Gaia, a Cidade da Cultura, e a deconstruci¨®n
? importante o nome das cousas. O top¨®nimo Gai¨¢s fai lembrar a Gaia, o nome futurista, ecoloxista da Terra. Un nome de resonancia cl¨¢sica para a concepci¨®n m¨¢is intelixente e anovadora do planeta como un todo que se autorregula, un ser de seres, un extraordinario tecido de interconexi¨®ns. A teor¨ªa desenvolvida por James Lovelock. Trat¨¢rono de chalado, mais agora ¨¦ reco?ecido como un dos pensadores que sacou a ciencia de estar pechada en catro paredes. Cumpridos os 86 anos, v¨¦n de publicar en ingl¨¦s A revancha de Gaia.
Penso en Gaia e penso en Gai¨¢s. ? unha concepci¨®n, unha arquitectura producto do quentamento global. O monumentalismo do baleiro. Case todo est¨¢ dito verbo da chamada Cidade da Cultura. Porque agora deixou de ser tab¨², ese grande cr¨¢ter que engul¨ªa aos poucos valentes que ousaron preguntar o porqu¨¦, o para qu¨¦. o canto. No tempo do Grande Timonel (Cu¨ª?a dixit) todo era am¨¦n. E ao que piou, enterr¨¢rono vivo. Vela¨ª o caso Pedro de Llano. Foi declarado nos xornais "cad¨¢ver pol¨ªtico". foi obxecto dun proceso de queima persoal e profesional. Ao estilo inquisici¨®n. Ao estilo Mc Carthy. A el, a quen m¨¢is sab¨ªa, o experto da arquitectura popular, quit¨¢ronlle o traballo de rehabilitaci¨®n do Piornedo. Pasou ao censo de desaparecidos culturais. Ao exilio interior. O home rebelde, ese que volve unha e outra vez a Albert Camus, cantou as verdades do monte Gai¨¢s co outro maquis de arquitectura galega, o Pl¨¢cido Lizancos. Curiosamente, estas voces cr¨ªticas, as que forneceran de raz¨®ns aos opositores no pasado, non foron o¨ªdas nos foros oficiais verbo do futuro da Cidade da Cultura. De Llano e Lizancos xa son dous veteranos expertos no movemento co?ecido como "Corpo a terra que ve?en os nosos!".
Pedro de Llano ¨¦ dos que pensan que haber¨ªa que parar a obra de Gai¨¢s. ? discut¨ªbel. O que non ¨¦ discut¨ªbel ¨¦ a demanda de po?er Galicia en estado de contas. A verdade ¨¦ sempre o mellor xeito de facer patriotismo. ? un paradoxo moi enxebre, unha inxustiza revirada, que o presidente Touri?o e Anxela Bugallo leven paos cos foguetes destinados a festexar o vello Patr¨®n o D¨ªa da Gran Inauguraci¨®n. Outro milagre do Ap¨®stolo! Cando marchou Fraga, todos os caladi?os botaron a falar. Para que logo digan que non cambiamos de r¨¦xime. Cambiamos de civilizaci¨®n! Houbo alg¨²ns que descubriron a fala, o alfabeto, a felicidade de expresi¨®n. E xa no frenes¨ª, o sabor engaiolante do maldizer. A min res¨²ltame entra?¨¢bel esta revoluci¨®n do Batall¨®n dos Caladi?os a disparar agora canonazos de papel contra o delirio de Gai¨¢s.
Que facer, se non hai volta atr¨¢s? Dende logo, hai que po?er a autonom¨ªa en estado de contas. E hai que decidir un destino, ademais das previs¨ªbeis previsi¨®ns. Hai que po?er Gaia en Gai¨¢s. Ten que ter un grande eixo de sentido. Ten que vencer o baleiro. S¨® hai unha cousa no planeta que poda facer sost¨ªbel Gai¨¢s: a arte. Marx dic¨ªa unha cousa ben po¨¦tica: que o globo terr¨¢queo, que a esfera, pousa sempre nun sitio para apoiar. A esfera pode volver a pousar en Santiago de Compostela dun xeito anovador. Hai que pensar Gai¨¢s como o lugar de Gaia. Un h¨¢bitat que convoque a arte en convulsi¨®n, os artistas valentes de todo o planeta Terra. Tentar que a¨ª pouse a esfera, nun innovador enxerto de arte e natureza.
LEVANTAR DO CHAN
Este ¨¦ un libro esencial. Se houber que gardar nunha arca a informaci¨®n m¨¢is preciosa de Galicia sen d¨²bida al¨ª ter¨ªa que estar este tratado Arquitectura Popular en Galicia: Raz¨®n e construci¨®n, de Pedro de Llano, que reedita Xerais en nova versi¨®n do autor e con fotograf¨ªas de Juan Rodr¨ªguez, despois de vinte anos da primeira edici¨®n do COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia). Imaxino a este libro nas mans de William Morris, de Frank Lloyd Wright, de Le Corbusier, dos arquitectos republicanos comprometidos do Gatepac como Sert, do fin¨¦s Alvar Aalto. Imaxino a s¨²a excitaci¨®n ao ver, por exemplo, o xeito de nave invertida que ten a palloza galega no alto cume, axeitada para aproar ventos e treboadas.
Se cultura ¨¦ cultivo, o ben que lle acae a esta obra a definici¨®n de traballo de campo. O Pedro de Llano que remata os seus estudos e ponse a percorrer Galicia da man dalg¨²ns sabios da tribo, como Xoaqu¨ªn Lourenzo, vai levantando debuxos sen acougo. Como se tivera medo a perder a vista. Perder a vista. Levantar. Son cousas que te?en un dobre significado en certos tempos. Levantar ¨¦ deixar testemu?o gr¨¢fico, reproducir. Mais levantar ¨¦ tam¨¦n alzar o que est¨¢ ca¨ªdo, po?elo ¨¢ altura dos ollos da ¨¦poca, facer ver o invis¨ªbel, valorar o que non prezado, descubrir a propia terra. As¨ª Rosal¨ªa e os seus compa?eiros o que fixeron ao escribir en lingua galega foi tam¨¦n un debuxo de campo: levantar as palabras do chan.
Outro paralelismo. Rafael Dieste pescudou na vontade de estilo na fala popular. Pedro de Llano pescudou na vontade de estilo na construci¨®n popular. A vida non ¨¦ m¨¢is que unha "enorme forza creadora de formas" (Jacob Schleiden). E quen sen¨®n a vida fixo de director de obra na arquitectura sen arquitectos? Non c¨®mpre idealizar. Mais peor que o idealizar ¨¦che o ignorar, o desprezo da aldea. A casa era ¨¢ vez fogar, corte e obradoiro. E tam¨¦n unha escola de sensaci¨®ns. Unha arquitectura da verdade e da beleza, no fondo sentido do poema de John Keats: A beleza ¨¦ a verdade e a verdade, bela. Agora a m¨¢is interesante arquitectura de vangarda fala da vivenda como un lugar sensorial, a superaci¨®n da casa as¨¦ptica, neutra, inexpresiva. Le Corbusier non esqueceu endexamais a lecci¨®n constructiva que lle aprendeu a monta?a suiza: "Un mundo no que hab¨ªa xentes que levaban esterco nos zocos e esp¨ªrito na mente". Mais se cadra ao noso tempo o que lle acae, e de qu¨¦ maneira, ¨¦ a cita do mestre Alejandro de la Sota: "A arquitectura ou ¨¦ popular ou ¨¦ intelectual; o demais ¨¦ negocio".
O PARTIDO DA DECONSTRUCI?N
O m¨¢is valioso manuscrito que temos ¨¦ o propio territorio. A¨ª, nese palimpsesto, est¨¢ escrito todo. Que clase de texto estamos a facer agora coa nosa terra? Dise que a literatura galega est¨¢ orfa de boas novelas policiais, da chamada serie negra. Ben. Pois a¨ª temos unha ben excitante, e a xeito de punzantes reflexi¨®ns e dunha espantosa (no sentido portugu¨¦s: asombrosa!) descuberta fotogr¨¢fica, a realizada por Alba V¨¢zquez Carpentier. Esta novela negra sobre territorio e arquitectura t¨ªtulase Fe¨ªsmo? Destru¨ªr un pa¨ªs. Na obra, coordenada por Xavier Paz, colaboran 27 autores, e est¨¢ lanzada dende Ourense pola Difusora de Letras, Artes e Ideas, unha factor¨ªa na que agromou tam¨¦n outra xoia ¨¦tico/est¨¦tica da historia da edici¨®n e o dese?o en Galicia, aquel Nunca M¨¢is: A voz da cidadan¨ªa.
Disc¨²tese moito o termo feismo. Penso que haber¨ªa que falar directamente de violencia catastral. Ou de maltrato. O feismo ¨¦ ¨¢ violencia catastral o que o machismo ¨¢ violencia dom¨¦stica. A espantosa descuberta fotogr¨¢fica leva ep¨ªgrafes que semellan postos por un dos detectives mexicanos de Paco Ignacio Taibo II: Por un metro de predio, Cementar, cementarei!, A c¨¢mara dos horrores, Castelos no ar, Fashionante! ou Francamente ruinoso. Entre as aportaci¨®ns, hoxe prend¨ªn nun inquietante texto do arquitecto Xan Creus, A beleza da m¨¢scara, que nos seus primeiros tres puntos di: "1) Galicia non ¨¦ fea. Ten posta unha m¨¢scara. 2) Toda m¨¢scara pode ser quitada. Salvo que ela habite en n¨®s. Se habita vai ser un longo proceso de exorcismo, de autodestruci¨®n. 3) Quero pensar que a¨ªnda non habita en n¨®s!".
Mentres alg¨²ns te¨®ricos profundaban na idea da construci¨®n nacional, un outro PC, o Partido da Construci¨®n, case nos deixa toda a naci¨®n constru¨ªda e pavimentada. "Pavimentame, Cu¨ª?a, pavimentameeee!", cantaba en Lal¨ªn o valente Pinto de Herb¨®n. Agora, ¨¢ vista do que ocorre na v¨ªa r¨¢pida e asasina do Saln¨¦s, semella que a propia natureza galega, instru¨ªda en Jacques Derrida, comeza un proceso de deconstruci¨®n. Tam¨¦n a¨ª vai da man da arte valente, como a que se mostra en Pintura mutante do Museo de Arte Contempor¨¢nea de Vigo, e que ¨¦ quen de pintar verdade e m¨¢scara a un tempo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.