Literatura, historia e vida
Non houbo ¡°d¨²as Espa?as¡±, houbo unha Espa?a criminal que exterminou a parte dos seus habitantes
Hai unha semana acudiron a Santiago tres escritores desde Vigo, Barcelona e Nova York recolleren o premio literario Arcebispo San Clemente. Un premio da cultura galega que, como adoito, nace da iniciativa particular dunhas poucas persoas, nomeadamente Ubaldo Rueda. A nosa cultura, desasistida, descansa en n¨®s; m¨¢is desvalida arestora que nunca.
Unha escritora e dous escritores, tres maneiras distintas de destilar literatura. O libro de Xulia Alonso impl¨ªcaa directamente, a relaci¨®n entre literatura e vida ¨¦ total e o froito do autoco?ecemento. En escribindo Futuro imperfecto (Galaxia, 2011) co?eceu quen ela era para contalo. Colm T¨®ib¨ªn, un deses irlandeses tan familiares, escribiu Brooklyn (Lumen, 2010) para saber quen ¨¦ a s¨²a xente, o mundo dos emigrantes pobres irlandeses, ao cal sinte pertencer; tam¨¦n esa obra implica ao autor, tam¨¦n trata da identidade do escritor. Eduardo Mendoza escribiu Ri?a de gatos (Planeta, 2010) para iluminar ¨¢ s¨²a maneira un ¡°episodio nacional¡±, a fragua da Guerra Civil espa?ola. A¨ª puxo distancia polo medio, para ter a perspectiva pretendida o autor imaxinou a un xove ingl¨¦s rec¨¦n chegado ao Madrid do 36. Como La verdad sobre el caso Savolta e outros libros seus, proporciona os praceres da lectura de novela e aguantar¨¢ o paso do tempo. Como novela hist¨®rica que ¨¦, pretende construir a memoria nacional; danos unha interpretaci¨®n de como rebentou aquel abceso de violencia que foi a guerra, un trauma que a¨ªnda hoxe nos abruma. E a¨ª, na interpretaci¨®n da orixe do conflicto, non podo estar de acordo co autor.
Pola novela transita Jos¨¦ Antonio Primo de Rivera, de quen chegou a n¨®s unha imaxe tan banal e lene como unha folla de papel. Se Pep¨ªn Bello, testemu?a da xeraci¨®n de universitarios da Residencia de Estudiantes madrile?a, escribise o que sab¨ªa daquel mozo cambiar¨ªa totalmente a nosa idea sobre el. E far¨ªase m¨¢is ambigua e confusa a¨ªnda. Naquela Europa as ideolox¨ªas radicais e totalitarias encarnaban na xuventude para realizarse violentamente, mais se lle damos tanta importancia a aquel mundi?o de intelectuais burgueses faremos unha an¨¢lise moi superficial. Naquel tempo a xuventude intelectual mov¨ªanse aos tombos do fascismo ao comunismo e viceversa, por¨¦n iso non explica a guerra, como ben leva demostrado o traballo riguroso dos historiadores nos ¨²ltimos anos: houbo complots sucesivos e continuados para un golpe de estado desde o advenimento da Rep¨²blica. Tampouco ¨¦ certo que Franco dubidase. O golpe do 36 foi a realizaci¨®n dun plan firme no que participaron a Igrexa, a oligarqu¨ªa e a metade do Ex¨¦rcito, especialmente os mandos intermedios e os xenerais africanistas.
Cando escrib¨ªn Home sen nome (Xerais, 2006) preguntei aos historiadores que baixaron ao pozo negro do noso pasado (Dionisio Pereira, obrigado. Emilio Grand¨ªo, obrigado tam¨¦n e adiante con esa investigaci¨®n penosa). Interpelei tam¨¦n aos asasinados. Non hab¨ªa d¨²bida, non houbo ¡°d¨²as Espa?as¡±, houbo unha Espa?a criminal, a dos xenerais nacionalistas, que exterminou a unha parte dos seus habitantes. Comprobei como na mi?a cidade e en cada cidade e vila exist¨ªa ese plan criminal latente; non hai verdade ningunha na equidistancia. Houbo uns culpabeis daquela, do mesmo modo que agora ¨¦ o capital especulativo e non os traballadores os causantes deste desastre que nos desfai. O demais, lerias.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.