"A forza do libro galego ser¨¢ a dos lectores"
? un entusiasta das tecnolox¨ªas da comunicaci¨®n que conserva todos os seus cadernos de anotaci¨®ns de papel, e tam¨¦n unha desas persoas que ve na crise unha oportunidade. Desde o pasado xullo, o director de Edici¨®ns Xerais, Manuel Bragado (Vigo, 1959), ¨¦ o presidente da Asociaci¨®n Galega de Editores (AGE), cargo ao que accedeu tras unha elecci¨®n un¨¢nime. Coa mente na Lei do Libro, a implantaci¨®n da era dixital e a internacionalizaci¨®n, o voceiro do gremio editorial ten previsto desenvolver unha rolda de contactos institucionais para transmitir a diferentes estamentos da Administraci¨®n as inquedanzas dun sector sometido ¨¢s pancadas da crise e inmerso na s¨²a propia metamorfose.
Pregunta. A fotograf¨ªa ¨¦ unha suma de retrasos no pagamento das adquisici¨®ns de libros para as bibliotecas, reduci¨®n das subvenci¨®ns de Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica a¨ªnda est¨¢n pendentes de resoluci¨®n, menos materias no ensino en galego ao abeiro do decreto do pluriling¨¹¨ªsmo e unha diminuci¨®n nas vendas estimada entre o 10 e o 15% reflectida na ca¨ªda das tiraxes ao redor do 20%. A crise ¨¦ s¨® econ¨®mica?
"A crise do libro ¨¦ moito m¨¢is que a econ¨®mica: estamos en tr¨¢nsito"
"Xa apenas existe a edici¨®n de autor baseada na librar¨ªa de fondo"
"O consenso sobre a lingua est¨¢ roto e iso est¨¢ no cerne de moitas dificultades"
"Hai un silencio escandaloso dos pol¨ªticos sobre unha xeraci¨®n perdida"
Resposta. Alg¨²ns factores son conxunturais e conf¨ªo en que se solucionen de forma inmediata, como a adxudicaci¨®n dos contratos para a compra bibliotecaria de novidades editoriais. Sendo unha cuesti¨®n t¨¦cnica, non impide o desacougo dos socios porque as novidades deber¨ªan chegar o antes pos¨ªbel a ese foco de promoci¨®n que son as bibliotecas. Mais a crise ¨¦ moito m¨¢is que econ¨®mica. A edici¨®n est¨¢ en tr¨¢nsito do anal¨®xico ao dixital. Estamos a vivilo coa mesma incerteza que un editor bret¨®n, alem¨¢n, madrile?o ou catal¨¢n. Coexistir¨¢n os soportes impresos e os electr¨®nicos.
P. Hai outros factores...
R. Que te?en que ver cunha crise, m¨¢is espa?ola, do modelo de edici¨®n cultural baseado na edici¨®n de autor e na librer¨ªa de fondo, que xa apenas existen e que herdamos da cultura francesa tras a Segunda Guerra Mundial. Temos que nos decatar de que aumentaron os ¨ªndices de lectura, de que non se editan x¨¦neros e nin sequera libros, sen¨®n t¨ªtulos de venda masiva con apoio cinematogr¨¢fico. Iso cambia o xeito de editar. E mesmo no mercado galego tam¨¦n aparecen eses ¨¦xitos, da man dalgunha saga policiaca ou d'A coci?a de Larpeiros
[editado por Galaxia en 2009, anda pola s¨²a 9? edici¨®n].
P. A mudanza ¨¦ positiva?
R. Non valoro o fen¨®meno nin positiva nin negativamente, s¨® constato que algo est¨¢ cambiando na historia do libro galego despois de m¨¢is 150 anos e coido que haber¨¢ libros que se deixar¨¢n de editar. Por riba, tam¨¦n est¨¢ en crise o prestixio social do noso idioma; para sermos m¨¢is precisos, unha crise do modelo que foi consensuado no per¨ªodo da autonom¨ªa e que estabelec¨ªa unha acci¨®n positiva para a lingua galega nos diversos eidos da vida social, educativa, institucional... Hab¨ªa un acordo que ningu¨¦n ousaba po?er en cuesti¨®n sobre a defensa da lingua, da cultura ou da industria editorial propia porque era unha tarefa de pa¨ªs ¨¢ que contribuiamos desde todos os sectores. Iso est¨¢ no cerne de moitas das dificultades actuais.
P. A ruptura do consenso ten arranxo?
R. Creo a¨ªnda que ¨¦ pos¨ªbel restauralo desde o ¨²ltimo punto onde estivemos todos xuntos, parafrasando ¨¢ Real Academia Galega. Tam¨¦n teremos que ver cales ser¨¢n os efectos da fusi¨®n das caixas nas industrias culturais galegas. Al¨¦n da conveniencia de contarmos cun instrumento financeiro semip¨²blico, a fusi¨®n vai supo?er unha merma importante dos fondos da obra social e cultural das caixas na medida en que o propio regulamento do FROB estabelece que parte deses cartos ser¨¢n para pagar intereses.
P. Da¨ª ese chamamento, entoado desde a AGE, ¨¢ corresponsabilidade da sociedade de lectores polo futuro do libro galego.
R. Cando, en 1989, V¨ªctor Freixanes se fixo cargo de Edici¨®ns Xerais dixo confiar na forza dos lectores. Ese lema, nacido nun intre importante para a empresa, est¨¢ hoxe m¨¢is vixente que nunca. A forza do libro galego ser¨¢ tam¨¦n a forza que os seus lectores queiran imprimirlle, por iso deber¨¢n ser o m¨¢is numerosos, entusiastas e xeracionalmente diversos pos¨ªbel. Por suposto, contando co apoio das administraci¨®ns.
P. De que maneira deben contribuir as administraci¨®ns?
R. A lectura ten que formar parte da axenda pol¨ªtica porque ¨¦ expresi¨®n de civilidade e un comportamente que favorece o benestar de todos. Creo que todas as administraci¨®ns e instituci¨®ns, principalmente a Xunta pero non unicamente, deber¨ªan fomentala e promovela, mesmo as empresas privadas, como acontece noutros pa¨ªses. Sobre todo, pensando no futuro, xa que a utilizaci¨®n dos medios electr¨®nicos require de lectores m¨¢is cr¨ªticos e mellor formados, capaces de xerarquizar a informaci¨®n.
P. Os cidad¨¢ns deben reaxir fronte a certo desleixo pol¨ªtico?
R. O que vaia suceder co futuro da lingua e da cultura galegas, polos medios que sexan, s¨® vai depender de n¨®s: co que fagamos como consumidores de produtos culturais, polas opci¨®ns que adoptemos nas nosas opini¨®ns e no noso comportamento ling¨¹¨ªstico ou co noso dereito lex¨ªtimo a expresarnos politicamente cando somos requeridos. Por importantes que sexan as acci¨®ns pol¨ªticas. Como estamos a comprobar no congreso, que se est¨¢ a celebrar estes d¨ªas en Compostela, do IBBY, os premios Andersen son sufragados por unha empresa privada coreana. Ademais de crear emprego no cl¨²ster do autom¨®bil, Citr?en poder¨ªa colaborar no fomento da lectura, ou o grupo de empresas de Amancio Ortega... A pol¨ªtica ¨¦ importante, pero a mobilizaci¨®n social, a insubmisi¨®n lectora, ¨¦ decisiva.
P. O curso escolar comeza con menos materias impartidas en galego, o que significa menos libros publicados nese idioma.
R. Despois de tantos esforzos, ¨¦ triste que xa non editemos libros de texto de matem¨¢ticas ou de f¨ªsica en galego. Na facturaci¨®n vaise notar o curso que v¨¦n e os seguintes, porque este ano, segundo o modelo de gratuidade do bipartito, co que por certo non coincidiamos, tampouco os iamos vender. Con seguridade non os ofertaremos os vindeiros, polo que esas perspectivas se reduciron. As leis est¨¢n para ser cumpridas, mais preoc¨²pame o celo co que a conseller¨ªa observa o cumprimento do decreto do pluriling¨¹ismo en contraste co escaso interese por consumar outros marcos lexislativos educativos ideados durante 16 anos [de Manuel Fraga]. Hai menos entusiasmo para dar a co?ecer as medidas do Goberno en contra do fracaso escolar, para aumentar os ¨ªndices de competencia lectora ou para evitar que 300 investigadores das universidades galegas non perdan os seus postos de traballo o ano que v¨¦n e te?an que emigrar. O espeso silencio dos pol¨ªticos sobre esta xeraci¨®n perdida par¨¦ceme un dos esc¨¢ndalos m¨¢is grandes do noso tempo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.