Memoria da saudosa desterrada
Mar¨ªa Luz Morales, primeira directora dun xornal en Espa?a, foi galeguista na preguerra e mantivo contacto co nacionalismo mesmo durante a ditadura
Non vacilou no seu xu¨ªzo Mar¨ªa Luz Morales cando dende as p¨¢xinas de El Solde Madrid sentenciaba ¨¢ altura de 1929: "acostumados a ver ¨¢s s¨²as mulleres traballando duramente no campo -coma eles-, non pode aos homes galegos sorprenderlles que fagan versos... mellor ca eles". En por iso, ergu¨ªa o nome de Rosal¨ªa de Castro ao cumio da nosa literatura e recuncaba sempre nunha visi¨®n da s¨²a Galicia natal coma unha terra "fonda e esencialmente feminina".
Nacera na Coru?a no ¨²ltimo alento do s¨¦culo XIX e chegou sendo a¨ªnda unha nena a Barcelona porque o traballo do pai as¨ª o obrigaba. Aquel desterro prematuro non debeu impedir, as¨ª e todo, que a visi¨®n do mar galego callase na ollada da cativa. Case medio s¨¦culo despois, o son das augas bravas no bater contra os vidros da s¨²a casa coru?esa topou resonancia nas p¨¢xinas da s¨²a ¨²nica novela, Balc¨®n al Atl¨¢ntico (Barcelona, 1955). Dende Catalu?a, comezou a exercer publicamente como aberta defensora da causa galeguista. Xa dende comezos dos trinta participa nas campa?as e acci¨®ns a prol do Estatuto. En marzo de 1935, A Nosa Terra avanza unha listaxe de doantes para un monumento popular dedicado ao poeta vangardista Manuel Antonio, finado de xeito prematuro a comezos de 1930. A restra de nomes aparece encabezada por Morales, que doa 25 pesetas, unha cantidade cuantiosa se se ten en conta que o resto de doaz¨®ns oscilan entre as 5 e as 10 pesetas. En 1938, en pleno desenvolvemento da contenda, ingresa no Grupo de Mulleres Galeguistas creado na capital catal¨¢.
Aquel espertar do seu sentir galego de seguro tivo a empuxada das d¨²as visitas a Galicia das que hai constancia nestes anos. En agosto de 1929 viaxa a Pontevedra para tomar parte nunha homenaxe a Concepci¨®n Arenal ¨¢ beira do escritor e hist¨®rico galeguista Xerardo ?lvarez Limeses. Morales ofrece un discurso no que repara, moi especialmente, na capacidade creadora da muller galega como poeta ventureira e creadora espont¨¢nea. En xu?o de 1933, ¨¦ reclamada polas xentes do Partido Galeguista para participar en Ourense como mantedora dun certame literario en homenaxe a Manuel Murgu¨ªa, do que se cumpr¨ªan cen anos do seu nacemento. O acto prolongouse pola noite coa celebraci¨®n dun banquete na honra de Emilia Docet, a miss Espa?a, e do poeta Manuel Lu¨ªs Acu?a, que fora galardoado no certame. Daquel ¨¢gape cons¨¦rvase unha fotograf¨ªa de grande interese rescatada no seu d¨ªa polo historiador Marcos Valc¨¢rcel. O documento ¨¦ revelador das relaci¨®ns da xornalista cos fact¨®tums do galeguismo cultural e pol¨ªtico, en particular co c¨ªrculo ourens¨¢n. Aquela noite, no Hotel Mi?o, compartiron mesa intelectuais senlleiros con persoas de relevo da vida social ourens¨¢. Morales aparece ao car¨®n de Otero Pedrayo. Entre os presentes est¨¢n tam¨¦n a muller deste, Fita, Vicente Risco, ?lvaro Cunqueiro, Blanco Amor e Manuel Pe?a Rei. A xuntanza mesmo acolleu algunha an¨¦cdota entre os comensais, como a rexistrada nunha cuartilla d'A Nosa Terra na que se satiriza arredor da impresi¨®n que a miss Espa?a causara aquela noite no mozo Cunqueiro.
A gran se?ora da prensa
A escasa memoria que se conserva de Mar¨ªa Luz Morales nos nosos d¨ªas ten como cerne o feito vistoso de ser a primeira muller en dirixir un xornal en Espa?a. O levantamento militar de xullo do 36 acaba coa que daquela era a ¨²nica muller da redacci¨®n no cargo de directora de La Vanguardia, que exerceu durante seis meses. A nova trasl¨¢dalla por carta a finais de xullo do 36 ao seu amigo, o xurista ?ngel Ossorio y Gallardo: "Ofrec¨¦ronme, a min!, a Direcci¨®n do peri¨®dico. (...) Se me nomeasen Marqu¨¦s de Abisinia, non me parecer¨ªa m¨¢is disparatado. Mais, (...) o momento ¨¦ tan dif¨ªcil que non puiden dicir que non". Mal sab¨ªa que aquela decisi¨®n lle ¨ªa custar o paso polo c¨¢rcere e a marxinaci¨®n profesional durante os longos anos da posguerra.
Morales foi unha das pioneiras do xornalismo en Espa?a. Chegara ¨¢ profesi¨®n no ano 1921, despois de ga?ar un concurso da revista barcelonesa El Hogar y la Moda. Despois veu o seu ingreso en La Vanguardia e o seu paso por El Sol de Madrid, no que dirixe unha secci¨®n feminina dende 1926 ata 1934. A s¨²a sinatura visitou tam¨¦n outras cabeceiras, como El Noticiero Universal, Hoja del lunes, Destino ou o Diario de Barcelona. Toda unha vida de entrega ao xornalismo que lle valeu o alcume de "gran se?ora da prensa" por parte dos seus compa?eiros de profesi¨®n.
De volta en Barcelona, env¨ªalles cadans¨²a carta a Pedrayo e Francisco Fern¨¢ndez del Riego para agradecerlles a atenci¨®n recibida na viaxe. Das misivas t¨ªrase que a rede de amizades galegas se estendeu, ademais de ¨¢s xentes do Grupo N¨®s, aos membros do Seminario de Estudos Galegos. O certo ¨¦ que, nesta altura, a intelectualidade galeguista consideraba a Mar¨ªa Luz Morales unha compa?eira m¨¢is, defensora dos intereses da naci¨®n e solidarizada coa problem¨¢tica ling¨¹¨ªstica. Tal ¨¦ que dende A Nosa Terra a cualifican reiteradamente de "irm¨¢ na Patria". Sen d¨²bida, a xornalista actuaba como modelo for¨¢neo, e con ga?ado prestixio, para as galegas cultas, que non se pod¨ªan reco?ecer no estereotipo da muller labrega e analfabeta.
Mesmo tralo seu paso polo c¨¢rcere, no abafante ambiente do r¨¦xime, Mar¨ªa Luz Morales mant¨¦n o seu compromiso coa terra, que agora queda confinado, como ¨¦ obvio, ao eido cultural. Conserva o contacto cos c¨ªrculos galeguistas cos que tivera ocasi¨®n de tratar na xeira anterior, algo do que d¨¢ conta a correspondencia que neste momento mant¨¦n con Fern¨¢ndez del Riego e Otero Pedrayo. En maio de 1955, o fundador de Galaxia asina no diario vespertino La Noche a cr¨ªtica da xa citada Balc¨®n al Atl¨¢ntico. Sobre a autora escribe: "? s¨²a obra d¨¢lle, a admirada amiga, o que cabe esixirlle a todo novelista: veracidade psicol¨®xica, amais da veracidade do caso, cualificado con delicadeza pura e un san acento de galeguidade". Precisamente, nunha desas poucas misivas que se conservan, a xornalista agradece a xenerosidade do amigo e conf¨¦salle alg¨²ns medos na escrita: "Asust¨¢bame ese atrevemento de tentar internarme pola alma dunha Galicia da que me arrancaron aos seis anos (malia que non nac¨ªn nela por casualidade, coma outros...), pero era unha evasi¨®n -ao x¨¦nero e ao lugar- que eu precisaba para seguir escribindo". E desp¨ªdese: "Reciba a sincera amizade desta saudosa desterrada".
De igual xeito, preocupouse Mar¨ªa Luz Morales pola difusi¨®n en Catalu?a da lingua e cultura galegas, chegando a publicar na s¨²a editorial (Surco levaba por nome) un libro pol¨¦mico do galeguista Vicente Risco, e agora ben considerado polo r¨¦xime: a Historia de los jud¨ªos (1955). Antes da guerra, participa tam¨¦n nas visitas dalg¨²ns autores a Barcelona, como ¨¦ o caso de ?lvaro Cunqueiro, que compartiu amizade con Tom¨¤s Garc¨¦s, e doutras voces novas da nosa literatura que achega nalgunhas conferencias. Na posguerra, intensificou tam¨¦n a s¨²a relaci¨®n con Eduardo Blanco Amor durante as estad¨ªas do autor d'A Esmorga en Barcelona. Nunha dedicatoria intensa da terceira edici¨®n do seu libro Chile a la vista (1950), escr¨ªbelle ¨¢ altura de 1958: "a Mar¨ªa Luz Morales, a mi?a "madri?a" barcelonesa, co vello afecto do seu paisano (porque non vou consentir que nola rouben de todo os catal¨¢ns!)".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.