_
_
_
_
Reportaje:PRIMAVERA DE LIBROS | LUCES

Máis competentes e menos militantes

O éxito das versións galegas de autores como Auster marcan un punto de inflexión editorial

A inminente chegada da primavera anuncia novidades literarias que compensarán un chisco a enxurrada de publicacións sobre María Mari?o que nos agarda, as máis delas perfectamente prescindibles e reiterativas, e que nos fan devecer por ese inédito da poeta que Alvarellos ten xa no prelo, e polas conclusións que do seu estudo tire Helena González. Esperemos que se dete?a a tendencia á mixiricada que apreciamos nalgunha das achegas á autora.

O último premio Cunqueiro, Manuel Guede, recupera a figura da Bella Otero
Camilo Franco propón un exercicio de hixiene mental pouco habitual entre nós
As novidades compensarán a enxurrada de libros sobre María Mari?o

As últimas endeitas literarias, máis ben pouco estimulantes, canxaban ben co ambiente da costa de xaneiro, nada proclive a eventos e saraos. O panorama veuse animado polas traduccións, como ven sendo habitual no último ano, dende que a aposta decidida de Galaxia polos autores foráneos, e a aparición da especializada Rinoceronte Editora, marcaran un punto de inflexión. Talmente tivemos nestes meses a sensación de estar sometidos a un experimento que, a xulgar polo que anuncian as editoriais para as vindeiras semanas, validou a hipótese de que o mercado editorial galego está maduro para outorgarlle un espazo relevante nel as traducións. ?Qué mudou dende aqueles xa lonxanos 80, cando Xerais apostara con afouteza por Salinger, Wells, Buzzati e outros na colección Grandes do noso tempo, unha operación pouco afortunada dende o punto de vista comercial? Moitas cousas: temos lectores máis competentes e menos militantes, máis esixentes e menos compracentes, e temos varias promocións de profesionais da tradución, daquela inexistentes e cuxa carencia suplía o entusiasmo voluntarista de moitos.

O sucedido nestes últimos meses desminte a impresión de estatismo que ás veces ofrece o mundo do libro galego e revela que posúe axentes con intuición e capaces de arriscar, o cal non deixa de ser algo positivo nunha cultura tan conservacionista. Brooklyn follies, de Paul Auster vendeu 4.000 exemplares, que sen dúbida turrarán das vendas dunhas Viaxes no scriptorium que ve?en acompa?adas dunha serie de críticas que non lle benefician nada, pois califican o libro de endogámico ao lelo exclusivamente como un exercicio autorreferencial do propio Auster, que retoma personaxes e situacións de obras anteriores. Non fagan caso: é unha estupenda novela, narrada cun ritmo implacable e cunha economía de medios que se agradece logo do exceso de almibre de Brooklyn follies, e perfectamente asequible para aqueles que desco?ezan o resto da súa producción. Coma Ferrín, Auster é un deses escritores que, malia o carácter macrotextual do conxunto da súa obra, consegue que cada unha delas sexa un texto excepcional e autónomo. E estas viaxes lévannos polas eternas vereas da xustiza e da inxustiza, da lexitimación ou non da violencia, dos fins que xustifican (?xustifican?) os medios, en fin, por asuntos de radical actualidade para enfrontarnos ao remate co espello dunha vellez posible: a nosa. E falando de Auster: con el dialoga e tras as súas pegadas vai ILSa, a protagonista de New York, New York, de Inma López Silva, a cabalo entre o xogo metaliterario e o blog reconvertido en ficción (?ou será ao revés?). Diversión asegurada, sen renunciar á vontade de estilo.

O que está a suceder co Premio de Novela Europea Casino de Santiago amosa que aínda hai marxe para a imaxinación e a innovación nunla leira tan sachada como a dos certames literarios. Xa no 2005 nos deixamos engaiolar por ese conto de fadas contemporáneo que era Xuntos e máis nada de Anna Gavalda, e arestora agardamos expectantes por Kazuo Ishiguro e o seu Non me deixes nunca, que nos chegará en galego logo de facerse co galardón no 2006.

En canto á colección As literatas, de Xerais, segue a súa traxectoria ascendente en calidade. A factura dos libros, moi mellorada, segue dando a impresión de que as escritoras xogan en segunda división. Desta volta temos ocasión de achegarnos en galego a dúas autoras imprescindibles do século XX: Jean Rhys e Carson McCullers, con Ancho mar de argazo e A voda, respectivamente. ?Que poden ter en común as obras dunha escritora dominicana asentada en Inglaterra, e unha estadounidense do sur rescatada por Nova Iorque do conservadurismo da súa Xeorxia natal? Para empezar, a singularidade das súas voces, o afán de rachar cos binarismos (raciais, sexuais, económicos...) que nos aferrollan, e a convicción de que a literatura é unha ferramenta axeitada para facelo. A partir de aí, cada unha delas pescuda no seu mundo literario, ambos igualmente exóticos para nós, e conseguen que nos reco?ezamos nos medos, frustracións e incertezas dos seus personaxes.

Tamén o teatro ga?a terreo na traducción. E agora que chega o tempo delas, os libros ensaríllanse como cereixas: Xerais fíxonos chegar na última endeita O que ocorreu despois de que Nora abandonara o seu home ou os piares das sociedades, unha obra na que Elfried Jellinek, premio Nobel en 2004, imaxina unha posible continuación da Casa de bonecas de Ibsen, que moito nos tardaba e que chegará nos vindeiros días ás librerías xunto co último Premio Cunqueiro, O caso Otero de Manuel Guede. Este recupera unha vez máis a figura da Bella Otero, nun texto que non precisa para nada do rebumbio que o acompa?ou cando se fixo público que, tras o pseudónimo de Claudia Grandal con que concursaba, estaba un escritor que fora director do Centro Dramático Galego. O caso Otero debe ser presentada como a obra dun excelente dramaturgo, e nada máis: non hai tantos neste país como para que nos podamos permitir agochalos tras falsas polémicas.

Entre os escritores galegos agardamos polos 32 dentes de Xavier López, finalista do Torrente Ballester 2006. Dragona de Xavier Queipo sabe un pouco reseso, malia o indubidable atractivo dos seus personaxes e dun alento universalista e antienxebrista moi de agradecer, igual có esforzo estilístico do autor, aínda que se vexa deslucido por certas reiteracións léxicas. Camilo Franco proponos en Palabras contadas un exercicio de hixiene mental pouco habitual entre nós, e que compensa o clasicismo narrativo de Os pecados capitais de Francisco A. Vidal, Premio Terra de Melide 2005, unha novela moi ben resolta, sen alardes pero desas que fan lectores, neste caso coa sucesión de monólogos dos personaxes que a agonía dun narcotraficante convoca arredor do seu leito de morte; por certo, que Xerais anuncia para xa o ga?ador do 2006, Os paxaros tamén migran ao sul de Silverio Cerradelo.

Das novidades últimas de poesía que nos achega Espiral Maior quédome coa madurez de Xavier Seoane en Para unha luz ausente, un exercicio de vitalismo que se esforza en compensar o pulo da saudade polo que sí se deixa arrastrar sen complexos Martín Veiga en Fundaxes, aínda que a densidade do seu imaxinario nos rescata dunha lectura excesivamente sentimental. Seoane resultou ga?ador da XIV edición do Premio Espiral Maior, aberto por vez primeira a textos en galego e portugués, e chega a nós ao tempo có finalista Livro de estima?ao de Jorge Reis-Sá. Oxalá a iniciativa deste galardón bilingüe se consolide porque eses son os cami?os posibles polos que as culturas galega e portuguesa poden chegar a atoparse. Que non pase coma cos finados premios Eixo Atlántico, dos que nunca máis se soubo.

Pero, sobre todo, para combater alerxias, depresións e outros males primaverais, déixense convocar polo Shakespeare mata o porco cunha rosa de Ramón Reboiras, onde ecoan Outeiri?o e aqueles provocadores Ronseltz (?botámosvos de menos!) e onde a ironía, os xogos de palabras e a autoparodia se alían en eficacísima receita para evitar que nos tomemos demasiado en serio a nós mesmos, como individuos e como sociedade.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

?Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás a?adir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.

?Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PA?S
Recomendaciones EL PA?S
Recomendaciones EL PA?S
_
_
universo-virtual.com
buytrendz.net
thisforall.net
benchpressgains.com
qthzb.com
mindhunter9.com
dwjqp1.com
secure-signup.net
ahaayy.com
soxtry.com
tressesindia.com
puresybian.com
krpano-chs.com
cre8workshop.com
hdkino.org
peixun021.com
qz786.com
utahperformingartscenter.org
maw-pr.com
zaaksen.com
ypxsptbfd7.com
worldqrmconference.com
shangyuwh.com
eejssdfsdfdfjsd.com
playminecraftfreeonline.com
trekvietnamtour.com
your-business-articles.com
essaywritingservice10.com
hindusamaaj.com
joggingvideo.com
wandercoups.com
onlinenewsofindia.com
worldgraphic-team.com
bnsrz.com
wormblaster.net
tongchengchuyange0004.com
internetknowing.com
breachurch.com
peachesnginburlesque.com
dataarchitectoo.com
clientfunnelformula.com
30pps.com
cherylroll.com
ks2252.com
webmanicura.com
osostore.com
softsmob.com
sofietsshotel.com
facetorch.com
nylawyerreview.com
apapromotions.com
shareparelli.com
goeaglepointe.com
thegreenmanpubphuket.com
karotorossian.com
publicsensor.com
taiwandefence.com
epcsur.com
odskc.com
inzziln.info
leaiiln.info
cq-oa.com
dqtianshun.com
southstills.com
tvtv98.com
thewellington-hotel.com
bccaipiao.com
colectoresindustrialesgs.com
shenanddcg.com
capriartfilmfestival.com
replicabreitlingsale.com
thaiamarinnewtoncorner.com
gkmcww.com
mbnkbj.com
andrewbrennandesign.com
cod54.com
luobinzhang.com
bartoysdirect.com
taquerialoscompadresdc.com
aaoodln.info
amcckln.info
drvrnln.info
dwabmln.info
fcsjoln.info
hlonxln.info
kcmeiln.info
kplrrln.info
fatcatoons.com
91guoys.com
signupforfreehosting.com
faithfirst.net
zjyc28.com
tongchengjinyeyouyue0004.com
nhuan6.com
oldgardensflowers.com
lightupthefloor.com
bahamamamas-stjohns.com
ly2818.com
905onthebay.com
fonemenu.com
notanothermovie.com
ukrainehighclassescort.com
meincmagazine.com
av-5858.com
yallerdawg.com
donkeythemovie.com
corporatehospitalitygroup.com
boboyy88.com
miteinander-lernen.com
dannayconsulting.com
officialtomsshoesoutletstore.com
forsale-amoxil-amoxicillin.net
generictadalafil-canada.net
guitarlessonseastlondon.com
lesliesrestaurants.com
mattyno9.com
nri-homeloans.com
rtgvisas-qatar.com
salbutamolventolinonline.net
sportsinjuries.info
topsedu.xyz
xmxm7.com
x332.xyz
sportstrainingblog.com
autopartspares.com
readguy.net
soniasegreto.com
bobbygdavis.com
wedsna.com
rgkntk.com
bkkmarketplace.com
zxqcwx.com
breakupprogram.com
boxcardc.com
unblockyoutubeindonesia.com
fabulousbookmark.com
beat-the.com
guatemala-sailfishing-vacations-charters.com
magie-marketing.com
kingstonliteracy.com
guitaraffinity.com
eurelookinggoodapparel.com
howtolosecheekfat.net
marioncma.org
oliviadavismusic.com
shantelcampbellrealestate.com
shopleborn13.com
topindiafree.com
v-visitors.net
qazwsxedcokmijn.com
parabis.net
terriesandelin.com
luxuryhomme.com
studyexpanse.com
ronoom.com
djjky.com
053hh.com
originbluei.com
baucishotel.com
33kkn.com
intrinsiqresearch.com
mariaescort-kiev.com
mymaguk.com
sponsored4u.com
crimsonclass.com
bataillenavale.com
searchtile.com
ze-stribrnych-struh.com
zenithalhype.com
modalpkv.com
bouisset-lafforgue.com
useupload.com
37r.net
autoankauf-muenster.com
bantinbongda.net
bilgius.com
brabustermagazine.com
indigrow.org
miicrosofts.net
mysmiletravel.com
selinasims.com
spellcubesapp.com
usa-faction.com
snn01.com
hope-kelley.com
bancodeprofissionais.com
zjccp99.com
liturgycreator.com
weedsmj.com
majorelenco.com
colcollect.com
androidnews-jp.com
hypoallergenicdogsnames.com
dailyupdatez.com
foodphotographyreviews.com
cricutcom-setup.com
chprowebdesign.com
katyrealty-kanepa.com
tasramar.com
bilgipinari.org
four-am.com
indiarepublicday.com
inquick-enbooks.com
iracmpi.com
kakaschoenen.com
lsm99flash.com
nana1255.com
ngen-niagara.com
technwzs.com
virtualonlinecasino1345.com
wallpapertop.net
nova-click.com
abeautifulcrazylife.com
diggmobile.com
denochemexicana.com
eventhalfkg.com
medcon-taiwan.com
life-himawari.com
myriamshomes.com
nightmarevue.com
allstarsru.com
bestofthebuckeyestate.com
bestofthefirststate.com
bestwireless7.com
declarationintermittent.com
findhereall.com
jingyou888.com
lsm99deal.com
lsm99galaxy.com
moozatech.com
nuagh.com
patliyo.com
philomenamagikz.net
rckouba.net
saturnunipessoallda.com
tallahasseefrolics.com
thematurehardcore.net
totalenvironment-inthatquietearth.com
velislavakaymakanova.com
vermontenergetic.com
sizam-design.com
kakakpintar.com
begorgeouslady.com
1800birks4u.com
2wheelstogo.com
6strip4you.com
bigdata-world.net
emailandco.net
gacapal.com
jharpost.com
krishnaastro.com
lsm99credit.com
mascalzonicampani.com
sitemapxml.org
thecityslums.net
topagh.com
flairnetwebdesign.com
bangkaeair.com
beneventocoupon.com
noternet.org
oqtive.com
smilebrightrx.com
decollage-etiquette.com
1millionbestdownloads.com
7658.info
bidbass.com
devlopworldtech.com
digitalmarketingrajkot.com
fluginfo.net
naqlafshk.com
passion-decouverte.com
playsirius.com
spacceleratorintl.com
stikyballs.com
top10way.com
yokidsyogurt.com
zszyhl.com
16firthcrescent.com
abogadolaboralistamd.com
apk2wap.com
aromacremeria.com
banparacard.com
bosmanraws.com
businessproviderblog.com
caltonosa.com
calvaryrevivalchurch.org
chastenedsoulwithabrokenheart.com
cheminotsgardcevennes.com
cooksspot.com
cqxzpt.com
deesywig.com
deltacartoonmaps.com
despixelsetdeshommes.com
duocoracaobrasileiro.com
fareshopbd.com
goodpainspills.com
kobisitecdn.com
makaigoods.com
mgs1454.com
piccadillyresidences.com
radiolaondafresca.com
rubendorf.com
searchengineimprov.com
sellmyhrvahome.com
shugahouseessentials.com
sonihullquad.com
subtractkilos.com
valeriekelmansky.com
vipasdigitalmarketing.com
voolivrerj.com
zeelonggroup.com
1015southrockhill.com
10x10b.com
111-online-casinos.com
191cb.com
3665arpentunitd.com
aitesonics.com
bag-shokunin.com
brightotech.com
communication-digitale-services.com
covoakland.org
dariaprimapack.com
freefortniteaccountss.com
gatebizglobal.com
global1entertainmentnews.com
greatytene.com
hiroshiwakita.com
iktodaypk.com
jahatsakong.com
meadowbrookgolfgroup.com
newsbharati.net
platinumstudiosdesign.com
slotxogamesplay.com
strikestaruk.com
trucosdefortnite.com
ufabetrune.com
weddedtowhitmore.com
12940brycecanyonunitb.com
1311dietrichoaks.com
2monarchtraceunit303.com
601legendhill.com
850elaine.com
adieusolasomade.com
andora-ke.com
bestslotxogames.com
cannagomcallen.com
endlesslyhot.com
iestpjva.com
ouqprint.com
pwmaplefest.com
qtylmr.com
rb88betting.com
buscadogues.com
1007macfm.com
born-wild.com
growthinvests.com
promocode-casino.com
proyectogalgoargentina.com
wbthompson-art.com
whitemountainwheels.com
7thavehvl.com
developmethis.com
funkydogbowties.com
travelodgegrandjunction.com
gao-town.com
globalmarketsuite.com
blogshippo.com
hdbka.com
proboards67.com
outletonline-michaelkors.com
kalkis-research.com
thuthuatit.net
buckcash.com
hollistercanada.com
docterror.com
asadart.com
vmayke.org
erwincomputers.com
dirimart.org
okkii.com
loteriasdecehegin.com
mountanalog.com
healingtaobritain.com
ttxmonitor.com
bamthemes.com
nwordpress.com
11bolabonanza.com
avgo.top