A literatura que escapa do papel
Numerosos escritores galegos exploran outros soportes para a creaci¨®n literaria
"A literatura ten m¨¢is vida que o libro; o que importa ¨¦ a lectura, o libro unicamente ¨¦ un obxecto". A tese, que pertence a Camilo Franco, pode ser o f¨ªo que une as experiencias de numerosos escritores galegos con soportes diferentes do papel. O v¨ªdeo dixital, a experimentaci¨®n ac¨²stica, a rede, a performance, o acompa?amento instrumental, a m¨²sica electr¨®nica, constit¨²en algunhas das ferramentas que se moven adoito na periferia da paisaxe literaria galega.
Camilo Franco armou, durante os primeiros meses deste ano, a exposici¨®n Palabras contadas na fundaci¨®n Lu¨ªs Seoane da Coru?a. Baseada no volume de relatos do mesmo t¨ªtulo, Palabras contadas propu?a unha reflexi¨®n sobre o acto da lectura. "A¨ªnda que o libro desaparece", explica Franco, "o acto de lectura permanece". "Quixen levar a lectura, o acto cultural m¨¢is importante de Occidente, a espazos non convencionais", sinala.
"Tardei varios recitais en decatarme do aburrido dos recitais", di a poeta Luc¨ªa Aldao
Ant¨®n Lopo foi un dos escritores pioneiros nos contactos conscientes coa 'performance'
A presentaci¨®n do libro que orixinou a mostra de Franco tam¨¦n exced¨ªa as canles convencionais. "Pero eu non fago performance, que quede claro; eu fago entroido". O autor de Por conto alleo contactaba o p¨²blico coa escolta do guitarrista Mag¨ªn Blanco: "Busco un espazo ao que atraer o lector e convivir con el". Franco, que calcula nunhas 1.000 persoas os asistentes ¨¢s m¨¢is de 30 presentaci¨®ns de Palabras contadas, advirte de que "entre a cultura galega e o p¨²blico galego existe unha fenda; o asunto ¨¦ tratar de reducila".
Manuel Rivas ou Xos¨¦ Carlos Caneiro ensaiaron igualmente a posta de longo das s¨²as obras literarias amparados por m¨²sicos m¨¢is ou menos cl¨¢sicos. Non ¨¦ o caso de Mario Regueira, que, na pasada feira do libro da Coru?a, deixou pampos a propios e a estra?os cando O Leo i Arremec¨¢ghona cantou Biling¨¹ismo harm¨®nico na presentaci¨®n da s¨²a novela L'affiche rouge. Santiago Jaureguizar, defensor irredento de rematar coas mesas de "editor, escritor e amigo que fala ben da obra" paseou bares a finais da d¨¦cada anterior no proxecto Elviscristo Furious Machine, narraci¨®n e m¨²sica electr¨®nica.
A poeta coru?esa Luc¨ªa Aldao tam¨¦n circula nas marxes do pop. In¨¦dita por vocaci¨®n -unicamente publicou nun libro de artista-, Aldao v¨¦n de ser seleccionada para un festival grazas a unha versi¨®n de She's lost control, de Joy Division, xunta Diego Delgado. "Non sei moi ben cando comecei a probar estratexias diferentes nos recitais de poes¨ªa", lembra, "¨¦ dicir, tardei uns cantos recitais en decatarme de que non me gustaban os recitais".
Luc¨ªa Aldao armou, canda Mar¨ªa Lado, a acci¨®n Onde estea un cubata que se quite un soneto. "Tentamos mudar o recital nunha festa, e por iso levamos bebida, m¨²sica electr¨®nica; no medio dicimos os nosos poemas que, por certo, alg¨²ns non son nada divertidos". Tam¨¦n con Lado e m¨¢is Pepa Y¨¢?ez argallaron o espect¨¢culo Poeta de merda. "Queriamos gozar co que faciamos e dar a oportunidade ¨¢ xente de ver algo diferente, non mellor, sen¨®n diferente", remata. A Luc¨ªa Aldao inter¨¦salle a "intenci¨®n de cercan¨ªa" do grupo de poetas novas de C¨®rdoba. "Elena Medel ou Alejandra Vanessa son do pouco que me gusta do que est¨¢ a facer f¨®ra de Galicia", confesa.
Est¨ªbaliz Espinosa ga?ou o premio Esqu¨ªo de poes¨ªa con Pan. Libro de ler e desler hai oito anos. Publicou logo -oram¨¢ e n¨²mero e, todos en formato libro e con distribuci¨®n regular. En 2005 inclu¨ªu un audiopoema nun ced¨¦ editado polo Instituto Cervantes de Nova York e de nome Jard¨ªn de versos. "Os outros poetas que participaron limit¨¢ronse a gravar a s¨²a voz", relata Espinosa, "eu inclu¨ªn fondo sonoro". A poeta, de sempre interesada no mundo ac¨²stico, comezou a tentear o territorio. "Se digo a verdade, a tecnolox¨ªa foi a culp¨¢bel de que eu me interesase pola creaci¨®n de atm¨®sferas sonoras para os meus poemas. Mercas aparellos e, por curiosidade, fedellas neles". Na actualidade, Est¨ªbaliz Espinosa constr¨²e podcast, arquivos de audio que pendura en Internet sobre a base dos seus propios textos. "Ga?ei un concurso en Tarragona para podcast po¨¦tico musicais; o texto era de Baudelaire", conta. Espinosa, que reco?ece unha d¨¦beda con Joan Brossa ¨¢ hora de exceder o soporte literario de celulosa, prepara agora arquivos con textos propios e doutros poetas galegos, como Avil¨¦s de Taramancos ou Lu¨ªsa Villalta.
A actividade escrita de Ant¨®n Lopo abrangue practicamente a totalidade dos x¨¦neros. Poeta, novelista, dramaturgo ou xornalista, Lopo iniciou os seus contactos conscientes coa performance antes que case ning¨²n outro autor galego. "A prehistoria da mi?a vocaci¨®n perform¨¢tica quizais se atope nas bandas de rock das que formei parte entre 1983 e 1988, Miserables e Cuadros", rememora, "pero non ¨¦ at¨¦ O outro extremo do para¨ªso, que fixen con Ana Roman¨ª sobre o meu libro Om, que me afasto do papel". Lopo e Roman¨ª reincidiron con Lob*s, a partir dos seus respectivos poemarios Pronomes e Arden e coa creaci¨®n do Laboratorio de Indagaci¨®ns Po¨¦ticas. "Pero ¨¦ con Prestidixitador cando xa non existe o libro; eses poemas s¨® existen na memoria". Ant¨®n Lopo considera "a pegada en expansi¨®n de Yves Klein", os obradoiros coa bosnia Marina Abramovic ou a Ux¨ªo Novoneyra e Carlos Oroza "fundamentais" ¨¢ hora da s¨²a opci¨®n pola performance.
Para Luc¨ªa Aldao, "a cousa en Galicia ten que se centrar". "Somos moitos os que andamos probando e explorando", asegura. Yolanda Casta?o estreara hai tres tempadas O v¨ªdeo da ego¨ªsta, logo de publicar o libro de ¨ªdem. Os irm¨¢ns Creus, Estevo e David, acaban de crear Non ou edici¨®ns, que inauguraron hai escasos meses coa publicaci¨®n de Merzbau non ou posible? "Un proxecto alternativo de edici¨®n de experiencias", autodef¨ªnense. As propostas evol¨²en a gran velocidade. Ant¨®n Reixa, dos pioneiros Rompente, il¨²strao: "Non co?eciamos a palabra performance e falabamos de recital po¨¦tico audiovisual".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.