Cuesti¨®n de fe (no veleno)
Franc3s acaricia o 'underground' e prepara o segundo disco - Produciunos Fino Oyonarte e agora faino Rodrigo Caama?o, de Tri¨¢ngulo de Amor Bizarro
Nick Currie, o m¨²sico e escritor escoc¨¦s que opera baixo o alias de Momus, di que o pop est¨¢ morto. E non s¨® o pop, sen¨®n tam¨¦n a democracia, o tel¨¦fono m¨®bil e a televisi¨®n. Todas son formas acabadas. Pantasmas. Se lle preguntasen ao te¨®rico Simon Reynolds, probabelmente engadir¨ªa un quinto cad¨¢ver ¨¢ esquela: o underground. Nun artigo de hai un par de anos recollido na excelente antolox¨ªa Despu¨¦s del rock. Psicodelia, postpunk, electr¨®nica y otras revoluciones inconclusas (Caja Negra, 2010), o ex cr¨ªtico de Melody Maker resume a s¨²a tese: o verdadeiro underground s¨® poder¨ªa existir hoxe f¨®ra da rede, offline, e iso supera as marxes do imaxin¨¢bel.
Reynolds parte dunha an¨¦cdota privada. Tres adolescentes discuten nunha tenda de discos do seu barrio a ver quen ¨¦ m¨¢is cool. A vara de medir non son precisamente as canci¨®ns, sen¨®n o xeito no que souberon delas, e a xerarqu¨ªa vai m¨¢is ou menos as¨ª: un anuncio na tele mola m¨¢is que Radio Disney, que os mozos identifican co universo Miley Cyrus, pero menos que Myspace. Non se decatan, rosma o cr¨ªtico, que Myspace ¨¦ propiedade de Fox Interactive Media, as¨ª que forma parte do entramado de News Corporation, un dos maiores grupos de comunicaci¨®n do mundo.
A dimensi¨®n pol¨ªtica do termo 'underground' parece anulada
"Non che vai gustar" ¨¦ a consigna do disco de Franc3s
A explosi¨®n da rede levou por diante a categor¨ªa tradicional do mainstream. Como anticipara Momus, todos seremos famosos para 15 persoas. O que o underground ti?a de distinci¨®n segue a funcionar a trav¨¦s doutros mecanismos, como a comu?¨®n nos directos -cantos menos sexamos na sala, moito mellor- ou os novos vellos soportes, como os vinilos ou as cadora m¨¢is frecuentes casetes. A dimensi¨®n pol¨ªtica do termo, por¨¦n, parece anulada. Non hai confrontaci¨®n.
Franc3s son efectivamente tres, e de Carballo e Vilalba. Alberto M. Vecino canta e toca a guitarra, Mar¨ªa Costa enc¨¢rgase da bater¨ªa e Patricia Berm¨²dez d¨¢lle aos teclados. Non te?en baixo, pero si un monte de trebellos, unha p¨¢xina en Myspace e outra en Bandcamp. Para publicar o seu ¨¢lbum de debut, que pasear¨¢n este mes polas d¨²as sedes do festival Primavera Club en Madrid e Barcelona, escolleron o selo que lles parec¨ªa menos malo, o m¨¢is aca¨ªdo ¨¢ s¨²a aparente vocaci¨®n antiprofesional: Los Enanos Gigantes, casa de Mariano Tejera e Fernando Alfaro (Surfin' Bichos).
Hai ru¨ªdo en Franc3s. Ru¨ªdo branco, abstracto, por todas partes. Non como unha conspiraci¨®n sen¨®n coma unha peaxe, coma se non se puidesen facer canci¨®ns doutro xeito en 2011. A m¨ªnima violencia com¨²n. A¨ªnda que a voz sexa l¨¢nguida e os teclados se acaroen ao naif. ? ese contraste entre os arroutos de distorsi¨®n e as melod¨ªas amables e espectrais, como un trobador posnuclear asubiando entre cascallos, o que seduce desde o primeiro corte. Nosotras tenemos fe en el veneno ten esa rara calidade: ¨¦ tan evocadora como Noche desde un tren de Migala e ao mesmo tempo tan rugosa e hostil como unha versi¨®n afiada do Just Like Honey de The Jesus & Mary Chain.
A tal hora, nada hai de underground en citar a Suicide, o indie rock norteamericano, Par¨¢lisis Permanente, Daniel Johnston ou a li?a que vai do krautrock a Stereolab. Tampouco, francamente, na imaxinar¨ªa primitiva e enfermiza de serie B. Nin os lobos nin os cans nin o sangue nin as foxas com¨²ns nin as feridas nin calquera outra exhibici¨®n de atrocidades. Se en Franc3s opera alg¨²n resto do que se poder¨ªa chamar underground ¨¦ polo seu deliberado ocultamento. ?C¨®mo haremos para desaparecer?, preg¨²ntase un dos t¨ªtulos do ¨¢lbum. Aprende a no tocar tu instrumento, manda outro.
Absolutamente modernas empeza case como Segundo premio de Los Planetas pero xa logo vira punk adrenal¨ªnico. Encima de miel, con Marina de Klaus & Kinski nas voces, ¨¦ tan acolledora que poder¨ªa estar en calquera disco menos neste. Devu¨¦lveme los est¨®magos que te regal¨¦ renuncia ao retrouso, como case todos os cortes, en favor da redundancia. Son canci¨®ns esquel¨¦ticas, desleixadas, rexistradas en anal¨®xico. Humor e m¨¦trica de tres. Estruturas esquivas, que ortigan. Martelos pneum¨¢ticos de baixa fidelidade. "Non che vai gustar", esa parece a consigna. Sen baixo, sen m¨²sculo, de costas ¨¢ masculinidade. ?s entrevistas sempre as responden "as tres".
O disco, producido por Fino Oyonarte e rexistrado en Madrid coa colaboraci¨®n de Eric e Florent de Los Planetas e Isa e Rodrigo de Tri¨¢ngulo de Amor Bizarro, entre outros, apareceu en febreiro. Non ¨¦ esa a novidade. A coartada para rescatalos agora ¨¦ dupla: dunha banda, porque o ano enf¨ªa o final e toca separar o gran da palla, as temidas listaxes; da outra, porque o futuro xa est¨¢ a¨ª. Franc3s empezaron a gravar hai unha semana novas canci¨®ns. No seu propio estudio, en Carballo, con Roberto Mallo aos mandos. O disco sair¨¢ o ano vindeiro tam¨¦n con Los Enanos Gigantes, e daralles unha nova raz¨®n aos que teiman en emparentalos con Tri¨¢ngulo m¨¢is al¨¢ da criptocracia, a querencia ruidista e as capuchas. Vaino producir Rodrigo Caama?o. M¨¢is fe (no veleno).
AO VIVO. Hai vida despois de Wilco
A visita de Wilco ao Auditorio do Mar a comezos de mes deixou resaca. Foi, para ben ou para mal, un dos concertos do ano, e non s¨® en Galicia. Por contundencia e porque hab¨ªa tempo que o que queda da cr¨ªtica non se tomaba tan en serio un concerto. A vindeira quincena, que se abre esta noite en La Iguana Club de Vigo con Akron/Family e Timber Timbre, recomendabil¨ªsimo, trae un cartel moito m¨¢is modesto. El Columpio Asesino e The New Raemon visitan varias salas, os compostel¨¢ns Mato Grosso -ex membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens- presentan o seu debut (Blanco perfecto) o d¨ªa 24 en La Radio Club da cidade e o ciclo Ru¨ªdo de fondo leva este luns ¨¢ Cidade da Cultura os noruegueses Ulver, no que ser¨¢ o primeiro concerto no t¨²nel de servizos do Gai¨¢s.
Tam¨¦n en Santiago, a sala Capitol acolle os d¨ªas 18 e 19 unha nova edici¨®n de Microfest: primeiro d¨ªa para La Puta Opep¨¦, Darmo e Erin (Comando Katana), segundo para Nach, Kaixo Sama e Elecesar. Imprescind¨ªbel a cita co ciclo Voces Femeninas o 24 no Principal de Ourense e o 26 no Caixanova de Vigo: Sarah Jaffe, Mina Tindle, Hannah Peel e homenaxe a The Supremes.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.