Galicia como... empresa?
As relaci¨®ns entre burgues¨ªa e galegusimo son historicamente febles
As relaci¨®ns entre ideolox¨ªa galeguista e actividade empresarial parecen un caso claro de tensi¨®n sexual non resolta. Quitado que non parece haber excesivas ganas por ningunha das partes, e que xa houbo consumaci¨®ns, a¨ªnda que poucas. O caso de Valent¨ªn Paz Andrade ¨¦, co t¨¢ndem D¨ªaz Pardo-Lu¨ªs Seoane, o m¨¢is sobresa¨ªnte e co?ecido. Noutros casos, o franquismo borrou a memoria das s¨²as ideas. Non moitos vigueses, e galegos menos, deben co?ecer a ideolox¨ªa de Enrique Peinador, impulsor do aeroporto que leva seu nome e do balneario de Mondariz. Ou o galeguismo dos irm¨¢ns Fern¨¢ndez ?lvarez, os fundadores de Zeltia, Cementos Oural ou Pescanova, que tiveron que bandear ¡ªcon notable ¨¦xito¡ª coa ditadura. Como o fundador de Coren, Eulogio Franqueira, de rapaz simpatizante das Mocedades Galeguistas.
¡°Antes da guerra, o compromiso ideol¨®xico dos empresarios era un tema bastante aberto. Non era que houbese moitos galeguistas, porque en xeral non hab¨ªa moitos galeguistas, pero vamos, po?¨ªan ovos en todas as cestas. O Banco Pastor anunci¨¢base n¡¯A Nosa Terra, e nunha homenaxe a Barri¨¦ participaron Lois Pe?a Novo e os Carr¨¦, pero non hab¨ªa un grupo de empresarios como tal. Estaban os da emigraci¨®n, pero porque a emigraci¨®n era forte, e ti?an un sentimento de axudar, pero tampouco os m¨¢is potentes eran galeguistas¡±, asegura Xo¨¢n Carmona, catedr¨¢tico de Historia e Instituci¨®ns Econ¨®micas na Universidade de Santiago. O historiador Justo Beramendi confirma esa ¡°apertura¡± do empresariado antes da guerra. ¡°Incluso ao Pastor lle abriron despois un expediente informativo porque lle dera cr¨¦ditos ao Partido Galeguista¡±, di, pero tam¨¦n que o nacionalismo ti?a poucos apoios no que chamaban capit¨¢ns da industria.
¡°Xa nos anos vinte, un dos grandes lamentos de Otero Pedrayo era a desafecci¨®n dos empresarios da causa nacionalista. Se miramos a publicidade d¡¯A Nosa Terra? hai comerciantes, farmac¨¦uticos, o que daquela se chamaba pequena burgues¨ªa¡±, exp¨®n Beramendi, Premio Nacional polo seu ensaio sobre o nacionalismo De provincia a naci¨®n. ¡°Hai un problema de fondo, que a esencia do galeguismo era agrarista, e a industria, que estaba en Vigo, era naval e conserveira, con intereses distintos. Cando se debateu un tratado con Uruguai o presidente dos conserveiros, Curbera, carteouse con Castelao, pero este acabou defendendo no Congreso a postura dos gandeiros¡±, considera Carmona, un dos maiores especialistas na historia da empresa en Galicia.
Necrol¨®xica n¡®A Nosa Terra¡¯
Antonio Sanjurjo Bad¨ªa (Sada, 1837) foi un deses emprendedores que forxou, literalmente, o Vigo industrial de finais do s¨¦culo XIX e comezos do XX. Ergueu industrias e barrios, mesmo sistemas de protecci¨®n laboral, e inventou un curioso submarino. Hoxe queda unha empresa e o seu nome nunha avenida que atravesa o barrio de Teis. O 15 de xaneiro de 1922 rezaba a s¨²a necrol¨®xica, publicada no xornal n¡¯A Nosa Terra: ¡°Era un gran amigo dos obreiros. En certa ocasi¨®n foron visitalo unha ¡®nutrida comisi¨®n de forzas vivas¡¯ da cidade da oliva, para lle decir que parase os traballos da s¨²a industria, quer decir o lock-out. Don Antonio nada lles dixo: invitonnnos a que visitaran a horta da f¨¢brica, e cando os ti?a n-unha glorieta que dominaba todo Vigo, e principalmente os talleres da Industriosa, d¨ªxolles: ¡®Toda esa fermosa vila que se ve dende aqu¨ª, fix¨¦ronna os obreiros. Esta f¨¢brica, casas e rua que vai hasta a ribeira son mi?as, pero todo gracias ao traballo d¡¯eses homes sofridos e b¨®s. Vosoutros podedes facer o que vos praza; mais eu¡non cerro a mi?a f¨¢brica.[¡]Era un galego que na s¨²a vida de traballo non empregou outra fala que non fora a da terra que se honraba en tel-o por fillo¡ En certa ocasi¨®n dic¨ªa: Esto de que haxa galegos que non entendan a nosa fala ¨¦ unha rid¨ªcula mentira. Eu non falo m¨¢is que como debo falar, e os se?oritos que ve?en ? mi?a f¨¢brica ben m¡¯entenden, porque a comenencia abre as portas dos entendimentos¡±.
Na ditadura, parafrasando a Carmona, todos os empresarios puxeron os ovos nunha soa cesta. Na que hab¨ªa. Desde que volveu a pluralidade cesteira, d¨¢ a sensaci¨®n de que na galeguista hai poucos ovos empresariais. O catedr¨¢tico de historia empresarial sit¨²a o divorcio na loita contra a instalaci¨®n do embalse de Castrelo de Mi?o. ¡°Al¨ª criouse un certo medo do estamento industrial ao nacionalismo¡±, di. ¡°E tam¨¦n nesa ¨¦poca no nacionalismo real instalouse unha postura moi antiempresarial¡±. Como en todas as parellas mal avindas, hai un cruce de culpas na que ¨¢s d¨²as partes esgrimen feixes de raz¨®ns. Tradicionalmente o galeguismo queixouse da falta de compromiso do empresariado co pa¨ªs, ao tempo que proclamaba a esencia de esquerdas do nacionalismo galego. O famoso mantra de que non hai burgues¨ªa, ou de que a hai, pero como se non a houbese.
¡°A burgues¨ªa catal¨¢ si responde a ese mito de clase fondamente nacionalista, pero a gran burgues¨ªa vasca ¨¦ espa?olista. A de aqu¨ª ¨¦ certo que non ten conciencia de nada, nin de si mesma, pero hai de todo. Non hai un especial reparo contra o nacionalismo. Hai sectores que se sentir¨ªan m¨¢is protexidos con pol¨ªticas m¨¢is autocentradas, e outros que arrastran prexu¨ªzos ideol¨®xicos. Tam¨¦n est¨¢ a torpeza en non saber achegarse a sectores X, por moito que os esteas a defender en foros onde outros non os defenden¡±, analiza Beramendi. ¡°No Pa¨ªs Vasco ou en Catalu?a, a identidade ¨¦ defendida desde distintas ¨®pticas partidarias, e aqu¨ª impediuse, e mesmo anatemizouse a existencia doutros espazos pol¨ªticos. A mi?a experiencia dime que cando hai marcos organizativos onde se poden expresar, hai empresarios en Galicia que non agochan a s¨²a simpat¨ªa coa causa da galeguidade¡±, considera Xos¨¦ Gonz¨¢lez, presidente do Foro Peinador, que agrupa unhas 40 empresas comprometidas co galego.
Unha delas, Celtic Estores, ¨¦ un holding con f¨¢bricas en Galicia, Catalu?a e Estados Unidos cuns 700 traballadores. ¡°Para n¨®s po?er a rotulaci¨®n, as n¨®minas en galego, non supuxo ning¨²n problema, mesmo foi unha boa medida de cara aos empregados¡±, di Casi¨¢n Garc¨ªa, o seu director xerente, que reco?ece que, sen embargo, ¡°no mundo empresarial non hai moita sensibilidade para isto. No xantar anual que facemos en Lestrove sempre estamos os mesmos, e mesmo quen m¨¢is deb¨ªa tirar non tira¡±. O mellor exemplo diso pasoulle a Xos¨¦ Gonz¨¢lez cando presid¨ªa a Asociaci¨®n de Funcionarios pola Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica, que nos noventa conseguiu que empresas como Castromil ou Construcciones Malvar utilizasen documentaci¨®n en galego. ¡°Chamoume Aina Moll, a directora xeral de Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica da Generalitat, para pedirme o enderezo de Larsa para felicitalos por facer a publicidade en catal¨¢n. O propietario, Jos¨¦ Rodr¨ªguez, p¨²xose todo contento, e cando lle dixen que por que non a fac¨ªan tam¨¦n en galego, contestoume: ¡®Aqu¨ª, no, porque los gallegos solo sirven para andar con la vaqui?a. Cando a tiveron que vender a unha multinacional normanda e puxeron ao fronte a un madrile?o, Antonio Arenas, consegu¨ªn que empezaran a po?er en galego desde os coches aos recibos aos gandeiros¡±.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.