adiante. Pero son cuesti¨®ns instrumentais, porque a cuesti¨®n de fondo ¨¦ ?queremos manter o galego?
M. F. Nada que obxectar, s¨® que a inmersi¨®n non ¨¦ o ¨²nico que funciona. A inmersi¨®n ¨¢ catal¨¢, para toda a poboaci¨®n, non funciona porque a xente non a quere. Ben, non a quere xente poderosa. E deber¨ªa haber cambios lexislativos.
P. Defenden que "a plenifuncionalidade do galego ¨¦ impos¨ªbel".
H. M. Hai a idea a primeira vista acept¨¢bel pero en detalle falaz de que todas as linguas te?en a potencialidade para funcionar en todos os contextos e para expresar todas as ideas. Na realidade todas as linguas son desigualmente capaces. ? imprescind¨ªbel para o galego que poidas estudar enxe?er¨ªa aeron¨¢utica en galego? ? dubidoso. Sospeito que ningu¨¦n estuda aeron¨¢utica en portugu¨¦s ou en italiano. ? problema de escala. As linguas menores de Europa central e oriental te?en funci¨®ns cubertas e xa est¨¢.
M. F. A garant¨ªa de supervivencia dos dialectos alem¨¢nicos de Su¨ªza foi o valor dom¨¦stico. Abandonar esta dimensi¨®n, que te?an que competir na ciencia con linguas con m¨¢is capacidades... O tagalo ten 40 mill¨®ns de falantes nativos e 200 como lingua de comunicaci¨®n, e non pinta nada na ciencia.
H. M. A cuesti¨®n tampouco ¨¦ exactamente de n¨²mero, ¨¦ de contextos. Pero se te perdes esforz¨¢ndote porque o galego se use na aeron¨¢utica, igual perdes un terreo decisivo.
M. F. A taberna, por exemplo. Non podes cambiar a taberna pola revista de F¨ªsica. Xa non hai revistas de F¨ªsica nin en espa?ol.
H. M. A idea da plenifuncionalidade est¨¢ ligada ¨¢ idea da lingua nacional que cobre todo o territorio e todo o espazo comunicativo. Iso foi unha novidade hist¨®rica, moi extraordinaria. O m¨¢is corrente ¨¦ que haxa distribuci¨®n de funci¨®ns.
M. F. Hai que dar coas claves de entornos multiling¨¹¨ªsticos persistentes como Filipinas, onde ningunha lingua est¨¢ en perigo e mesmo te?en m¨¢is falantes que hai 50 anos.
P. Ref¨ªrense a asumir a diglosia para o caso galego?
M. F. A palabra que foi demonizada e moi mal entendida.
H. M. Utilizouse para definir situaci¨®ns de dominaci¨®n ling¨¹¨ªstica, cando se refire a situaci¨®ns nas que existen diferentes linguas para diferentes funci¨®ns, sen connotaci¨®ns.
M. F. Foron pouco afortunadas as formulaci¨®ns de Fergusson en termos de alto e baixo. Os ¨¢mbitos informais son moito m¨¢is importantes que os ¨¢mbitos formais na vida da xente. Unha lingua non pode sobrevivir s¨® nos ¨¢mbitos formais. As funci¨®ns chamadas altas deber¨ªan ser a fala distendida, contar os chistes, falar na casa.
P. O horizonte do biling¨¹ismo do que falan non ser¨¢ pos¨ªbel se o galego pasa ¨¢ marxinalidade. Como reverter a diminuci¨®n de falantes?
M. F. Fuxir da grandeza. O importante non ¨¦ estar en Bruxelas, non nos relacionamos diariamente coa UE; non obsesionarse coa universidade, que vai funcionar en ingl¨¦s en pouco tempo. Hai que insistir nos valores identitarios. Se deixamos de falar o galego, a nosa identidade vai ser distinta. Tam¨¦n nos aspectos funcionais: os nenos te?en que saber galego e ¨¦ obriga do Estado que o saiban, porque a¨ªnda hai m¨¢is dun 50% de xente que o fala e con dereito a usalo, que queda en nada se a outra metade non pode responder positivamente a ese dereito. O galego ten utilidade. Para Bruxelas? Non, ten utilidade para aqu¨ª.
P. Que o galego acceda a ¨¢mbitos como a universidade ou o Parlamento europeo serve para lexitimar unha lingua desprezada.
H. M. Hai pol¨ªticas de reco?ecemento que est¨¢n ben como reforzo. Pero ¨¦ unha cuesti¨®n de prioridades e unha prioridade ¨¦ que o galego funcione na sociedade galega. E iso implica a atenci¨®n, sobre todo, ¨¢s novas xeraci¨®ns.
M. F. Hai que traballar moito o entorno cultural, e non me refiro ¨¢ alta cultura: contos, televisi¨®n, m¨²sica, a tradici¨®n... Os nenos te?en que saber os versos de Rosal¨ªa, pero sen enterarse como os aprenderon. Todas esas cousas son as que crean unha relaci¨®n afectiva coa lingua. A clase de matem¨¢ticas, non.

Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.