"O escritor debe roubar, ser un predador, un pirata"
Xos¨¦ Lu¨ªs M¨¦ndez Ferr¨ªn (Ourense, 1938) non quere ser o centro de nada, moito menos da literatura galega. "Reco?¨¦zome na mi?a xeraci¨®n, aquel colectivo que, durante o franquismo, soubo dicir non ¨¢ saudade como fuxida da pol¨ªtica", declara, "que soubo entender que a nosa literatura deb¨ªa ser diferente da escrita por Fole ou por Cunqueiro, pero eu s¨® non".
De opini¨®ns pol¨ªticas contundentes e candidato ao Premio Nobel, M¨¦ndez Ferr¨ªn ¨¦ respectado por case todos os colegas. Logo do seu ¨²ltimo libro de poemas, Contra Maquieiro, en 2005, o escritor Xabier Cordal afirmou que, malia a xa non estar de moda, resultaba preciso lembrar que Ferr¨ªn segu¨ªa a ser o mellor poeta galego. Na actualidade prepara a publicaci¨®n dun ensaio sobre "onom¨¢stica recreativa" titulado Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos.
"A poes¨ªa pol¨ªtica non desapareceu en Galicia, nin nos momentos de adoraci¨®n do pensamento feble"
"Coincido con Claudio Rodr¨ªguez en que un non pode ser poeta todo o tempo. Si articulista ou novelista"
"Valle-Incl¨¢n, dende a s¨²a primeira obra, est¨¢ mudando, pero sen perder o seu n¨²cleo de diamante"
"O escritor galego debe frecuentar as grandes culturas europeas, sen¨®n, vira escritor dialectal de Madrid"
Pregunta. Adorno conclu¨ªu que raz¨®n ilustrada desembocou en Auschwitz. O seu ¨²ltimo libro, pola contra, reclama a raz¨®n con mai¨²scula...
Respuesta. A insidia de Adorno consistiu en marcar unha distancia co racionalismo. E ch¨¢molle insidia no sentido de que foi utilizada pola dereita intelectual disolvente para desregularizar o pensamento forte e producir ese caos de pensamento tan necesario para o capital que foi o posmodernismo. Pero estamos noutra situaci¨®n. Na actualidade, o pensamento de Badiou, de Ranci¨¨re ou, entre n¨®s, de Paco Sampedro busca unha reinvenci¨®n, dende o marxismo, da Ilustraci¨®n, que mesmo incl¨²e unha valoraci¨®n positiva do bonapartismo. A¨ª, modestamente, sit¨²o Contra Maquieiro.
P. A historia literaria di que o seu libro de 1976, Con p¨®lvora e magnolias, liquidou o socialrealismo na poes¨ªa galega. Pero nos seus libros nunca desapareceu a pulsi¨®n pol¨ªtica...
R. O socialrealismo non foi m¨¢is que unha imitaci¨®n da peor poes¨ªa comprometida castel¨¢. Nin sequera chegou a atender ao poema baril e potente de Celso Emilio Ferreiro. E desapareceu non polo meu libro, sen¨®n pola propia l¨®xica interna da linguaxe po¨¦tica. Logo instaurouse outra moda de imitaci¨®n espa?ola, que ti?a no obxectivo os nov¨ªsimo
s de Castellet. Foi un balance, de Guatemala a guatepeor, pero a pol¨ªtica nunca marchou da poes¨ªa galega. Estaba en Rosal¨ªa, estivo en C¨¢ccamo nos oitenta, por exemplo, est¨¢ en Chus Pato ou nos novos. A poes¨ªa pol¨ªtica nunca se ausentou, nin sequera nos momentos m¨¢is intensos de adoraci¨®n do pensamento feble.
P. Na s¨²a obra hai un traballo estremo da lingua. Non existe perigo do manierismo?
R. Nestes tempos hai grandes escritores que dominan perfectamente a lingua galega e non s¨® na funci¨®n po¨¦tica, sen¨®n a lingua en xeral. Ditan unha norma social. Ref¨ªrome a Manuel Outeiri?o, Dar¨ªo Xoh¨¢n Cabana, Anxo Angueira ou, dos m¨¢is recentes, Olga Novo. Isto ocorre agora mesmo. Pero o manierismo, que ¨¦ un perigo permanente, det¨¦ctase sempre. Por exemplo, Cunqueiro foi un manierista en gran parte da s¨²a obra. Non ¨¦ at¨¦ a s¨²a vellez, cando rexeita todo esteticismo e se enfronta ¨¢ realidade da existencia, que xorde o que, para min, ¨¦ o gran Cunqueiro, o dos ¨²ltimos poemas. O caso contrario at¨®pase en Valle-Incl¨¢n. Dende a primeira obra muda, pero mant¨¦n sempre o mesmo n¨²cleo de diamante.
P. ? hora de escribir poemas, vale o oficio ou a inspiraci¨®n?
R. A linguaxe sorprende cando estamos escribindo e a creaci¨®n literaria aparece por cami?os que non previmos. Pero ser¨ªa un idealismo pensar que un esp¨ªrito se apodera de n¨®s. Somos unicamente n¨®s. Que temos dentro cousas que non sabemos e que ¨¢s veces se revelan. Pero son nosas. O demais ¨¦ oficio, porque o escritor ten que traballar como un ebanista ou ca un pedreiro. E ten que ter gu¨ªas e mestres, na literatura universal e nas linguas que sexa quen de ler. O escritor debe ser lector. Un pedrador, debe apropiarse dos outros, debe roubar, debe ser pirata e incorporar todo ¨¢ s¨²a expresi¨®n.
P. ? desex¨¢bel a profesionalizaci¨®n do escritor?
R. Houbo grandes escritores que foron profesionais, como Balzac ou Dostoievsky -case todos novelistas- e outros que non. E tam¨¦n os houbo que viviron de milagre, que non se sabe de que comeron nin de que beberon e non traballaron m¨¢is que na literatura. Outros eran profesores de matem¨¢ticas, como Paul Val¨¦ry. Non se poden establecer regras.
P. Como decide escribir un libro de poemas ou una novela?
R. A¨ª si que podo dicir que non decido. A vida conv¨®came nun determinado momento a escribir un poema. Pasei d¨¦cadas sen escribir ning¨²n e logo per¨ªodos de escribir con intensidade. Coincido con Claudio Rodr¨ªguez, un dos poetas en lingua castel¨¢ que eu considero grandes, que dic¨ªa humoristicamente: 'es que uno no puede ser poeta todo el tiempo'. Podo escribir artigos de xornal todo o tempo, novelas todo o tempo, pero non poemas todo o tempo.
P. Antonio Gamoneda volveu dicir que a poes¨ªa galega ¨¦ superior ¨¢ castel¨¢...
R. Non estou capacitado para aseguralo, porque non sigo a poes¨ªa espa?ola. Pero sei que houbo falsas canonizaci¨®ns, po?o por caso a dun poeta tan irrelevante como Gil de Biedma. Gamoneda escapa dese mundo. El ¨¦ verdade. E a poes¨ªa ¨¦ unha verdade. Como di Alain Badiou, a poes¨ªa ten efectos de verdade.
P. Onde sit¨²a, na actualidade, a vangarda da literatura galega?
R. Non hai vangarda. A vangarda resulta unha noci¨®n propia dos anos dez. O Preludio a toda est¨¦tica futura, de Risco en 1916, por exemplo. Pero a literatura galega actual est¨¢ na tradici¨®n e iso ¨¦ positivo, d¨¢ boas ensinanzas. Porque hai que ler a Rosal¨ªa, hai que ler En las orillas del Sar. Tam¨¦n hai que co?ecer as tradici¨®ns das culturas concomitantes, a alem¨¢, a francesa, a portuguesa ou a italiana. Se o escritor galego non frecuenta esas tradici¨®ns, muda en escritor dialectal que s¨® co?ece Madrid. O escritor, xa o dixo Pondal, debe participar dunha tradici¨®n supranacional.
P. Que lle di o concepto de normalizaci¨®n cultural?
R. A normalizaci¨®n cultural non existe, por iso a literatura galega non lle gusta ¨¢ Caixa de Aforros de Vigo e esta inviste en cadros, que est¨¢n calados, silenciosos. A normalizaci¨®n cultural trad¨²cese doutro xeito: a aceptaci¨®n do r¨¦xime mon¨¢rquico e do r¨¦xime dialectal, que ¨¦ o rexionalista da Xunta de Galicia. A normalizaci¨®n ¨¦ o sometemento ao estatus. Pero boa parte da literatura galega, consciente ou inconscientemente, non est¨¢ sometida. A mellor parte. Dende o meu punto de vista, o que c¨®mpre ¨¦ unha normalizaci¨®n pol¨ªtica, ¨¦ dicir, unha Galicia autodeterminada, independente, non esta.
P. A literatura galega liberouse do t¨®pico da saudade?
R. Non debe liberarse. A saudade ¨¦ unha palabra que entra na literatura galega no primeiro libro que se escribe en galego conscientemente na modernidade, o Coloquio de r¨²sticos do Padre Sarmiento. Logo, a saudade volve aparecer en Rosal¨ªa de Castro. En Cabanillas conv¨¦rtese nunha representaci¨®n idealista da alma da patria. Mesmo intentou facer unha filososf¨ªa nacionalista da saudade. E digo nacionalista no peor sentido da palabra. Houbo quen quixo presentar a saudade coma un sentimento que diferencia a galegos e portugueses do resto dos pobos. Eu non acredito niso. Pero ¨¦ un feito que, por algunha raz¨®n misteriosa, a saudade est¨¢ presente na literatura galega contempor¨¢nea. ? unha marca de distinci¨®n e unha marca de infortunio, como os s¨ªmbolos que definen Irlanda, os ¨®sos, as osamentas, que tam¨¦n son marcas de infortunio.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.