A Academia pecha as honras ao poeta "non homologable"
Un encontro sobre a obra do autor de Monforte pon fin ao exitoso Ano Pereiro
"Lois Pereiro foi un poeta que non finx¨ªa, convincente, e a s¨²a ¨¦ unha sensibilidade actual. Hai que pensar que morreu novo, e que a estas alturas ser¨ªa case un rapaz". Ant¨®n Lopo, autor de A palabra exacta. Biograf¨ªa de Lois Pereiro (2011), non dubida de que a promoxidade temporal da obra do de Monforte ten moito que ver no ¨¦xito deste ¨²ltimo Ano das Letras. Tam¨¦n pesou, segue, a presenza constante do amor e da morte, eses vellos visitados, na produci¨®n do poeta punk, tan fillo do seu tempo que sufriu en carne propia o colza e a sida, descuberta en 1981, o mesmo ano no que Pereiro consumiu o aceite envelenado. "? o m¨¢ximo representante da poes¨ªa popular contempor¨¢nea", sentenza Lopo sobre quen escapou do canon literiario e mesmo engrosou a n¨®mina do malditismo.
"Foi un logro a popularizaci¨®n do autor sen caer en reducionismos"
Lopo fai balance do ano de homenaxes ao autor de Poes¨ªa ¨²ltima de amor e enfermidade (1995) durante un breve descando do congreso que onte botou a andar en Santiago, e que contin¨²a hoxe e ma?¨¢ en A Coru?a, sobre a figura do monfortino. O encontro, inaugurado polo catal¨¢n Pere Gimferrer, aspira a ser o peche definitivo das Letras Galegas de 2011, a conclusi¨®n "dun ¨¦xito dif¨ªcil de superar", segundo o conselleiro de Cultura, Roberto Varela. "Foi un logro a popularizaci¨®n do autor sen caer en reducionismos. Esa popularizaci¨®n trouxo consigo un desterramento de t¨®picos", af¨¢nouse en sinalar o titular de Cultura, que felicitou ¨¢ Academia por un ano das Letras que "devolveu a Galicia un bardo apaixonado".
Mentres o Ano Pereiro esgota os seus ¨²ltimos d¨ªas, o congreso sobre o poeta segue a darlle voltas ¨¢s s¨²as querencias literarias, ao Monforte en crise no que medrou - unha cidade, sinalou Lopo, "que comunicaba Galicia co resto do mundo como centro ferroviario"-, ao antes e despois da enfermidade, das adicci¨®ns e do infortunio amoroso. O poeta europeo que foi Pereiro, as¨ª retratado na lecci¨®n inaugural de Gimferrer -prologuista da edici¨®n biling¨¹e de Obra completa- emparentou co franc¨¦s Arthur Rimbaud na morte temper¨¢, amais de con Dylan Thomas, Henri Michaux ou St¨¦phane Mallarm¨¦ na s¨²a vida "non homologable", en palabras de Lopo. Malia todo, a tese de Gimferrer imp¨®n unha diferencia non menor entre o de Monforte e os seus mestres. "Cando escolle a parte que depende da s¨²a opci¨®n persoal, xa est¨¢ determinado o car¨¢cter da s¨²a obra, un car¨¢cter ¨²nico nas literaturas ib¨¦ricas contempor¨¢neas". Non ¨¦ o consumo de drogas, esencial en Michaux, o que explica a obra de Pereiro, que tomou forma de circunstancias que o de Monforte non decidiu, como a enfermidade. "A s¨²a voz po¨¦tica ¨¦ separada da voz autobiogr¨¢fica; depende da s¨²a biograf¨ªa, pero ¨¦ allea a ela", defende o catal¨¢n.
No percorrido pola figura de Pereiro, amais dos poetas centroeuropeos aos que tanto admiraba, o congreso prop¨®n unha reflexi¨®n sobre os seus gustos musicais ou a s¨²a devoci¨®n polo cine, incompleta at¨¦ que a Filmoteca de Madrid lle deu a oportunidad de ver as pel¨ªculas que sab¨ªa xa de memoria polas lecturas. O relatorio de Ant¨®n Lopo, xa na sesi¨®n da tarde na Cidade da Cultura, buscou paralelismos entre a traxectoria vital do autor de Conversa Ultramarina e a de Lou Reed, o l¨ªder da Velvet Underground, hoxe convertido nun "un activista antitabaco". Mais moito antes de que o americano renegase do punk, o galego atopou na droga un alivio para os sufrimentos da enfermidade. Eran os tempos, recorda Lopo, da hero¨ªna como "un dos principais protagonistas da vida social da cidade".
O Congreso Lois Pereiro contin¨²a hoxe na sede da RAG con relatorios de Daniel Salgado, Anxo Angueira e Mar¨ªa Xes¨²s Nogueira.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.