O 'asunto Risco' e os nosos mestres
Coa serie Xente de aqu¨ª pretend¨ªn facer unha interpretaci¨®n do devir hist¨®rico da cultura galega. Non unha historia da cultura galega, pois iso precisar¨ªa dun tempo que non te?o e unha dedicaci¨®n que non lle podo dar (e pode que tampouco dispo?a da competencia e capacidade requiridas, por que non ha de ser as¨ª?), a dimensi¨®n da tarefa ti?a un l¨ªmite, acadou as 25 semblanzas e por iso faltan figuras necesarias e queridas. Simplemente pretend¨ªa ser unha serie de estampas que enfiasen o continuo da nosa existencia como cultura, unha visi¨®n de n¨®s desde n¨®s, nacional e non nacionalista. E desde logo que tanto a magra selecci¨®n de figuras como a interpretaci¨®n que fago delas ¨¦ subxectiva, discut¨ªbel. Non quixera pretender pasar por cient¨ªfico, madialeva, nun asunto absolutamente ideol¨®xico.
A xeraci¨®n do Seminario foi destru¨ªda, fusilada, exiliada
Como pretend¨ªn facer unha interpretaci¨®n persoal de cada personaxe, contaba con que nalg¨²n momento haber¨ªa discrepancias co retrato desta ou aquela figura. Non contaba co que desencadeou a estampa de Vicente Risco, a dimensi¨®n e a intensidade dos debates. Porque foron varios debates os que se foron tecendo nestas e noutras p¨¢xinas e f¨®ra delas. F¨ªxome ver que o asunto Risco atinx¨ªa a alg¨²ns temas de verdadeira importancia. Sorprendeume, a¨ªnda que non debera a estas alturas, a violencia verbal nalg¨²ns casos en que chegou ao franco insulto. Ben comprendo que discutir, como fixen nese caso, o lugar que lle corresponde a unha figura dentro dun imaxinario colectivo encerra certa violencia e afecta intereses de diverso tipo asociados a esa figura custionada, mais o grao de violencia co que se expresaron algunhas das reacci¨®ns, que descualifican a quen as fai, non o esperaba.
Respecto do que escrib¨ªn sobre Risco pouco hai que dicir, sigo na idea de que as relaci¨®ns entre Risco e a cultura galega e o galeguismo foron e son un enteiro malentendido e de que se sobrevalora a trascendencia da s¨²a figura. Polo contrario, hai algunha faceta do seu traballo que non se valora abondo: a s¨²a obra como novelista en castel¨¢n ou o seu ensa¨ªsmo en castel¨¢n. Pola contra, sobreval¨®rase absolutamente a s¨²a obra en galego, que non merece consideraci¨®n literaria en por si e sospeito que tampouco a el lla mereceu.
Mais nunha obra s¨²a, O porco de p¨¦, apres¨¦ntase un fen¨®meno cultural que rinchar¨ªa en calquera literatura e pa¨ªs de cultura democr¨¢tica e que aqu¨ª pasa desapercibido, polo menos no que co?ezo. A caracterizaci¨®n moral e f¨ªsica que fai o autor de Don Celidonio ¨¦ dun racismo extremo. Para encontrar un retrato tan ferinte e degradante do outro teriamos que ler textos xen¨®fobos dos nazis sobre os xudeus. Basta con sustituir ao "maragato" polo "xudeu" para comprender que Risco retrata en Don Celidonio ao outro inimigo da comunidade, ao intruso feo f¨ªsica e moralmente que ven corrompela e chucharlle o sangue. Aquel que merece ser obxecto do noso odio colectivo. O que teriamos que explic¨¢rmonos ¨¦ como fixemos at¨¦ agora para ler iso sen sent¨ªrmonos racistas. Eu s¨® podo explicarmo pola bula que nos outorgamos a n¨®s propios de coitados e v¨ªctimas que nos absolve da nosa debilidade e das nosas responsabilidades. O sent¨ªrmonos v¨ªctimas abs¨®lvenos da culpa, tan molesta. O C¨¦line escribiu textos esixentes literariamente e infames moralmente. O porco de p¨¦ carece de valor literario e mais ¨¦ moralmente infame.
Respecto da s¨²a impronta no discurso pol¨ªtico e ideol¨®xico do galeguismo xa dixen que entendo que s¨® actualizou as argumentaci¨®ns que fixera Murgu¨ªa seguindo a historiograf¨ªa francesa e alem¨¢ propios da s¨²a ¨¦poca e que Risco mesturou co seu particular irracionalismo e co pensamento m¨ªtico prenazi nunha mestura explosiva. Non ¨¦ raro que Risco sexa unha figura moi querida para quen desde o nacionalismo espa?ol combate o nacionalismo galego. As s¨²as argumentaci¨®ns dun nacionalismo delirante son parte do repertorio que serve para descualificar ao galeguismo como racista. Todas as correntes hist¨®ricas ut¨®picas, as que predican liberaci¨®ns colectivas ou revoluci¨®ns relixiosas, ben de clase ou ben nacionais, conte?en un relato m¨ªtico que lles ¨¦ necesario. Esa m¨ªtica ¨¦ unha enerx¨ªa que coexiste cun repertorio de demandas racionais. Risco pretendeu que o galeguismo fose tragado enteiramente polo mundo m¨ªtico, quixo metelo dentro dun discurso sincr¨¦tico que el sintetizou con elementos da tradici¨®n galeguista, como a Terra, con elementos do repertorio esot¨¦rico internacional.
Os seus textos sobre o nacionalismo galego, tan rotundos e ret¨®ricos, foron ¨²tiles no seu momento aos galeguistas como arma dial¨¦ctica. A¨ªnda que afagase sobre todo aos elementos m¨¢is conservadores do n¨²cleo intelectual ourens¨¢n e se apartase da tradici¨®n hist¨®rica maioritariamente popular e liberal do movemento. Por¨¦n, chegados aqu¨ª non debemos esquecer o evidente: cando se d¨¢ o golpe de Estado do 36, Risco xa ¨¦ pasado. Todos os seus pasos conduc¨ªrano a ficar apartado e desprestixiado dentro do Partido Galeguista. E, sobre todo, aparece unha nova xeraci¨®n republicana galeguista e maioritariamente esquerdista, expl¨ªcitamente cr¨ªtica con Risco. Esa era a corrente pol¨ªtica e o grupo humano que estaba a dirixir o novo tempo do galeguismo na Rep¨²blica e na autonom¨ªa que se prefiguraba. Non podemos saber como evolucionar¨ªa intelectual e politicamente Risco nin o seu lugar no pa¨ªs de non haber golpe de Estado, guerra e franquismo. O que si podemos imaxinar ¨¦ que a xeraci¨®n do Seminario de Estudos Galegos construir¨ªa unha cultura c¨ªvica para unha sociedade moderna.
Na mi?a idea do que ¨¦ un pa¨ªs deixo un sitio para cousas diversas, tam¨¦n para o desvar¨ªo fundamentalista. Ning¨²n pa¨ªs ¨¦ real nin est¨¢ completo se non existen tam¨¦n figuras como Balmes, Donoso Cort¨¦s, Men¨¦ndez y Pelayo, Ramiro de Maeztu... ou Vicente Risco. Agora, no debate sobre se Risco ocupa ou non o lugar que debera esqu¨¦cese o esencial: que Risco ficou no pa¨ªs e tivo na posguerra unha nova etapa creativa, con riscos ideol¨®xicos verdadeiramente patol¨®xicos e co valor que se lle queira dar, pero que toda aquela nova xeraci¨®n que deixara atr¨¢s a Risco hab¨ªa tempo foi destru¨ªda, fusilada, exiliada. Risco ocupa o lugar que ocupou at¨¦ hoxe porque os outros foron eliminados e neg¨®uselles o lugar que lles correspond¨ªa e que precisaban. Falo de Castelao, B¨®veda, Velo, Seoane, Maside, Dieste, Bal y Gay, Varela...Todos eles, os mellores.
No fondo o asunto ¨¦ que os mellores co seu legado f¨®ronnos arrebatados e que aqu¨ª ocuparon o seu lugar os que foron os nosos mestres. Por iso, malia que nos chamen o que nos queiran chamar, debemos someter a cr¨ªtica e revisi¨®n o que nos aprenderon a pensar aqueles nosos mestres e debemos forzarnos a seguir recuperando o que nos quitaron. A¨ªnda que sexa tan tarde.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.