Termodin¨¢mica e tradici¨®n
PELdeNOZ experimenta co cancioneiro popular recollido por Doroth¨¦ Schubarth
Consigna e econom¨ªa pol¨ªtica coinciden no caso de PELdeNOZ. O primeiro disco do d¨²o leva estampado na portada o mesmo principio activo que organiza o seu laboratorio: jazz&trad. Non era sen tempo, a verdade. Hai xa sete anos que botou a andar o proxecto coa teima elemental da termodin¨¢mica por diante: ¡°A tradici¨®n non se crea nin se destr¨²e, transf¨®rmase¡±, acu?an nun correo electr¨®nico. O acordeonista Alonso Caxade (Orquestra Os Modernos, Cuarteto Caramuxo) e o contrabaixista Alberto Rodr¨ªguez (P¨¦deBoi, Dios Ke Te Crew), xuntos tam¨¦n en CabRaret, traballan no jazz e o blues as melod¨ªas que van apa?ar primeiro no cancioneiro tradicional galego.
Hai polos menos tres elementos singulares en jazz&trad, unha autoedici¨®n de 500 copias en CD con licenza Creative Commons que xa se pode atopar na Rede (www.reverbnation.com/peldenoz) e algunhas tendas de discos. A primeira, unha infrecuente parella de baile: contrabaixo e acorde¨®n ao seu, acompa?ados nalg¨²ns dos cortes pola voz exenta de Xandre Outeiro (Projecto Tr¨¦pia). A segunda, os arranxos: Caucarraucau no Mississippi, a Carolina a dous mil¨ªmetros escasos da abstracci¨®n e as¨ª sucesivamente. A terceira, as fontes: case todas as pezas saen do Cancioneiro Popular Galego reunido pola su¨ªza Doroth¨¦ Schubarth tras unha viaxe a Galicia en 1978.
¡°O seu tratamento denso pero tam¨¦n divulgativo, elegante e agarimoso, met¨®dico e profundo, abriu un cami?o no ¨¢mbito da etnomusicolox¨ªa en Galicia que desco?eciamos e que nunca antes fora experimentado", argumenta Caxade en torno ao traballo de Schubarth, unha serie de gravaci¨®ns e transcrici¨®ns que se conservan nos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. ¡°A s¨²a investigaci¨®n pechou unha etapa¡±, contin¨²a, ¡°supuxo a fin do romantismo musical e as recollidas de campo feitas por ne¨®fitos e abriu un cami?o novo do que a¨ªnda no sabemos percorrido e meta".
Gravado nos estudios de Radio Galega, o debut de PELdeNOZ re¨²ne 10 canci¨®ns. Abre a Carolina nunha apropiaci¨®n instrumental e seguen Reg¨¹elhe, sobre unha mui?eira recollida en 1980 nese lugar da parroquia de Olveira, en Dumbr¨ªa (A Coru?a), e d¨²as pezas ligadas ao repertorio de Florencio L¨®pez, o Cego dos Vilares: Leonor, un dos temas m¨¢is di¨¢fanos e conmovedores do disco, e Vilares, un ¨¢spero canto de arrieiro. Ux¨ªa de Numide ¨¦ unha canci¨®n de berce que o propio Caxade escoitou da boca dunha cativa de tres anos en Ordes, e Arrigar em Lobeira parte dun canto de apa?ar o li?o que Schubarth aprendera de Xaqu¨ªn Lorenzo Xocas e este, pola s¨²a vez, recollera nos anos vinte. Pechan unha xota, O arroio; outra peza do Cego dos Vilares, Caucarraucau; e un canto de labor recollido por Jos¨¦ Inzenga (1828-1891) en Ourense, Tr¨®upele Tr¨®upele.
Fragmentada ¡ªcando non anestesiada polo pasado continuo da retroman¨ªa¡ª certa capacidade de innovaci¨®n na m¨²sica popular contempor¨¢nea, a dial¨¦ctica entre o rock e o folk est¨¢ hoxe devaluada, tam¨¦n en Galicia. A Caxade, ademais do acorde¨®n, d¨¢nselle ben as met¨¢foras: ¡°Haber¨ªa que ir pasando do samba galego ¨¢ bossanova, e iso require coci?a de ferro e lume lento. Schubarth cartografou o samba, agora ¨¦ cousa nosa chegar ¨¢ bossanova¡±. A falta de exercicios de apropiaci¨®n an¨¢logos aos de Nacho Vegas e Xel Pereda con Lucas 15 (2008) arredor da m¨²sica tradicional asturiana, PELdeNOZ prop¨®n a s¨²a qu¨ªmica: o jazz&trad, ¡°onde trad ¨¦ seguridade, calma, orientaci¨®n e equilibrio, e jazz ¨¦ liberdade, variaci¨®n, improvisaci¨®n, diversi¨®n e xogo".
Lonxe destas coordenadas, a bisagra do ver¨¢n deber¨ªa traer varios discos. Na lista de espera segue, inexplicablemente, o primeiro LP de Srasrsra, que Discoteca Oc¨¦ano prometera publicar hai xa varios meses. Inminente ¨¦ a sa¨ªda do novo de Diadermin no cat¨¢logo de Enanos Gigantes, selo que abandonaron Franc3s para publicar con Limbo Starr o seu segundo disco, xa gravado e previsto para o outono. O que segue a ferver ¨¦ verkami.com, a plataforma de crowdfunding. Tras os pasos de Galician Bizarre II ou o colectivo Metamovida, que xa acadaron o seu financiamento, andan agora proxectos tan dispares como o dos vigueses Cr¨®!, os dous tributos a Zeca Afonso (Terra da fraternidade) e Mag¨ªn Blanco (Doutor Apertas) ou o ¡°disco d¨ªscolo¡± do d¨²o Os da R¨ªa.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.