Por fin 'S¨®s'
O novo de Mercedes Pe¨®n mestura viaxes e retallos antropol¨®xicos - "Preg¨²ntanme se ¨¦ doado sa¨ªr do local cara ao internacional, pero ¨¦ que eu estou no centro de todo"
? dif¨ªcil fuxir dos t¨®picos cando se fala de Mercedes Pe¨®n. Porque ¨¦, efectivamente, unha das nosas artistas m¨¢is internacionais. E conseguiuno mesturando tradici¨®n e vangarda. Foi nomeada mellor artista do ano polo magazine Folkworld e top ten nas listas doutra revista brit¨¢nica, Songline, cando na s¨²a web, un tanto semiclandestina, fala dos seus av¨®s e non das s¨²as influenzas. E participou en m¨¢is de 300 festivais en 30 pa¨ªses, malia a editar discos cada tres ou catro anos.
Precipit¨¢ndose xa no manido, a s¨²a voz xunta os rexistros m¨¢is ¨ªntimos e suxestivos cunha potencia que, como dic¨ªan cando a escolleron entre as dez mellores artistas de 1997 a 2007 (con Carlos N¨²?ez e Berrog¨¹etto) da Europa que eles consideran mediterr¨¢nea, "¨¦ capaz de competir coa forza da gaita, e ga?arlle". Despois do deb¨² Isu¨¦ (2000), de Ajr¨² (2003) e de Sih¨¢ (2007), o 22 de novembro sair¨¢ a luz un novo ¨¢lbum, S¨®s. Antes, o 29 deste mes, seleccionada entre 800 propostas de todo o mundo, actuar¨¢ na secci¨®n oficial do Womex de Copenhague, o certame m¨¢is importante de world music. Estes d¨ªas ocupa o tempo, coa axuda do escultor Suso Basterrechea e do fot¨®grafo Ovidio Aldegunde, en preparar a escenograf¨ªa da nova xira. "Tentar crear o ambiente necesario para expresarme totalmente soa, sen atrancos".
"Antepo?o a emoci¨®n ¨¢ perfecci¨®n, e nunca estiven tan emocionada"
"A cultura normalizada ¨¦ cando te podes realizar con ela en todo"
Sen romper a cabeza, S¨®s pod¨ªase definir como un calidoscopio de sons, pero ¨¦ algo m¨¢is complexo. ? como o mar, que baixo a mobilidade das ondas agocha unha estrutura de capas e estratos de auga. "Est¨¢ baseado en viaxes a S?o Paulo ou Marrocos, experiencias no festival de teatro Radicals Lliure de Barcelona e sentimentos fondos na mi?a terra. O f¨ªo condutor parte do electroac¨²stico, tratando os sons, a un tempo presentes ao redor dunha obra, formando parte dela con todo o espazo que ocupan. Na cuesti¨®n da tem¨¢tica acontece o mesmo. Comezo pola forza e a intuici¨®n, contin¨²o co poder, deixo espazo para as palabras dos demais sen direcci¨®n, para que a xente se exprese como queira. Desemboca en desaparecer, nacer, emocionarse, anoxarse", def¨ªneo a s¨²a autora.
As experiencias e os ru¨ªdos evid¨¦ncianse en S¨®s. Empezando pola polisemia do t¨ªtulo, que atinxe ¨¢ soidade, ¨¢ petici¨®n de socorro en c¨®digo morse e mesmo ao xeito arxentino e uruguaio de dicir "sodes" e "es", pero en realidade "o t¨ªtulo ¨¦ o son do morse, tres pitidos curtos, tres longos e tres curtos". No primeiro tema, Elas? conta c¨®mo mercou unha pandeira en Rabat e, cando se puxo a tocala, os que escoitaban bat¨ªan as mans, os p¨¦s e bailaban. "S¨ªntome como de aqu¨ª. Son galega, son b¨¦rber, son ¨¢rabe marroqu¨ª. Son cousa rara, son", di o retrouso. S?o Paulo est¨¢ entrefebrado de sons que a compositora ¨ªa gravando polas r¨²as, mesmo un "pr¨®xima esta?ao... Esperanza" composto a medias pola megafon¨ªa do metro paulista e a expresi¨®n que dixo unha compa?eira para completar o t¨ªtulo do ¨¢lbum de Manu Chao. "Ou o bruar dos helic¨®pteros, omnipresentes en S?o Paulo".
Hai tam¨¦n trazas da s¨²a faceta m¨¢is antropol¨®xica en Falar mellor, que comeza como un batoallo de canci¨®ns populares. E, pola contra, pezas instrumentais como Ciumes (baseada na banda sonora da longa de Margarita Ledo Liste, pronunciado Lister), di¨¢logo sinuoso de ventos. No seu conxunto, S¨®s levoulle dous anos e medio compo?elo e gravalo na s¨²a casa, tocando ela todos os instrumentos. Nacho Mu?oz incl¨²e nalg¨²ns temas os teclados, Fernando Abreu o clarinete, Manuel Cebri¨¢n a guitarra e Fernando Mart¨ªnez o acorde¨®n, pero son instrumentos que tam¨¦n toca Pe¨®n. Mesturouno Jos¨¦ Puga, pero tam¨¦n o produciu ela. "Creo a m¨²sica producindo. Non hai un estudo de gravaci¨®n nin amigos que boten unha man. Traballo moito en base ¨¢ edici¨®n dos sons e baixo un concepto: antepo?er a emoci¨®n ¨¢ perfecci¨®n. E nunca tan emocionada estiven".
Nin o novo disco (que sair¨¢ nunha caixa met¨¢lica serigrafiada, en edici¨®n limitada a 5.000 exemplares, cunha distribuci¨®n internacional) nin as xiras afastan a Mercedes Pe¨®n do labor como recompiladora da m¨²sica popular que comezou a facer aos 13 anos. "F¨¢goo moito menos do que me gustar¨ªa. Hai unha xente urbanita que est¨¢ a facer un labor incrible, formando parte da fonte, provocando festas (fiadas), e sobre todo disfrutando de algo ¨²nico que non se vai repetir, do que a xente do noso redor carece... Toda Europa deber¨ªa de po?erse en p¨¦ para non deixar que desaparecera. Esa liberdade coa que se vive en calquera cultura ancestral, iso t¨¦molo n¨®s".
Quiz¨¢ por iso, a int¨¦rprete da banda sonora de Mareas vivas ve diferenzas na percepci¨®n da s¨²a m¨²sica. "En Galicia s¨ªntome comprendida, agasallada, seguida. Se eu evoluciono, o p¨²blico segue querendo compartir e emocionarse comigo a¨ªnda que non estea sendo doada ou amable, musicalmente falando. Son de aqu¨ª e levo o de todos n¨®s na mi?a creatividade. No resto do mundo transcende o m¨¢is fondo, a sorpresa musical. Se xa falamos de festivais, son a persoa apropiada para po?er o p¨²blico en pe".
Mercedes Pe¨®n, amais de int¨¦rprete e compositora, ¨¦ unha empresa. Unha empresa que nunca pide subvenci¨®ns. "? un tema moi complexo. Cando saquei o primeiro disco ped¨ªn un cr¨¦dito para pagar estudos de gravaci¨®n, m¨²sicos, etc¨¦tera. Busquei selo discogr¨¢fico para venderlle o CD, e formei unha banda ¨¢ que lle ti?a que pagar a¨ªnda que a min non me pagaran en tres meses. As viaxes ao estranxeiro te?en que ser rendibles de seu, se hai axudas benvidas sexan, pero o meu traballo non pode depender da subvenci¨®n. Outra cousa moi distinta ¨¦ a creaci¨®n e o rexime fiscal ao que estamos sometidos. Se te?o que parar dous anos para crear unha obra, de que vivo?".
Iso non quere dicir que lle aforre ¨¢s Administraci¨®ns o deber da difusi¨®n cultural. "Hai que pensar que a cultura ¨¦ un ben com¨²n. Se se peneira a sociedade coa subvenci¨®n ou se est¨¢n creando produtos artificiais. Se ao mellor haber¨ªa que ter comisi¨®ns con par¨¢metros moi distintos para cada cuesti¨®n. A cultura ¨¦ tan ampla que deber¨ªa ser pensada m¨¢is a longo prazo, e valorar onde hai que incidir para crear espazos autosostibles nun futuro". Na m¨²sica galega hoxe, di, "existe creatividade, e hai moita m¨¢is formaci¨®n". "Movementos concretos con tendencias semellantes que fan escola e seguidores".
E non est¨¢ a m¨²sica m¨¢is normalizada ca outras facetas da cultura? "? cuesti¨®n de actitude. Nunha entrevista en Madrid, pregunt¨¢ronme se v¨ªa doado sa¨ªr do local cara o internacional. Respond¨ªn que eu estou no centro de todo, non me sinto na periferia. Outra cousa ¨¦ como pretenden ordenar o mundo. Para que a cultura galega estea normalizada haber¨ªa que poder realizarse en todos os ¨¢mbitos con ela e non ¨¦ as¨ª".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.