O debate urban¨ªstico chega ao cine
A nova fornada de documentalistas atopa na arquitectura unha fonte de inspiraci¨®n
O debate sobre o fe¨ªsmo, a desaparici¨®n da arquitectura industrial ou os xeitos alternativos de facerse cunha vivenda tam¨¦n chegaron este ano ¨¢ nova fornada de documentalistas do audiovisual galego. Entre o m¨¢is de medio cento de curtas e documentais apoiados este ano pola Conseller¨ªa de Cultura, varios deles abordan dun xeito cr¨ªtico estes temas, algo pouco habitual ata o momento. "A xente sentiuse libre para tratar temas que ata o de agora semellaban intocables, e ¨¦ un bo s¨ªntoma que os realizadores poidan ser cr¨ªticos, neste caso provocando fondas reflexi¨®ns sobre a paisaxe", explica Manolo Gonz¨¢lez, director da Axencia Galega do Audiovisual.
"Fagamos barrios modernos, pero non perdamos as caracter¨ªsticas dos lugares hist¨®ricos e dos edificios emblem¨¢ticos, porque son irrecuperables", reflexiona Celestino Garc¨ªa Bra?a, presidente do Colexio de Arquitectos, no documental de Miguel A. Romero A cidade perdida. Romero ¨¦ un namorado da arquitectura racionalista, da Bauhaus e do estilo trazado por Walter Gropius, e decidiu facer un documental seguindo as pegadas do racionalismo nalg¨²ns exemplos da arquitectura industrial de Vigo, como o edificio da F¨¢brica de ?lvarez ou a emblem¨¢tica Panificadora, que parecen te-los d¨ªas contados. "Quixen deixar reflexado que estes edificios nos identifican como cidade, e te?en un enorme valor arquitect¨®nico", explica este xove director.
Malia a diversidade de opini¨®ns recollidas no documental, como historiadores, arquitectos ou veci?os, o director non agocha o delicado que foi tratar o tema: "Gustar¨ªame ter sido m¨¢is incorrecto, pero outra vez ser¨¢". A¨ªnda as¨ª, Romero non dubida en plasmar alg¨²ns feitos que chaman a atenci¨®n, coma os incendios no edificio da Panificadora e no Casa Mar, futuro auditorio de Vigo, en momentos nos que se estaba a debater o seu futuro. O traballo deste documentalista non pasou desapercibido, e o colectivo Outro Vigo ¨¦ Posible, xa lle ven de encargar un novo filme sobre o deterioro do Casco Vello e as pol¨¦micas operaci¨®ns urban¨ªsticas que est¨¢n en marcha nesta zona.
"Aqu¨ª xa non se ve o sol nin na estrada", sentencia un veci?o de Sardi?eiro, en Fisterra, rodeado de edificios empapelados con nomes de inmobiliarias, nunha das imaxes d' A casa de Lola de Andr¨¦s. ""Quixen remover conciencias e provocar unha reflexi¨®n", explica Olaia Send¨®n, a directora deste documental, un traballo moi cr¨ªtico arredor da especulaci¨®n urban¨ªstica na Costa da Morte en xeral e na zona de Sardi?eiro en particular. A partir do derrubo dunha casa que era centro de reuni¨®n social, e a posterior construci¨®n de vivendas, a directora vai tecendo un panorama desalentador. "A hora de facer o documental descubr¨ªn que non hab¨ªa ningu¨¦n que estivese dacordo coa presi¨®n urban¨ªstica que sofre esta zona, pero ¨® mesmo tempo tampouco ningu¨¦n protestaba, que iso ¨¦ o m¨¢is triste de todo". No documental rec¨®llense opini¨®ns de todo tipo, desde o alcalde de Fisterra, que non tivo reparos en falar abertamente de cuesti¨®ns urban¨ªsticas, ata mari?eiros, albaneis, poetas, turistas ou pelegr¨ªns decepcionados que pensaban que Fisterra era un lugar completamente virxe. Malia ser o seu primeiro traballo, A casa de Lola de Andr¨¦s acaba de ser elixido para o Festival de M¨¢laga, un dos m¨¢is importantes de Espa?a.
No punto contrario ¨¢s mareas de cemento de Sardi?eiro, est¨¢ o lugar das Chozas, no concello pontevedr¨¦s da Lama. Os habitantes deste lugar, herdeiros das comunas hippies, tentan construir vivendas seguindo par¨¢metros de desenvolvimento sostible e t¨¦cnicas que denominan de "bioconstruci¨®n". Esta peculiar comunidade protagoniza unha parte importante d' Un metro cadrado, un documental da tam¨¦n directora debutante Beatriz V¨¢zquez Campa?a. Os habitantes da comunidade explican no documental que puxeron 3.000 euros cada un para mercar d¨²as hect¨¢reas e media de terreo e unha aldea abandonada que est¨¢n a rehabilitar.
"Quixen levar o tema da vivenda e os xeitos de construci¨®n un pouco m¨¢is al¨¢, como reflexo da vida, e non s¨® do urbanismo", explica a directora. Neste intento por reflexar esa actitude ante a vida est¨¢n desde casas feitas con contenedores ata unhas singulares vivendas feitas con feixes de palla e barro, que "promoven un concepto novo en Espa?a, a autoconstruci¨®n", e que se est¨¢n a desenvolver nun obradoiro pioneiro no concello de Barro. "Inter¨¦same reflexar como a xente busca a vida para ubicarse en espazos habitables, mais al¨¢ dos m¨®biles econ¨®micos", afonda Campa?a. A autora ten claro o porqu¨¦ da elecci¨®n deste tema para o seu deb¨²: "Te?o 26 anos e vivo na casa dos meus pais, pero logo do visto, creo que non hai moitas esperanzas de que a cousa mude para os m¨¢is novos".
A nova fornada de documentalistas non lle trema o pulso nin siquera nun tema como a arquitectura e a paisaxe. E sobre todo, te?en claros os seus obxectivos: sementar o debate, espallar a cr¨ªtica e provocar a reflexi¨®n.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.