Un idioma ¨¦ un mercado
HENRIQUE MONTEAGUDO
Hai pouco tempo ocorreu un suceso merecente de vergo?osa lembranza: un establecemento hoteleiro rec¨¦n estreado redactou un manual de conduta que prohib¨ªa aos seus traballadores usar o galego diante do p¨²blico. Naturalmente, o caso foi silenciado por ese amplo sector dos medios tan dado a magnificar agravios contra o castel¨¢n, ou se non existen, a inventalos. A tal nova que non chegou a ser noticia s¨²mase a outras menos recentes pero a¨ªnda frescas, coma aqueloutra que nos falaba de que unha co?ecida cadea de comida-lixo (perd¨®n, r¨¢pida) sancionou co despido a unha empregada por dirixirse en galego ¨¢ clientela. O parad¨®xico do asunto ¨¦ que neses e noutros establecementos os e as clientes que falamos galego -que por suposto pagamos igual que todo o mundo- aturamos a cot¨ªo faltas de cortes¨ªa que non son tanto responsabilidade das persoas mal instru¨ªdas que nos atenden, como dunhas empresas que aparentan ignorar a realidade ling¨¹¨ªstica do pa¨ªs onde desenvolven os seus negocios.
Falta por explorar a v¨ªa da imposici¨®n legal de requisitos de emprego do idioma galego ¨¢s empresas en medidas razoables
Os clientes que falamos galego aturamos a cot¨ªo faltas de cortes¨ªa que son responsabilidade de empresas que ignoran a realidade ling¨¹¨ªstica
Os prexu¨ªzos idiom¨¢ticos ve?en no balume de contravalores resesos que nos deixou en herdanza unha Galicia caducante, entalada por un variopinto abano de complexos que atrancaron o noso progreso. En calquera parte do mundo moderno se sabe que quen presta un servizo en r¨¦xime de explotaci¨®n comercial ten que adaptarse aos gustos e necesidades de quen llo retrib¨²e. Pois en moitas ocasi¨®ns, para os galegofalantes ocorre xustamente ao rev¨¦s.
A LINGUA, BEN INTANXIBLE
Desde hai d¨¦cadas, os expertos levan chamando a atenci¨®n sobre a importancia dos factores intanxibles no bo funcionamento da econom¨ªa. Intanxibles: con esa denominaci¨®n nebulosa e un chisco enigm¨¢tica faise referencia a elementos inmateriais e dificilmente cuant¨ªficables, pero non por iso de efectos menos reais, tales como a fiabilidade nas transacci¨®ns, o nivel de satisfacci¨®n dos cidad¨¢ns ou as pautas e valores culturais que afectan a aspectos tan variados coma, por caso, o rendemento no traballo ou tam¨¦n os h¨¢bitos de consumo. Doutra banda, tanto os axentes culturais coma os pol¨ªticos e os estudosos estanse decatando da relevancia crecente da cultura como sector econ¨®mico -de a¨ª a expresi¨®n industrias da cultura-, nun contexto de desmaterializaci¨®n progresiva da econom¨ªa.
Dunha ou outra maneira, o que parece claro ¨¦ que a asociaci¨®n econom¨ªa-cultura, que a primeira vista pode parecer rechamante, resulta cada vez m¨¢is estreita. Nese binomio, a lingua xoga un papel de primeira orde, pola sinxela raz¨®n de que os mercados se constit¨²en e funcionan a trav¨¦s de redes de comunicaci¨®n, e as redes de comunicaci¨®n cr¨¦anse e mant¨¦?ense mediante linguas. Vencell¨¢ndose a un concreto espazo de comunicaci¨®n que contrib¨²e a establecer e sobre o cal se funda o funcionamento efectivo da sociedade e a consciencia das comunidades humanas, a lingua emerxe como un referente central da identidade colectiva.
LINGUA GALEGA,TRABALLO E MERCADO
Xa que logo, a parella lingua-econom¨ªa ten moitas viravoltas, sobre as que teremos ocasi¨®n de tornar. Pero, desde o punto de vista da lingua galega o asunto rev¨¦lase m¨¢is simple: o seu porvir depende en boa medida do valor que chegue a adquirir no mercado laboral. Se a competencia no galego dev¨¦n nun elemento relevante para situarse nel, o alumnado aproveitar¨¢ a oferta de lingua dispo?ible no sistema educativo; en caso contrario, a presenza do idioma nas escolas e institutos resultar¨¢ de eficacia m¨ªnima, porque os estudantes carecer¨¢n de motivaci¨®n suficiente para aprendelo e usalo. Igualmente, s¨® se o galego resulta ¨²til no mercado de traballo, os pais e nais galego-falantes ter¨¢n interese en transmitirlles o idioma nativo aos seus descendentes e non se sentir¨¢n presionados para educalos en castel¨¢n -como aconteceu ata hoxe-, por mor de aumentar o valor do seu capital ling¨¹¨ªstico.
Para que a competencia en idioma galego se cargue de valor engadido no mercado de traballo, son precisas como m¨ªnimo d¨²as cousas: unha, que as administraci¨®ns incrementen (no canto de rebaixaren) as esixencias ling¨¹¨ªsticas para o acceso e promoci¨®n na carreira funcionarial; d¨²as, que as empresas comerciais se sintan motivadas para utilizar o galego tanto na publicidade coma na atenci¨®n ao cliente. Nisto ¨²ltimo, os gobernos poden incidir ofrecendo incentivos e impo?endo requisitos. Sempre ¨¦ preferible a primeira v¨ªa, pero en ocasi¨®ns (e depende para que cousas) a segunda ¨¦ a ¨²nica eficaz.
As¨ª, tanto a Xunta de Galicia coma alg¨²ns concellos ve?en practicando pol¨ªticas de fomento, que van desde convocatorias de subvenci¨®ns ata a dotaci¨®n de premios-l¨¦mbrese aqu¨ª, por caso, o Manuel Beiras do Concello de Santiago-, pasando por campa?as de concienciaci¨®n. Canto ¨¢s convocatorias de subvenci¨®ns da Xunta de Galicia, a verdade ¨¦ que est¨¢n amplamente cuestionadas, e con argumentos moi poderosos. En primeiro lugar, os procedementos e criterios da s¨²a asignaci¨®n son opacos, de maneira que a ningu¨¦n pode estra?ar a sospeita de que nag¨²ns casos esas axudas ve?en sendo empregadas para moi diversas finalidades e no canto de serviren para promocionar o idioma, acaban alimentando perversas redes clientelares. En segundo lugar, non existen mecanismos de control da s¨²a utilizaci¨®n nin de avaliaci¨®n da s¨²a efectividade. Non se trata de descualificar globalmente toda unha li?a de actuaci¨®n, que sen d¨²bida propiciou avances puntuais beneficiando iniciativas axeitadas, pero, en nome da decencia e da eficacia semella obrigado que se revise en profundidade.
Falta por explorar a v¨ªa da regulamentaci¨®n, isto ¨¦, a da imposici¨®n legal de requisitos de emprego do idioma galego ¨¢s empresas nos ¨¢mbitos e na medida que se xulguen razoables. Naturalmente, para isto fai falla moita vontade pol¨ªtica, moit¨ªsimo tino, pois os excesos adoitan saldarse en fracasos totalmente contraproducentes.
DEREITOS DO CONSUMIDOR
Pero se aos gobernos non lles faltan ferramentas para actuar neste campo, aos consumidores tam¨¦n nos toca a nosa cota de responsabilidade. Non temos por que resignarnos a ser mal antendidos, e menos a¨ªnda sentirnos obrigados a adaptarnos ao idioma de quen nos est¨¢ a servir. Cos mellores modais e en nome precisamente da boa educaci¨®n, temos dereito a reclamar -sobre todo das grandes empresas- que nos atendan como ¨¦ debido, e isto quere dicir no noso idioma. Por fortuna, moitas desas empresas xa o entenden as¨ª, e elas saben por propia experiencia que abrirse ao galego resulta beneficioso para todos (inclu¨ªndoas a elas mesmas), sen prexudicar a ningu¨¦n. (Para dicir toda a verdade, sempre hai individuos que se incomodan porque consideran o seu privilexio irrenunciable que outras persoas sexan tratadas peor ca eles: curiosa maneira de darse a valer!). ? de esperar que, pola v¨ªa do exemplo, m¨¢is e m¨¢is empresas ir¨¢n sum¨¢ndose, pero para iso c¨®mpre que mante?amos un nivel razoable pero firme de esixencia.
Unha lingua ¨¦ un mercado: a imaxe provoca un certo pro¨ªdo, pero non fai mal lema publicitario, e axuda a ver a cuesti¨®n do idioma baixo unha nova luz. O galego, tam¨¦n un mercado.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.