O alquimista da luz e do tempo
Manuel Vilari?o, empoleirado nos ¨¦xitos da Bienal de Venecia e do Premio Nacional de Fotograf¨ªa, non pensa abandonar o seu exilio interior en Bergondo
? un dos creadores galegos que son, pero non dos que est¨¢n. Polo menos non dos que est¨¢n en todas partes. Manuel Vilari?o ¨¦ un artista cunha imaxe latente, exactamente igual que o papel fotogr¨¢fico xa exposto, que precisa dun reactivo para mostrala. Os ¨²ltimos feitos que sacaron a s¨²a obra ¨¢ luz p¨²blica foron a s¨²a presenza no pavill¨®n de Espa?a na 52? Bienal de Venecia e, inmediatamente, o Premio Nacional, o m¨¢ximo galard¨®n oficial para un fot¨®grafo.
Pero entre eses flashes, Vilari?o ¨¦ como os seus animais tot¨¦micos, "a tartaruga ou o orizo cacho", un refuxiado en si mesmo. "Hai que vivir na intemperie, na soidade. Te?o todo o tempo do mundo para perdelo", sentencia. E igual as s¨²as creaci¨®ns. Instant¨¢nea non ¨¦ sin¨®nimo de foto. ?s moi estudiadas e intelectualizadas composici¨®ns que caracterizan a s¨²a obra, o que en castel¨¢n se chaman "naturalezas muertas", ac¨¢elles m¨¢is ben a denominaci¨®n inglesa still life: a¨ªnda con vida. A s¨²a ollada consiste en suspender ou refundir o tempo.
Nos arredores da s¨²a casa logrou configurar unha micropaisaxe
"Non me vou volver tolo. Seguirei aqu¨ª. Son profundamente galego"
"Para fotografar tes que ter unha sucesi¨®n de emoci¨®ns", di Vilari?o, que ten comparado o seu labor co de "desbrozar un carreiro no bosque". "Ahora se ha ido a vivir a un bosque", rezaba estes d¨ªas unha rese?a madrile?a. ? raro que non botaran man do evidente recurso do dru¨ªda. Bergondi?o, concello de Bergondo, non ¨¦ exactamente un bosque sen¨®n un anaco a¨ªnda non domesticado das aforas da Coru?a. Entre os casti?eiros que conservou e os bidueiros e faias que plantou, Vilari?o conseguiu afastar visualmente a marea verde-gris dos eucaliptos e configurar unha micropaisaxe que ¨¢ conservadora de fotograf¨ªa do Reina Sof¨ªa, Catherine Coleman, lle recordou, a pasada fin de semana, ¨¢ de Connecticut.
No medio, cunha orientaci¨®n norte-sur, "coma un barco", unha casa dese?ada por outro Premio Nacional, o arquitecto Manuel Gallego. ?ntrase polo sur, pola coci?a, no medio hai unha mesa para tomar algo ou traballar, e no que ser¨ªa a ponte do barco, un ventanal sobre o que se divisa a r¨ªa de Ares e ¨® fondo, Ferrol. "G¨²stame moito a luz do norte". A do norte, e tam¨¦n a do crep¨²sculo, e a auroral. "Para min, sempre hai luz bastante para facer fotograf¨ªas", asegura.S¨¦ntase de costas ¨¢ vent¨¢ para que o visitante aproveite as ¨²ltimas raiolas. Como se fose un espect¨¢culo preparado, un refacho de vento barre as follas amarelas das faias e, sincronizados, dous corvos pousan na herba.
A ponte do barco-casa ¨¦ o estudio. Hai un carri?o cheo de obxectos e ferragachos, unha caixa de froita con tiz¨®ns queimados, o esqueleto dunha tartaruga contra o vidro, como asexando... e d¨²as c¨¢maras montadas, de gran formato. Unha Hasselblad e unha Sinar de placas. Tam¨¦n un aparato de m¨²sica ("estou integrando elementos musicais"). No piso superior, aberto ¨¢ planta baixa como nas vellas casas de aldea, m¨¢is estancias de traballo. Ordenadores, un chinero cheo de c¨¢maras anal¨®xicas, penso, e no fondo, o laboratorio, no que se pode revelar en branco e negro ata formatos de 110x110 cent¨ªmetros. Remexe para procurar unha foto: unha caveira presidida por un fungo deses que medran na madeira, e que semella un tumor. Ser¨¢ a s¨²a resposta ¨¢ petici¨®n que fixo o Ministerio de Cultura a 40 creadores para que aportasen unha reflexi¨®n sobre a arte. "Non sei se lles parecer¨¢ algo forte", di mirando para o cranio, que parece sorrir. "A arte, antes que comunicaci¨®n ¨¦ incomunicaci¨®n, xurde dela, como dic¨ªa Jos¨¦ ?ngel Valente", comenta.
En realidade, o rapaz que estudiou biolox¨ªa, bioqu¨ªmica e hisp¨¢nicas, viviu na India e nos Estados Unidos, e fixo todo o posible para non ser profesor, o que quer¨ªa era expresar aquela sensaci¨®n de plenitude que o marcou de neno na serra do Forgoselo, na casa dos av¨®s, entre San Sadurni?o e A Capela. "Os animais tatuados no granito, o gravitar das aguias nas correntes t¨¦rmicas, e a noite inzada de estrelas, que me explicaba un t¨ªo meu". Ademais da poes¨ªa, escolleu a fotograf¨ªa por econom¨ªa de medios. "V¨ªa ¨®s meus amigos cineastas, pendentes sempre de axudas e subvenci¨®ns, e a min cheg¨¢bame cun folio ou unha c¨¢mara. A pintura parec¨ªame que ti?a moito de marketing".
Agora os focos non o van deslumbrar. Sabe que Venecia lle dar¨¢ m¨¢is presenza internacional e que o premio estimular¨¢ ¨®s coleccionistas en Espa?a. "Non me vou volver tolo e ir a todos os sitios. Vou seguir aqu¨ª". Entre otras cousas porque, malia que nos comezos sempre lle dic¨ªan que o que fac¨ªa non ti?a nada que ver con Galicia, el consid¨¦rase "un tipo profundamente galego". "Os galegos temos unha diferencia substancial cos demais: sempre temos a posibilidade do exilio, interior ou exterior".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.