Porto foi o noso Perpi?¨¢n
Galegos acud¨ªan a cidade lusa na procura de pel¨ªculas prohibidas
?s veces a historia ¨¦ contada dun xeito parcial e iso acontece cando dende este recanto semella que as pel¨ªculas prohibidas durante o franquismo s¨® se pod¨ªan ver en Perpi?¨¢n. E seguro que houbo galegos que se adentraron en territorio franc¨¦s para facer eses visionados, mais a meirande parte dos nosos paisanos tiveron en Porto a s¨²a cidade referente ¨¢ hora de contemplar as produci¨®ns censuradas, onde as v¨ªan en versi¨®n orixinal subtitulada, como sucede hoxe en d¨ªa.
Como parece que vivimos incomprensiblemente de costas aos nosos veci?os, o imaxinario colectivo contin¨²a tendo como referente ¨¢ localidade francesa, mais unha morea de paisanos descubriron o cine prohibido naquela altura en terra portuguesa. O Jornal de Noticias do Porto constataba na s¨²a edici¨®n do 10 de abril de 1977 a chegada de turistas cinematogr¨¢ficos ao seu chan durante a Semana Santa. ¡°A projec??o nas salas portuguesas de filmes que na Espanha n?o foram vistos, como Novecento ou Sal¨®, ¨¦ outro dos motivos de atrac??o para os espanhois". Nom¨¦anse no texto d¨²as obras de directores italianos de gran prestixio, Bertolucci e Pasolini, xa que os interesados en ollar en Portugal o que non pod¨ªan ver na s¨²a localidade non s¨® se mov¨ªan na procura de filmes er¨®ticos, sen¨®n que unha boa parte asist¨ªa con interese a fitas cunha forte carga pol¨ªtica. Anxo Santomil, secretario da Federaci¨®n Galega de Cineclubes, ten algo lonxano na memoria a Bertolucci como o referente para os filmes que viu no Porto, mais lembra: ¡°Eu ¨ªa a manifestaci¨®ns e a enchouparme do que estaba a acontecer no pa¨ªs, e aproveitaba alg¨²n momento para ir ao cine¡±.
As salas de cinema da cidade do Porto ofrec¨ªan na s¨²a programaci¨®n filmes que non se pod¨ªan ver en Galicia, e para os galegos acceder a esas obras era tan sinxelo como desprazarse ata a localidade e pasar pola billeteira para mercar unha entrada. A¨ªnda que o gran ¨¦xito colleitado por algunhas pel¨ªculas pod¨ªa deparar sorpresas, como a que tivo o cineasta tudense Daniel Dom¨ªnguez, quen lembra baixar para ver El ¨²ltimo tango en Par¨ªs. ¡°Mais xa non hab¨ªa entradas e quedamos coas ganas¡±, conta. ao tempo que lles comentaban que xa pasaran por al¨ª ese d¨ªa ¡°moitos espa?ois para adquirir a s¨²a localidade¡±. M¨¢rio Dorminsky, director do Fantasporto, reco?ecido certame de cine fant¨¢stico, lembra que esa cinta chegou a estar ¡°m¨¢is dun ano en exhibici¨®n e debeu ser a que aguantou m¨¢is en cartel¡±. ¡°Logo tam¨¦n logrou grandes entradas a xaponesa El imperio de los sentidos¡±. O luso cre que nesas pel¨ªculas exist¨ªan secuencias ¡°das que logo se falaba moito e alg¨²ns ao mellor non gozaban demasiado cos filmes e ata bocexaban, mais esperaban eses momentos na butaca para logo poder comentalos¡±. ¡°A xente vi?a ¨¢ procura do prohibido¡±, di.
V¨ªan ata cinco filmes ao d¨ªa, censurados en Espa?a por er¨®ticos ou pol¨ªticos
A tem¨¢tica sexual era un fil¨®n bastante seguro para os programadores por mor da s¨²a boa acollida por parte do p¨²blico. Os filmes protagonizados por Laura Antonelli, canda Salon Kitty ou Emmanuelle, seguro que tiveron espectadores galegos, ao igual que Garganta profunda, un cl¨¢sico do cine pornogr¨¢fico. Entre os locais que proxectaban eses filmes c¨®mpre sinalar ao Batalha, S?o Jo?o, Rivoli ou o teatro S¨¢ da Bandeira, o local onde se viu cine por primeira vez en Portugal. Estes dous ¨²ltimos a¨ªnda conservan a s¨²a actividade de cara ao p¨²blico, a¨ªnda que en condici¨®ns diferentes ¨¢s de noutrora.
Logo estaba a v¨ªa m¨¢is cin¨¦fila, aquela que daba lugar ¨¢ proxecci¨®n de ciclos tem¨¢ticos. ¡°Al¨ª o que se adoitaba programar eran pel¨ªculas dos pa¨ªses do Leste para permitir a descuberta do desco?ecido¡±, sinala Dorminsky. ¡°Primaban as obras cl¨¢sicas do cine sovi¨¦tico ou as realizaci¨®ns dun director xa reputado como Andrzej Wajda, mais lembro unhas produci¨®ns iugoslavas que tam¨¦n ti?an unha forte carga sexual¡±. Esos ciclos non se limitaban ¨¢ cidade de Porto, xa que alg¨²ns recalaron en Viana. O avogado vigu¨¦s Alfonso ?lvarez G¨¢ndara, cabeza de lista do Partido Socialista Galego nas elecci¨®ns xerais de 1977 e antigo secretario xeral do Partido Galeguista, foi dos que pasou por esa localidade. ¡°Lembro que unha vez coincidira na data coa morte dos cinco derradeiros fusilados polo franquismo e falamos dese tema antes das poxecci¨®ns¡±, indica. Daquela viaxaban para contemplar cintas de xeito intensivo. ¡°Viamos catro ou cinco diarias durante un par de d¨ªas. O que predominaba era o cine eminentemente pol¨ªtico¡±, comenta ?lvarez G¨¢ndara.
M¨¢rio Dorminsky sinala que naquela ¨¦poca existiu un intercambio cultural ¡°moi forte entre Galicia e o norte de Portugal, que non s¨® remataba en partillar experiencias no cine, sen¨®n que se traspasaba ao tema dos discos e os libros¡±. ¡°Ademais os galegos l¨ªan na prensa de aqu¨ª cousas ben diferentes ao que se lles daba na s¨²a terra¡±, engade. E na actualidade, calquera xornalista con esp¨ªrito inquedo pode continuar constatando que existen publicaci¨®ns do outro lado da raia moi interesantes, e non s¨® na prensa diaria. E ¨¢s veces nos cines estr¨¦anse filmes que aqu¨ª non te?en distribuci¨®n. Que fermoso ser¨ªa non perder nunca esa conexi¨®n cultural cos nosos veci?os e unir vivencias, cadaqu¨¦n po?endo o sotaque diferente para sent¨ªrmonos irmanados dende a nosa lingua e arelas com¨²ns.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.