As voces das mulleres libres atravesan os s¨¦culos
A brasileira Socorro Lira interpreta as cantigas de amigo galego-portuguesas
Hab¨ªa tempo que ¨¢ compositora e cantante brasileira Socorro Lira (Para¨ªba, 1974) a atra¨ªa a idea de investigar alg¨²n aspecto da m¨²sica portuguesa, levada pola admiraci¨®n por Am¨¢lia Rodrigues e polo desexo de afondar na riqueza musical lusa. Unha amiga, neta dunha galega, foi quen lle suxeriu fixarse nas cantigas de amigo galego-portuguesas e de ter en conta a interpretaci¨®n dunha profesora holandesa, Ria Lemaire, quen sosti?a a autor¨ªa feminina daquelas composici¨®ns medievais fronte ¨¢ corrente academicista que defendeu a intervenci¨®n dun poeta culto e masculino sobre os cantos populares das mulleres.
"A posibilidade de estudar aquelas voces de mulleres expresadas con tanta liberdade atizoume", lembra Lira, que acha coincidencias cos cantos ancestrais de mulleres da s¨²a rexi¨®n no nordeste do Brasil. "As mulleres sempre cantaron, foron as presi¨®ns do patriarcado e dos seus poderes as que lles impuxeron o silencio; sen¨®n, na mi?a terra, esa li?a do tempo correr¨ªa ininterrompida at¨¦ hoxe".
Lira asume as teses segundo as que os poemas foron escritos por mulleres
"Ux¨ªa abriume a s¨²a perspectiva atl¨¢ntica", afirma a cantora brasileira
Estamos en 2005 e a viaxe musical acababa de comezar. A¨ªnda en Brasil, asistiu a un congreso de estudos galegos e entablou contacto coa profesora da Universidade de Vigo Cami?o Noia, despois trasladouse ¨¢ Universidade de Poitiers, onde imparte aulas Lemaire como profesora titular de literatura portuguesa e brasileira e especialista en estudos de x¨¦nero, para consultar a s¨²a tese de doutoramento e co?ecela persoalmente. Galicia foi axi?a o seu seguinte paso, por convici¨®n persoal e tam¨¦n pola insistencia de Lemaire. ? rede que estaba tecendo Lira paseni?o incorpor¨¢ronse Gonzalo Navaza, escritor e fil¨®logo, e a cantante Ux¨ªa Senlle, ardua exploradora dos territorios compartidos da lusofon¨ªa. "Ux¨ªa abriume ¨¢ s¨²a perspectiva atl¨¢ntica, o seu xeito de entender que formamos parte dun mesmo herdo cultural a trav¨¦s da lingua".
A suma daqueles encontros decisivos cristalizou nunha visita que terminou por encaixar as pezas. "Cando conseguimos os permisos para visitar a Illa de San Sim¨®n levei unha grande sorpresa. Eu ¨ªa coa idea rom¨¢ntica da menina do s¨¦culo XII entoando os seus cantares e desacougoume a historia recente do arquip¨¦lago. Ent¨®n, Cami?o Noia f¨ªxome ver que as cantigas reflicten esa contrariedade amor/morte, a vida mesma, e recuperei a fascinaci¨®n polo lugar que est¨¢ conectado co amor, a morte e a vida", reflexiona.
Desde ese intre, a artista brasileira iniciou outro proceso, o de musicar as cantigas e adaptar as s¨²as letras ¨¢ sonoridade brasileira contempor¨¢nea, mais permit¨ªndose certas reminiscencias da s¨²a orixe medieval. "Ese herdo musical tam¨¦n foi preservado no Brasil, ben por procesos de colonizaci¨®n, ben levado polos emigrantes m¨¢is tarde, as¨ª que eu como compositora tam¨¦n o te?o de meu; o que procurei en Galicia foi percibir o que aqu¨ª quedaba desa tradici¨®n". O resultado ¨¦ o libro-disco Cores do Atl¨¢ntico (Pai M¨²sica, 2010), un coidado traballo de edici¨®n promovido pola Asociaci¨®n Ponte... nas ondas! e apoiado por Agadic e o Ministerio de Cultura portugu¨¦s.
O volume conta coas ilustraci¨®ns do artista lucense Quique Bordell, que acompa?an as 15 cantiga con cadans¨²as letras e ficha art¨ªstica, porque a n¨®mina de colaboradores ¨¦ lustrosa: as galegas Ux¨ªa Senlle e Leil¨ªa, a guineana Eneida Marta, os portugueses Jo?o Afonso e Teresa Paiva, e as brasileiras Cida Moreira e Margareth Menezes e as voces tradicionais das Cirandeiras de Caiana de Crioulos, ademais do seu compatriota Jorge Ribbas na direci¨®n musical. A investigaci¨®n pl¨¢stica de Bordell e a musical de Lira e Ribbas ten outro p¨¦: a tese de Lemaire, quen debullou para esta edici¨®n os puntos fundamentais do seu traballo verbo da autor¨ªa feminina das cantigas.
A pegada dos ritos precristi¨¢ns nos que as mulleres desenvolv¨ªan funci¨®ns de relevancia e gozaban dunha liberdade de movementos coutada despois pola relixiosidade oficial, que reorganizou a vida sexual, procurou, en opini¨®n de Lemaire, a mudanza tam¨¦n daquelas expresi¨®ns l¨ªricas libres e deveu noutra poes¨ªa amorosa que converteu a muller en obxecto de desexo inalcanz¨¢bel e o amor en sufrimento. "A arte foi sempre expresi¨®n da vida", concl¨²e Lira.

Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.