A pantasma da loita de clases
Intermitente, como un fantasma que nos persegue, o caso Risco ten o costume de aparecer cando a sociedade galega est¨¢ a vivir, ou sufrir, unha crise determinada: en 1963/64 foi a aparici¨®n de partidos nacionalistas que se reclamaban do marxismo; en 1994, cando o capitalismo globalizado proclamaba a fin da historia. Hoxe, cando a sociedade galega, e non s¨® a galega, est¨¢ mergullada nunha crise cuxo termo non se albisca e cuxos resultados non se poden profetizar. E volve cando o caso Risco se daba por fechado despois dos "textos fundamentais e brillantes, con diferentes calados e alcances, sobre o caso" (Sampedro). D¨¢ a impresi¨®n de que volve para lanzarnos no buraco negro do inmediato e convertir o pasado, como afirmaba Ricardo Forster, "nunha sorte de itinerario de fin de semana onde podemos contemplar desde a nosa absoluta distancia aquilo que xa non ten nada que ver connosco". Mais Risco ten que ver connosco? A resposta foi dada moitas veces, e recentemente nestas p¨¢xinas por Suso de Toro e Francisco Sampedro.
Albiscou na irrupci¨®n das masas subalternas unha disgregaci¨®n cultural e pol¨ªtica e f¨ªxose nacionalista
Mais o problema non ¨¦ que Vicente Risco, o Risco pensador e pol¨ªtico, volva, sen¨®n que o pensamento democr¨¢tico galego non saiba, dunha vez por todas, desfacerse del. Vicente Risco, ¨¦ sabido at¨¦ a saciedade, despois dunha xeira m¨¢is ou menos teos¨®fica e mais ou menos democr¨¢tica, int¨¦grase en 1917 nas Irmandades da Fala, x¨¦rmolo do nacionalismo moderno. Tam¨¦n se pode afirmar que ¨¦ o momento en que volve ao catolicismo m¨¢is integrista. As causas deste reviramento foron xa explicadas, entre elas est¨¢ o "impacto" que produciu non s¨® a I Guerra Mundial, sen¨®n, e sobre todo, a Revoluci¨®n Rusa e a toma de poder polos bolxeviques. M¨¢is preto a¨ªnda, a folga revolucionaria de 1917 en Espa?a. A integraci¨®n no nacionalismo e a volta ao catolicismo producen no ourens¨¢n unha idealizaci¨®n da natureza. Esta, como demostrou Lionel Gossman, significa a idealizaci¨®n da vida campesi?a e a mitificaci¨®n do pasado como procedementos para definir os perigos do presente ou a personalidade dos grupos sociais que se pretende marxinalizar (ou invisibilizar): no caso de Risco, o proletariado galego, non tan escu¨¢lido como pensaba. Non hai m¨¢is que reler os par¨¢grafos dedicados a este no seu libro m¨¢is "dem¨®crata" e menos "irracionalista": El problema pol¨ªtico de Galicia.
Mais o problema form¨²lase(nos) cando se debe explicar por que se integra no nacionalismo galego incipiente. Que levou a aquel que poucos anos antes negaba calquera viabilidade ¨¢ lingua galega a se afiliar a un movemento para o cal a defensa e promoci¨®n da lingua en todos os aspectos, privados e p¨²blicos, era primordial? Talvez, para explicalo, haber¨ªa que situarse f¨®ra do nacionalismo que adoita impregnar os textos explicativos da traxectoria risqui¨¢n. Situarse, como afirmaba Marcos P¨¦rez Pena en Contra o patriotismo (Non conciliados, 2010), nas batallas reais e decisivas onde "as loitas nacionais xogan, no mellor dos casos, un papel accesorio, cando non funcionan como elemento de desorientaci¨®n das forzas sociais". E o "elemento de desorientaci¨®n" neste caso ¨¦ pensar que o caso Risco -na vertente pol¨ªtica- pode ser explicado desde unha ideoloxia m¨¢is ou menos nacional ou nacionalista. O caso Risco, que para o que nos interesa comeza en 1917, p¨®dese explicar desde unha ferramenta tan vella como esquecida: a loita de clases.
Desde o momento da s¨²a entrada nas Irmandades -esquezamos o prezo que debeu pagar ao se instalar nunha instituci¨®n democr¨¢tica: ao artigo de Sampedro remit¨ªmonos-, Vicente Risco, o ide¨®logo e o pol¨ªtico, semella urdir un plano detallado do que deb¨ªa realizar: 1) definir unha cultura na que a relaci¨®n co pasado e a relaci¨®n coa tradici¨®n ser¨ªan vitais (nun primeiro momento esquece a relixi¨®n), as¨ª como a delimitaci¨®n precisa da pr¨¢ctica art¨ªstica, literaria e das ciencias sociais -de a¨ª, a esmagante presenza da etnograf¨ªa en N¨®s-; o que deb¨ªa conducir a 2) un afortalamento do pasado e da tradici¨®n como trazos do pobo galego, formado, maiormente, por d¨²as clases: o campesi?ado e os mari?eiros e, por tanto, marxinalizaci¨®n e invisibilizaci¨®n do proletariado e das capas medias democr¨¢ticas (de a¨ª o choque coa Irmandade da Coru?a, como demostraron Ernesto V¨¢zquez Sousa e Ant¨®n Capel¨¢n)
Con este afortalamento do pasado e da tradici¨®n, na esteira dun anticapitalismo agrario propio de clases medias desclasadas, o que intentou -el e alg¨²ns outros- coa s¨²a integraci¨®n no nacionalismo, non era puramente nin a construci¨®n dunha literatura nin a salvaci¨®n dunha lingua, sen¨®n resistir os efectos da disgregaci¨®n cultural e pol¨ªtica que albiscaron coa irrupci¨®n das masas subalternas. Risco non se revira nos anos trinta porque tema o triunfo do comunismo (esas fases do pensamento risqui¨¢n en ruptura consigo mesmo, f¨®ra da ruptura co teosofismo, son pura lenda; Capel¨¢n demostrouno moi ben): ese medo, ese temor nace en 1917, e ese temor levouno ¨¢ integrase no nacionalismo galego. E cando albisca que este ¨¦ accesorio na loita contra a subida das clases subalternas, aband¨®nao para continuar a defender as s¨²as posici¨®ns pol¨ªticas. O nacionalismo non fora para el, e para outros, simplemente m¨¢is ca unha barreira contra "a rebeli¨®n das masas".
Non, Risco non ¨¦, non pode ser un referente para un pensamento democr¨¢tico. Nin para un nacionalismo-revolucionario democr¨¢tico, e non repetirei as palabras de Sampedro. E non o pode ser porque o nacionalismo foi para el un instrumento para loitar contra a modernidade e, mesmo, contra a racionalidade burguesa democr¨¢tica. Igual que no seu d¨ªa fixeran os xesu¨ªtas educando as comunidades guaran¨ªs soamente no seu idioma.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.