"As figuras da arte ve?en cando lles interesa o proxecto"
O director do Museo de Arte Contemp¨®r¨¢nea de Vigo (Marco) tam¨¦n celebra o seu aniversario ao frente do centro (vanse cumprir dous anos do seu nomeamento) e am¨®sase optimista sobre o futuro da instituci¨®n nos vindeiros anos, para os que xa est¨¢n previstas grandes mostras internacionais.
Pregunta. O Marco cumpre cinco anos, que ¨¦ pouco tempo para un museo. ?P¨®dese dicir que se est¨¢n a cumprir as espectativas iniciais?
Resposta. Estamos m¨¢is que satisfeitos cos resultados, a¨ªnda que nos queda moito por facer. O proxecto do Marco estivo ben concebido dende un principio, e iso refl¨ªctese no resultado. Dende o inicio creouse unha fundaci¨®n estable que administra o museo formada polo Concello de Vigo, a Deputaci¨®n de Pontevedra, a Xunta de Galicia e Caixanova, ¨¢s que m¨¢is adiante se sumou o Ministerio de Cultura, o que nos d¨¢ unha estabilidade e ao mesmo tempo unha autonom¨ªa pouco habituais nun centro coma este. Todo isto sentou as bases para unhas condici¨®ns ¨®ptimas de traballo que explican os resultados acadados.
"Isto non ¨¦ unha competici¨®n a¨ªnda que alg¨²ns se empe?an en que sexa as¨ª"
"O proxecto estivo ben concebido desde o principio e iso refl¨ªctese no resultado"
P. A li?a do museo nestes anos caracterizouse polas exposici¨®ns colectivas e tem¨¢ticas. ?Vai continuar nesta li?a ou hai que retocala? ?? posible traer a m¨¢is figuras internacionais co orzamento actual?
R. De momento imos seguir a afondar na li?a de mostras colectivas, e de feito son moitos os proxectos de investigaci¨®n que temos iniciado para realizar exposici¨®ns de grupo nos vindeiros anos. En calquera caso, non descartamos facer algunha mostra individual nun futuro pr¨®ximo se est¨¢ xustificada. Respecto ¨¢ outra pregunta, na exposici¨®n que hoxe inauguramos est¨¢n presentes artistas como Jimmie Durham, David Lamelas, Ignasi Aball¨ª, Jonathan Monk, Susan Norrie, Douglas Gordon, Tacita Dean ou Gianni Motti, por citar s¨® alg¨²ns deles. Case a metade das mostras que facemos est¨¢n coproducidas con outros centros, o que fai posible repartir os custos mantendo a calidade. As figuras da arte ve?en cando lles interesa o proxecto para o que as convidas e lles ofreces unhas boas condici¨®ns de traballo, non ¨¦ s¨® unha cuesti¨®n de orzamentos.
P. Ademais das exposici¨®ns, o Marco est¨¢ a facer moitas actividades paralelas. ?Est¨¢ respondendo ben o p¨²blico da cidade a estas iniciativas?
R. O certo ¨¦ que a resposta a estas actividades est¨¢ a ser case sempre moi superior ¨¢s nosas espectativas. Este ano tivemos que duplicar as sesi¨®ns de dous cursos, Iniciaci¨®n ¨¢ arte contempor¨¢nea e Aprender a ver arte para poder atender todas as solicitudes. A partir da semana que v¨¦n abriremos o museo unha hora antes polas ma?¨¢s para poder atender m¨¢is grupos de escolares. Ademais, temos as actividades da Agrupaci¨®n de Amigos, que ten m¨¢is de 500 membros e da que estamos especialmente orgullosos, son cada vez m¨¢is diversificadas. Todo isto ¨¦ francamente satisfactorio, non tanto polo n¨²mero de persoas que participan sen¨®n sobre todo polo que sup¨®n de mellora cualitativa, polo que significa contribu¨ªr a crear p¨²blicos mellor informados.
P. ?Cre que a presenza de artistas galegos no museo ¨¦ a axeitada ou ser¨ªa necesario ampliala no futuro?
R. Non ¨¦ nunca unha cuesti¨®n de porcentaxes, sen¨®n de calidade e de oportunidade. O noso Espazo Anexo est¨¢ adicado dende o inicio a proxectos desenvolvidos por artistas galegos especialmente para ese lugar. Ademais sempre que o tema o permita intentamos inclu¨ªr artistas galegos nas mostras colectivas. Nesta li?a, a principios de 2009 faremos unha mostra comisariada por Horacio Fern¨¢ndez cun importante traballo de investigaci¨®n sobre fotograf¨ªa feita en Galicia desde o s¨¦culo XIX ata hoxe.
P. Dende o pasado ver¨¢n o museo ten acceso gratu¨ªto. ?Notouse esta medida na afluencia de p¨²blico nestes meses?
R. Obviamente, si. Este ver¨¢n tivemos m¨¢is do dobre de visitantes que no mesmo per¨ªodo do ano pasado. Probablemente ¨¦ algo que ten m¨¢is influenza sobre o p¨²blico ocasional, dado que os visitantes habituais sab¨ªan xa que hab¨ªa dous d¨ªas de entrada gratu¨ªta e que exist¨ªan outras posibilidades de libre acceso.
P. A colaboraci¨®n con outros museos galegos faise realidade sobre todo no chamado Proxecto Edici¨®n. ?Hai plans para ampliar esta colaboraci¨®n?
R. O Proxecto Edici¨®n foi unha iniciativa do director do CGAC, Manuel Olveira, que conseguiu po?ernos dacordo a tres centros para traballar en rede, algo in¨¦dito ata o momento se exceptuamos algunha iniciativa illada. Ademais faremos unha exposici¨®n en 2009 en coproduci¨®n co Museo de Belas Artes da Coru?a, entre outros proxectos que temos entre mans. No futuro m¨¢is inmediato, estamos a preparar proxectos co Centro Andaluz de Arte Contempor¨¢neo, o Koldo Mitxelena, La Panera de Lleida, ou o Frankfurter Kunstverein.
P. ?Te?en os artistas novos os apoios suficientes en Galicia?
R. Cada vez ¨¦ m¨¢is frecuente que os nosos artistas fagan residencias f¨®ra, algo imprescindible para a s¨²a formaci¨®n. En todo caso, a situaci¨®n non ¨¦ moi diferente noutras autonom¨ªas. Sempre se est¨¢ a falar da necesidade dun centro de recursos ou de produci¨®n para artistas en Galicia. Mentres tanto, centros e espazos coma o noso, a¨ªnda sen ter instalaci¨®ns para iso, estamos a cumprir en parte esa funci¨®n.
P. ?Ser¨¢ b¨® para os museos galegos que se abra outro centro de arte contempor¨¢nea na Cidade da Cultura?
R. Sempre depender¨¢ do tipo de proxecto que se faga, algo que desco?ezo nestes momentos, pero en principio a creaci¨®n de novas infraestruturas deber¨ªa ser positivo para o entorno m¨¢is pr¨®ximo. Isto non ¨¦ en ning¨²n caso unha competici¨®n, a¨ªnda que ¨¢s veces alg¨²ns se empe?en en que sexa as¨ª. Tr¨¢tase de sumar esforzos, de ter unha visi¨®n ampla, de estudar que acci¨®ns son complementarias, de pensar nos p¨²blicos reais e potenciais. Neste senso, penso que, canto mellor lle vaia ao teu veci?o, mellor te ir¨¢ a ti.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.