A Rede impulsa os videopoemas
Artistas de diversos x¨¦neros exploran novas v¨ªas a trav¨¦s da l¨ªrica audiovisual
A poes¨ªa toma novos cami?os e atrae a novos creadores. Aproveitando a liberdade creativa que ofrece Internet, artistas que proceden de eidos tan variados como a realizaci¨®n, a escrita ou a interpretaci¨®n, tratan de explorar novas v¨ªas de expresi¨®n a partir dos videopoemas, un microx¨¦nero que aporta unha alternativa ¨¢ poes¨ªa escrita tradicional. "Os videopoemas son textos moi condensados, v¨ªdeos con pequenos textos literarios cos que un se expresa", comenta Lara Bacelo, tam¨¦n co?ecida na Rede polo seu alter ego Sara Jess. Esta moza realizadora deuse a co?ecer a partir do seu blog ocartafoldesilencios, e co seu videopoema Carta de domingo pola tarde, acaba de conseguir o premio do p¨²blico no certame internacional de videocreaci¨®n M¨ªvico.
"En tres horas leu m¨¢is xente un poema meu que un libro que publiquei en 2003"
"Non te?o nada publicado nin me considero poeta, s¨® mesturo a escrita, as imaxes e a Rede como un xeito de poder expresarme", explica esta realizadora de Mos. O seu blog, no que entran arredor de medio cento de persoas ao d¨ªa, ¨¦ unha ferramenta no que poder medir as sensaci¨®ns dos internautas. "A resposta ¨¦ moi boa, incluso con xente que non le poes¨ªa habitualmente e que preguntan se isto ¨¦ un novo movemento", explica Bacelo, que tomou inicialmente os videopoemas como "unha forma de autoaprendizaxe".
Case ao mesmo tempo que Lara Bacelo, empezou a experimentar cos videopoemas Mar¨ªa Lado. Esta poeta da Costa da Morte, que ten publicados tres poemarios e acaba de ga?ar o premio Avelina Valladares, combina a escrita coa interpretaci¨®n teatral. "Cheguei aos videopoemas como unha necesidade de po?er a poes¨ªa en escea, de que estea m¨¢is pr¨®xima ¨¢ dramaturxia e non a esas lecturas con desgana que observaba nalg¨²ns poetas", explica esta creadora, que chegou ¨¢ mestura de poes¨ªa e imaxe a partir do Translittera, un evento multidisciplinar celebrado en Santiago a finais do 2005.
Mar¨ªa Lado tam¨¦n d¨¢ a co?ecer as s¨²as creaci¨®ns desde o seu blog, chamado casatl¨¢ntica, e que naceu como un xeito de promocionar o seu segundo poemario. "Un blog ¨¦ unha ferramenta creativa moi boa. A¨ªnda que sexa unha v¨ªa minoritaria son moi interesantes os lazos que se establecen, por exemplo, cun poeta mexicano que segue os traballos que fago", explica Mar¨ªa Lado. Sen embargo, esta poeta prefire ser prudente co seu achegamento aos videopoemas: "Trato de que as imaxes que evoca a palabra non as desfaga o v¨ªdeo, a¨ª est¨¢ o equilibrio dif¨ªcil de conxugar".
Entre a escrita e a interpretaci¨®n m¨®vese tam¨¦n Ant¨ªa Otero, que ti?a un poemario publicado antes de achegarse ao mundo da poes¨ªa e as imaxes. "Pola mi?a formaci¨®n actoral, os videopoemas ofr¨¦cenme unha f¨®rmula na que poder combinar a expresi¨®n corporal cos meus textos, que creo que est¨¢n escritos moi cerca das imaxes", explica esta poeta e actriz, que mostra as s¨²as creaci¨®ns non seu blog esperandoagodot. "O blog ¨¦ para min unha incrible ferramenta de traballo. Para facerse unha idea, podes colgar un videopoema ¨¢s 6 da tarde e ¨¢s 9 da noite xa o leu mais xente que o libro que editei en 2003. A repercusi¨®n que pode ter ¨¦ incre¨ªble", explica Otero, que nestes momentos est¨¢ a preparar o seu novo espect¨¢culo, titulado Operatorio, e que se presentar¨¢ na Sala Nasa de Santiago, o vindeiro mes de novembro.
F¨®ra das v¨ªas de expresi¨®n corporal que busca Ant¨ªa Otero nos videopoemas, da dramaturxia que procura Mar¨ªa Lado ou da senda pr¨®xima ¨¢ videocreaci¨®n na que cami?a Lara Bacelo, hai outras li?as como a da publicidade, na que traballa o poeta e actor Manuel Cort¨¦s, autor dunha serie de cinco videopoemas que bautizou como Publipoemas. Actor de longa traxectoria co grupo Ch¨¦vere, e autor do poemario A rutina ¨¦ o deber de t¨®dalas criaturas, a principios dos anos 90, Cort¨¦s formou parte do singular colectivo po¨¦tico Ronseltz, que tam¨¦n experimentou co audiovisual. "P¨®dese dicir que aquilo era protoaudiovisual, mesturando diapositivas e conceptos de fotonovela", lembra este creador moi interesado na linguaxe publicitaria, de onde tomou a idea para facer con Quique Otero os seus contundentes Publipoemas. "Este traballo xurdiu porque eu estaba a facer un libro sobre poemas que poder¨ªan ser spots para televisi¨®n. Para min a publicidade ¨¦ a linguaxe po¨¦tica actual e os eslogans son case coma haikus", explica Cort¨¦s, ¨²ltimamente mais centrado no seu traballo como actor.
Amparados polas posibilidades que ofrece a Rede, os creadores non paran de explorar os novos cami?os que ofrece a poes¨ªa mesturada con m¨®biles, c¨¢maras fotogr¨¢ficas dixitais ou minic¨¢maras de man. A tecnolox¨ªa ponse ao servizo da poes¨ªa, pero Mar¨ªa Lado non esquece que todo parte dunha base: "Muda o envoltorio, pero hai unha base que segue a sustentar todo: a palabra".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.