Feix¨®o e Sarmiento, dous compa?eiros ilustrados
A gran inimiga da Ilustraci¨®n en Espa?a foi a Igrexa. Ap¨®s o concilio de Trento, a Inquisici¨®n perseguiu sen tregua todo tipo de disidencias do integrismo cat¨®lico. Mais a vida ¨¦ como a auga e busca sempre o seu cami?o. As luces da Ilustraci¨®n foron entrando de vagari?o e foron precisamente dous cregos quen puxeron as bases do pensamento moderno, cr¨ªtico, na Espa?a. O curioso ¨¦ que ambos os dous proced¨ªan da mesma terra, aquel Reino da Galiza que na corte era considerado como un lugar de escuridade e superstici¨®n. Benito Jer¨®nimo Feix¨®o e Montenegro e mais Pedro Joseph Garc¨ªa de Balboa, que logo tomar¨ªa o nome de Mart¨ªn e o segundo apelido da nai, Sarmiento, fixeron un xeitoso t¨¢ndem.
Dous cregos puxeron as bases do pensamento moderno en Espa?a
Feix¨®o foi un home influ¨ªdo polos librepensadores franceses
Sarmiento traballou na cela, ag¨¢s cando saiu para defender ao seu mestre Feix¨®o
A educaci¨®n en castel¨¢n para os nenos galegos ¨¦ errada, conclu¨ªu
Feix¨®o, nacido en 1676 no pazo de Casdemiro (Melias, Ourense), estudou no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil e ingresou na orde bieita en Samos. Estudou teolox¨ªa e ga?ou a c¨¢tedra na Universidade de Oviedo, onde transcorreu o maior parte da s¨²a vida. Foi un intelectual de pensamento libre que recib¨ªa informaci¨®n do novo pensamento ilustrado que estaba a nacer na Francia. Autor dunha obra, o Theatro Cr¨ªtico Universal, sobre temas moi diversos nos que defende o racionalismo para analizar a historia, a sociedade e o medio natural. A s¨²a obra influiu no seu tempo e por iso, a¨ªnda que somet¨ªa ¨¢s s¨²as an¨¢lises ¨¢ disciplina da Igrexa e malia contar coa protecci¨®n do propio rei Borb¨®n Fernando VI, foi moi atacada por elementos reaccionarios.
O seu m¨¢is coraxoso defensor foi outro frade paisano, Sarmiento, nacido en 1695 en Vilafranca do Bierzo dun casal galego que aos poucos meses se trasladou a Pontevedra, perto da casa da li?axe paterna. Con 14 anos entra novicio no convento da orde bieita en Pontevedra e desde a¨ª trasl¨¢dase ao de San Mart¨ªn en Madrid. Estuda e imparte aulas por Salamanca, Le¨®n e Asturias. Al¨ª, no convento de San Vicente co?ece a Feix¨®o, 19 anos maior e ent¨®n abade do convento. Feix¨®o por aquela xa estaba na empresa de difundir as novas ideas e encontra un disc¨ªpulo entregado e capaz. Sarmiento foi, primeiro, o axudante necesario que lle forneceu libros e documentos que precisaba en Oviedo Feix¨®o para a s¨²a obra e que el pod¨ªa encontrar en Madrid na biblioteca do seu convento e nos libreiros madrile?os. E, despois, foi o seu gran defensor p¨²blico cando apareceron os ataques contra este. Mestre e disc¨ªpulo, a admiraci¨®n foi mutua. Dic¨ªa o abade da orde benedictina do xove frade: "Ten a mi?a orde un suxeito que, na idade de trinta e cinco anos, ¨¦ un milagre de erudici¨®n en todo x¨¦nero de letras divinas e humanas. [...] ? suxeito tan admir¨¢bel que s¨® peca de modestia moi esaxerada ou moi delicada. ? tan inimigo de que o aplaudan que refuga que o co?ezan".
Sarmiento pon o seu talento e co?ecementos ao servizo da empresa en marcha. "[...] Quiso el ilustr¨ªsimo Feij¨®o que yo corrigiese sus tomos. Correg¨ª todos sus tomos hasta la muerte [...]". Tam¨¦n aprende de Feix¨®o e das s¨²as teimas. Unha delas ¨¦ o interese deste polas linguas e os prexu¨ªzos que acompa?an a cada unha, tras analizalo filoloxicamente concl¨²e: "[...] Juzgo, contra el com¨²n dictamen, que todas las lenguas son iguales [...]". Inter¨¦sase en concreto polas linguas peninsulares e reflexiona sobre o galego, consider¨¢oo indistinto do portugu¨¦s "por ser poqu¨ªsimas las voces en que discrepan y la pronunciaci¨®n de las letras en todo semejante; y as¨ª se entienden perfectamente los individuos de ambas naciones [...]".
Sarmiento continuar¨¢ ese interese no galego e concluir¨¢ que a educaci¨®n en castel¨¢n vixente na Galiza ¨¦ errada. Debera ser na lingua do pa¨ªs, desde o galego serialles m¨¢is f¨¢cil aos alumnos o aprender o lat¨ªn e as demais linguas. Sen d¨²bida estar¨ªa a lembrar a propia experiencia, a do meni?o obrigado, el e os seus compa?eiros, a estudar nunha lingua allea primeiro na escola e despois no convento. E poida que ese punto de vista do rapaz, o do alumno, fose o que conservou toda a s¨²a vida. Un disc¨ªpulo intelixent¨ªsimo, agudo e burl¨®n, que prefire ficar agachado tras o mestre na vez de crecer e afrontar os conflictos da vida no mundo adulto.
Sarmiento traballou apartado na s¨²a cela conventual, ag¨¢s cando saiu ao p¨²blico para defender ao seu mestre e amigo. Vendo o que desencadenou a publicaci¨®n da obra de Feix¨®o declarouse "escarmentado en cabeza allea", e en adiante proseguiu o seu traballo intelectual mais sen publicar cousa. De seguro que tam¨¦n desconfiar¨ªa do seu propio car¨¢cter, pois sab¨ªase de natural ir¨®nico e a¨ªnda sarc¨¢stico e belixerante. Publicou a defensa do seu mestre a Demonstraci¨®n cr¨ªtico-apolog¨¦tica do Theatro Cr¨ªtico Universal, e para criticar os argumentos contrarios "hice apuntes para ridiculizarlos e impugnarlos". L¨®xicamente, tam¨¦n el recibiu en resposta os correspondentes ataques, cousa que o incomodou.
O caracter¨ªstico da s¨²a figura ¨¦ que, por unha suma de motivos, pasou a vida fundamentalmente na s¨²a cela rodeado de libros. Analizou e a cr¨ªticou as ideas equivocadas e escribiu correcci¨®ns sen facelas p¨²blicas. Debeu vivir nunha tensi¨®n interna tremenda, sabendo que ti?a cousas que dicir, escrib¨ªndoas, e deix¨¢ndoas estar sen dar ao prelo. "He escrito este papel, no para soltarle de la mano y abandonarle a la imprenta, y exponerle al capricho, ya del vulgo idiota, ya del vulgo literario: sino para que uno u otro amigo le lea en mi celda [...]". Que escribise unicamente para si, esa anomal¨ªa infrecuente, explica que non argumentase con fundamento todas as s¨²as consideraci¨®ns, deulle tam¨¦n unha gran liberdade de expresi¨®n. Vai co seu estilo a liberdade cr¨ªtica e a soltura coloquial: "Yo soy incapaz de tornear per¨ªodos. Pienso, hablo y escribo natural y sencillamente"; critica a aqueles que "ponen el primor del estilo en adular a las orejas de los idiotas".
Deita a s¨²a atenci¨®n e estudo a todo tipo de asuntos, da bot¨¢nica ¨¢s ciencias naturais, da matem¨¢tica ¨¢ agricultura ¨¢s an¨¢lises ling¨¹¨ªsticas. A¨ªnda que fai unha vida retirada das luces p¨²blicas relaci¨®nase en Madrid cos ambientes ilustrados e preoc¨²pase por promover e ordenar as bibliotecas, os libros son o seu mundo enteiro. Entre as s¨²as preocupaci¨®ns sobrancea un asunto que debeu de ser a cada vez m¨¢is obsesivo: a lingua galega. E faino en dous planos, desde a s¨²a experiencia persoal e tam¨¦n desde os descubrimentos entre os libros, bibli¨®filo ¨¢ fin. Sit¨²a o galego na s¨²a dial¨¦ctica co castel¨¢n e tam¨¦n co portugu¨¦s, estuda a lingua falada nas tres viaxes que fixo a Galiza e escribe Cat¨¢logo de voces y frases de la lengua gallega, Coloquio en coplas gallegas, o Coloquio de vintecatro galegos r¨²sticos... Al¨¦n dos estudos filol¨®xicos sobre a lingua falada, encontra un tesouro enterrado, oculto e esquecido: a evidencia hist¨®rica de que o galego fora escrito non s¨® en Portugal sen¨®n tam¨¦n nos reinos do noroeste peninsular. Que fora unha lingua literaria. Foi cando tropezou coas Cantigas de Santa Mar¨ªa. Se tivese publicado no seu d¨ªa o froito dos seus traballos sobre Galiza e a s¨²a lingua e cultura ter¨ªa sido unha base important¨ªsima para un renacer da cultura galega. Mais polas raz¨®ns que fosen non foi as¨ª.
O resto da s¨²a vida, at¨¦ 1772 pasouno cumprindo os encargos de todo tipo que lle chegaban da s¨²a orde e da nobreza reformista. Expresou nalg¨²n momento o seu desexo de retirarse a vivir na Galiza, mais rematou os seus d¨ªas onde trascorreu a s¨²a vida, nun convento a "enredar y revolver libros".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.