"A poes¨ªa galega ¨¦ mellor c¨¢ castel¨¢"
O novo premio Cervantes explica a s¨²a paix¨®n pola l¨ªrica de Galicia, que "conecta cun entendemento progresista da tradici¨®n"
L¨¦vao dicindo desde hai moito tempo Antonio Gamoneda, a¨ªnda que doia no Norte, na Meseta e sobre todo no Sur: "De 20 ou 25 anos para ac¨¢, a poes¨ªa portuguesa e a galega son moito mellores e te?en m¨¢is nivel que a poes¨ªa que se escribe en Espa?a". O novo Premio Cervantes considera, por exemplo, que "Herberto Helder ¨¦ o poeta vivo m¨¢is importante de Europa". Cita entre os lusos a Ramos Rosas e aos rec¨¦n falecidos Cesariny e Eug¨¦nio de Andrade. Entre os galegos nomea, en primeiro lugar, a M¨¦ndez Ferr¨ªn. Logo xorden Baixeras, ?lvarez C¨¢ccamo, Fern¨¢n-Vello, Xo¨¢n Abeleira, Olga Novo, Rodr¨ªguez Fer, Manuel Outeiri?o, Chus Pato ... "Prescindindo de Rosal¨ªa, Curros Enr¨ªquez e alg¨²n m¨¢is, a lingua galega foi asociada cunha sociedade e unha cultura rural. Pero en Galicia, ao contrario que en Espa?a, e cos precedentes non afastados de Pimentel ou Taramancos, os poetas, probablemente encabezados por M¨¦ndez Ferr¨ªn -non na tendencia, sen¨®n na estimaci¨®n do poder desa lingua- chegaron a unha verdadeira impregnaci¨®n da palabra po¨¦tica".
"A lingua galega foi dinamizada polos escritores dun xeito exemplar"
Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931) reside en Le¨®n dende neno e nesa cidade desenvolveu, en solitario, a traxectoria po¨¦tica que o pasado 30 novembro - o mesmo d¨ªa en que recoll¨ªa o Premio Reina Sof¨ªa de Poes¨ªa - viu recompensada co Cervantes. Insiste en que a poes¨ªa "emana da vida" e ten que ver coa "busca do oculto", coa "revelaci¨®n" entendida como ese "un non saber sabendo" do que falaba Juan de la Cruz. E afirma sen ambaxes que en Espa?a se produciu un entendemento equivocado de como estar na tradici¨®n po¨¦tica: "A poes¨ªa espa?ola hexem¨®nica quixo fundamentarse no que eles chaman a palabra normalizada, ¨¦ dicir, a palabra coloquial, denotativa, informativa. E iso ¨¦ colocarse na tradici¨®n dun xeito regresivo e formalmente reaccionario".
Rem¨®ntase ¨¢ Idade Media, "cando a poes¨ªa era un elemento medi¨¢tico realmente necesario", para explicar que a partir de a¨ª -e cita a Garcilaso- ao tempo que xorde a tipograf¨ªa e a posibilidade de multiplicar a escritura, a poes¨ªa deixa de ser unha necesidade social en termos informativos para empezar a ser unha linguaxe anormal no mellor sentido da palabra. Nese sentido considera Gamoneda que "a lingua galega foi dinamizada polos escritores dun xeito exemplar, dando como resultado un n¨²mero elevado de poetas que se sit¨²an dende unha dignidade po¨¦tica para arriba. ?Por que? Porque conectaron a s¨²a escritura cun entendemento progresista da tradici¨®n". Pola contra, os poetas figurativos castel¨¢ns "desgrazadamente -e cunha actitude que respecto pero que de ning¨²n xeito comparto- levaron ¨¢ poes¨ªa a palabra normalizada, o realismo, o contido expl¨ªcito, en ocasi¨®ns ligado a trivialidades e noutras a unha expresi¨®n relacionada con feitos sociais, mesmo con ideolox¨ªas avanzadas. Pero lev¨¢rona na mesma linguaxe que se utiliza para conversar ou para a televisi¨®n. ?E que funci¨®n ¨¦ esa para a poes¨ªa? Cando existen outros medios poderos¨ªsimos, tecnificados, que poden realmente transportar opini¨®n, e ata subversi¨®n, na linguaxe de cada d¨ªa... ?Que falta fai que o faga a poes¨ªa?", cuestiona.
En definitiva, e con independencia de que nalg¨²ns casos esa poes¨ªa denominada figurativa, ou da experiencia, poida levar consigo unha vontade de loita social xusta, o veh¨ªculo ¨¦ equivocado. "Esa tendencia converteuse en hexem¨®nica en Espa?a - non en Iberoam¨¦rica, ollo- pero deu un baix¨®n fort¨ªsimo ao grao cualitativo da poes¨ªa en castel¨¢n". Ademais, "en orde ao seu enfrontamento coas formas de poder coas que hai que enfrontarse, a poes¨ªa galega resulta m¨¢is eficaz que a hexem¨®nica castel¨¢, por d¨²as raz¨®ns: unha, porque a lingua presuntamente rural leva consigo unha especie de compo?ente subversivo, por non ser, dentro de Espa?a, a lingua oficialmente principal. E dous, porque realmente os que fan poes¨ªa en galego conectaron con formas progresistas, co m¨¢is v¨¢lido das vangardas, co simbolismo franc¨¦s... E porque non se limitaron ¨¢ simpleza do realismo".
Gamoneda, vello loitador antifascista, reco?ece ademais unha especie de afinidade con M¨¦ndez Ferr¨ªn. Resulta significativo, por exemplo, que en 1976 aparezan dous libros emblem¨¢ticos para ambos os dous, Descripci¨®n de la mentira e Con p¨®lvora e magnolias. "Si, creo que houbo unha serie de simultaneidades entre Ferr¨ªn e eu, mesmo antes de co?ecernos. As respostas individuais, ideol¨®xicas, de Ferr¨ªn e mi?as suscitaron poemarios que quizais non estaban pr¨®ximos, pero a orientaci¨®n da cal non se contradic¨ªa. Ao contrario, harmonizaba"
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.