A cr¨ªtica ¡®carvalhocaleriana¡¯
Os seus textos ins¨ªrense no molde patriarcal que excl¨²e a unha Rosal¨ªa con intelecto e corpo
Agradezo a este medio e ¨¢ profesora Pilar Garc¨ªa Negro a chamada ao di¨¢logo sobre Ricardo Carvalho Calero e a canle para a s¨²a difusi¨®n al¨¦n dos circu¨ªtos acad¨¦micos. C¨®mpre virar o debate cara o que non se leva dito, e artellalo seguindo procedementos rigorosos para a historiograf¨ªa cultural galega. Estes incl¨²en, como di Garc¨ªa Negro, a lectura minuciosa de fontes primarias e secundarias, mais non, ao meu ver, a idade das investigadoras ou se estas co?eceron persoalmente ¨¢s figuras das que emanou o discurso do nacionalismo cultural. Carvalho Calero morreu cando eu cursaba s¨¦timo da EXB no colexio p¨²blico Bala¨ªdos de Vigo, por onde el nunca pasou. Hoxe te?o 33 anos e non me conto entre a xente que o co?eceu en vida. Mais agardo que estas d¨²as circunstancias non me inhabiliten para dedicar parte do meu labor investigador a tentar dilucidar como se revela no proxecto intelectual carvalhocaleriano a particular conxunci¨®n das pol¨ªticas do sexual e do nacional que te?en demarcado tanto o discurso do nacionalismo cultural tradicional, como o propio desenvolvemento, ao meu ver serodio, da cr¨ªtica feminista galega.
O que Claudio Rodr¨ªguez Fer denominou a ¡°motivaci¨®n er¨®tica¡± nos textos literarios de Carvalho pode atoparse sen dificultade nos escritos xornal¨ªsticos do autor. Destaco un artigo seu de 1992 titulado Usar d¨²as linguas, recollido en 1997 co t¨ªtulo Biling¨¹¨ªsmo e bigamia por Costenla Bergueiro, e tam¨¦n na compilaci¨®n conmemorativa da profesora Garc¨ªa Negro. Nel Carvalho define o biling¨¹ismo como unha habilidade similar ¨¢ dos homes que utilizan ¡°varias mulleres ocasionalmente para fins eventuais¡±. Lingua e muller lex¨ªtimas, concl¨²e, poden ser s¨® unha, mais os homes poden falar outras linguas secundarias coma poden, asemade, facer uso de ¡°concubinas de inferior rango¡±. A s¨²a visi¨®n pigmali¨®nica da cultura galega agroma nas entrevistas que lle fixeron Fern¨¢n-Vello, Francisco Pillado ou Carmen Blanco, cando define a s¨²a cr¨ªtica literaria como o labor de ¡°transformar a unha moza ignorante e tosca nunha se?orita¡±. Que Carvalho dedicou gran parte dos seus esforzos a dilucidar cuesti¨®ns rosalianas ¨¦ innegable, mais a l¨®xica que lle ap¨®n a este labor un car¨¢cter transcendental deber¨ªa ser revisada. Os textos rosalianos de Carvalho est¨¢n ben inseridos no molde patriarcal que, desde Murgu¨ªa a Pi?eiro, exclu¨ªu dun modelo de ex¨¦xese nacional a posibilidade dunha Rosal¨ªa de Castro con intelecto e corpo. Infiro que a afirmaci¨®n acostumada de que Carvalho Calero contribu¨ªu a facer de Rosal¨ªa de Castro unha escritora universal ten que ver cos xiros interpretativos exercidos nun texto inaugural do pi?eirismo, 7 ensayos sobre Rosal¨ªa, onde Carvalho deixa consignada unha das ecuaci¨®ns m¨¢is proveitosas do nacionalismo cultural patriarcal galego: ¡°Rosal¨ªa, eis o home¡±. Por¨¦n, c¨®mpre contrastar eses ¡°xiros universalizadores¡± coas s¨²as propias contradici¨®ns, e, de paso, revisarmos a ret¨®rica espallad¨ªsima de que a praxe carvalhocaleriana foi exemplo de rigor cient¨ªfico e obxectividade. Retornemos ¨¢s tres p¨¢xinas que Carvalho dedica na s¨²a Historia da literatura galega contempor¨¢nea a dirimir un debate favorito da cr¨ªtica literaria patriarcal (tam¨¦n da espa?ola): o da fealdade de Rosal¨ªa de Castro. Reproduzo a cita a seguir para que se poida aprezar a s¨²a cadencia clasista e antipopular, outro aspecto pouco discutido dos textos de Carvalho: ¡°Rosal¨ªa estaba groseiramente tallada. A fenda da boca, o abultado dos p¨®mulos, dan ao rosto da poetisa un ar plebeio que non corresponte ¨¢ finura i elevaci¨®n do seu esprito¡±. A cita at¨®pase na p¨¢xina 154 da edici¨®n de 1981 de Galaxia.
Reconsideremos tam¨¦n o que Elvira Souto denominou a ¡°acentuada ginecofilia¡± carvalhocaleriana. O pr¨®logo que o autor escribiu para a o primeiro poemario de Xohana Torres, Do Sulco (1957), revela certa ansiedade por trazar para ela unha imaxe autorial baseada no tropo da alumna espelida que soubo ¡°atender, comprender e asimilar¡±, ao tempo que remarcaba a relaci¨®n mestre-disc¨ªpula que o mov¨ªa desinteresadamente ao patrocinio. Esta ¨¦ a mesma l¨®xica da tutelaxe que Carvalho se apurou a lembrarlle a Mar¨ªa Xos¨¦ Queiz¨¢n cando esta acababa de publicar Recuperar as mans (1977), un dos textos inaugurais da cr¨ªtica feminista galega que ousou renunciar ¨¢ protecci¨®n dos titores.
Pronunciarse ou non en d¨¦beda coa tutelaxe intelectual de Carvalho Calero ¨¦ unha opci¨®n persoal daquelas persoas que o trataron en vida. Pero afortunadamente non ¨¦ a ¨²nica ¨¢ que debemos enfrontarnos ao facer investigaci¨®n en historia cultural galega. A mi?a posici¨®n al¨ª?ase co co?ecemento que van deitando as metodolox¨ªas da disciplina (a consulta demorada de textos e contextos; a renovaci¨®n da ferramenta te¨®rica coa cal destilar os seus significados pol¨ªticos e sociais). E este co?ecemento c¨®mpre que vaia estando ao alcance de todas e de todos, mesmo se non emanou dos mestres.
Helena Migu¨¦lez Carballeira ¨¦ profesora da Universidade de Bangor, Gales. (@hmcarballeira)
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.