Olladas no futuro: Pi?eiro e o galego
Fai xustamente 40 anos, o 25 de novembro de 1967, Ram¨®n Pi?eiro l¨ªa o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Culminaba as¨ª o proceso de integraci¨®n nesta instituci¨®n das figuras m¨¢is representativas da denominada Xeraci¨®n Galaxia, o cal ao mesmo tempo significaba a apertura dunha caducante Academia ao sector culturalmente m¨¢is activo do galeguismo de posguerra. Antes de Pi?eiro ingresaran, entre outros, Carballo Calero, Fern¨¢ndez del Riego, Fole, Cunqueiro e Xos¨¦ Mar¨ªa ?lvarez Bl¨¢zquez (a quen precisamente se vai dedicar o D¨ªa das Letras Galegas de 2008). O discurso de ingreso do novo acad¨¦mico, titulado A linguaxe e as linguas, constit¨²e un dos ensaios m¨¢is significativos do autor e unha das s¨²as achegas m¨¢is relevantes ao espertar da consciencia idiom¨¢tica na Galicia asoballada pola ditadura franquista, pois nel real¨ªzase por primeira vez unha an¨¢lise sistem¨¢tica dos prexu¨ªzos ling¨¹¨ªsticos que aferrollaban o idioma do pa¨ªs. Nunha exposici¨®n maxistral, Pi?eiro realiza unha en¨¦rxica apolox¨ªa do idioma galego e unha valente aposta polo seu futuro, o cal sit¨²ao nas ant¨ªpodas do clima de resignaci¨®n e pesimismo a que apuxaba a pol¨ªtica represiva contra o galego do franquismo. En definitiva, este texto representa un aut¨¦ntico fito na historia ling¨¹¨ªstica e cultural da Galicia contempor¨¢nea.
Memoria democr¨¢tica
e galeguista
O acceso ¨¢ Academia de Pi?eiro supu?a o reco?ecemento a un labor de defensa e promoci¨®n do idioma e a cultura galegos especialmente heroico nun dos per¨ªodos m¨¢is escuros da nosa historia recente. Ao lembrarmos a figura de Pi?eiro, en primeiro lugar, aspiramos a p¨®r o noso gran de area no combate contra o revisionismo hist¨®rico dos que escusan ou prefiren esquecer o car¨¢cter opresivo da ditadura franquista, e moi en particular ¨¢ represi¨®n contra o galego. Pero ao mesmo tempo, constatando a fraxilidade da memoria hist¨®rica e o espreitar de relecturas do noso pasado desde actitudes tendenciosas cando non sectarias, pretendemos refrescar a lembranza dunha das figuras m¨¢is dignas, intelectual e moralmente, da Galicia contempor¨¢nea, recontando os seus servizos durante a longa noite de pedra.
O seu protagonismo, canda un grupi?o de temerarios militantes, na loita pol¨ªtica clandestina xa nos primeiros anos 40, custoulle a detenci¨®n e dous anos longos de cadea en Alcal¨¢ de Henares (1946-48). Pouco despois, Pi?eiro invol¨²crase na fundaci¨®n da Editorial Galaxia (1950) e na colecci¨®n Grial. Entretanto, traduce do alem¨¢n (en colaboraci¨®n con Celestino Fern¨¢ndez de la Vega, t¨ªo da actual vicepresidenta do Goberno) unha conferencia do fil¨®sofo Martin Heidegger, Da esencia da verdade, que bate co veto dos censores para a s¨²a publicaci¨®n. ? daquela cando se produce o episodio tristemente c¨¦lebre en que o en¨¦rgumeno Juan Aparicio xoga o papel de antagonista, cando denuncia nun xornal capitalino: "En Galicia, alg¨²n pedant¨®n traduce la filosof¨ªa alemana con ritmo de gaita (...) El escritor que escribe en la colecci¨®n Grial de la Editorial Galaxia de Vigo es un escritor que tiene faltas de ortograf¨ªa en su pluma y en su alma, avergonz¨¢ndose de que se le vean tales verg¨¹enzas al desnudo. Habr¨ªa que someterles a una cura psicoanalista o traerles a Madrid por las buenas o por las malas, para que tonifiquen su sistema moral y su sistema nervioso(...)". Como premio a este chivatazo (que debera figurar con letras de molde no museo dos horrores do franquismo), o tal paxari?o ¨¦ nomeado director general de Prensa, e inmediatamente suspende a publicaci¨®n de Grial. Arrep¨ªa pensar que na Espa?a de hoxe non faltan os aspirantes a ¨¦mulos de Aparicio, na radio dos bispos e noutros medios de comunicaci¨®n da mesm¨ªsima Vila e Corte.
Activismo en defensa do idioma
O grupo Galaxia acusou o golpe, pero o David galeguista teceu unha estratexia de resposta que tam¨¦n lle hab¨ªa de custar cara ao Goliath totalitario. A ocasi¨®n presentouse cando a celebraci¨®n en Montevideo da VIII Asemblea xeral da Unesco (1954), que acababa de admitir no seu seo unha Espa?a franquista ansiosa de reco?ecemento internacional. As Galicias resistentes do interior e do exilio (¨¢s veces torpemente enfrontadas en lideiras absurdas que seica hai quen ten ganas de perpetuar a¨ªnda hoxe) pux¨¦ronse de acordo para elaborar unha denuncia da represi¨®n sobre o galego e espallala entre os delegados de medio mundo asistentes ao evento. A faza?a provocou grande alarma na delegaci¨®n oficial espa?ola, especialmente no seu secretario, un mozo nos comezos dunha carreira pol¨ªtica que xa se adivi?aba moi longa, e que respond¨ªa polo nome de Manuel Fraga Iribarne.
Non moito m¨¢is tarde, organizouse en Buenos Aires un grande Congreso da Emigraci¨®n Galega (1956), para o cal Pi?eiro elaborou un relatorio en que prop¨®n a creaci¨®n dun Patronato da Lingua Galega que xuntase representantes da Galicia metropolitana e da Galicia emigrada por mor de recadar apoios para o estudo e difusi¨®n do idioma. A idea non callou, pero Galaxia conseguiu o financiamento dun grupo de emigrantes en Venezuela (a Casa de Galicia de Caracas) para dar ao prelo o m¨¢is importante contributo individual ¨¢ lexicograf¨ªa galega contempor¨¢nea, o xurdio Diccionario Enciclop¨¦dico Gallego-Castellano de Eladio Rodr¨ªguez (1958-61). Pi?eiro encabezou o esforzado grupo de entusiastas que arranxaron editorialmente aquel tesouro, un aut¨¦ntico monumento da nosa lingua, que veu a lume, unha vez m¨¢is, grazas ¨¢ suor dos nosos emigrantes.
Por fin, a comezos da d¨¦cada dos 60, ¨¢brese unha fenda no furancho dictatorial que permite a sa¨ªda da revista Grial (1963), co-dirixida por Pi?eiro e Fern¨¢ndez del Riego, a¨ªnda que as autoridades impiden que a publicaci¨®n se faga integramente en galego (a metade polo menos ti?a que ir en castel¨¢n). Durante o que restou da d¨¦cada, a editorial Galaxia e a revista Grial ofreceron unha canle para a incorporaci¨®n ¨¢s letras galegas das novas xeraci¨®ns universitarias, que comezaban a erguer activamente a s¨²a insubmisi¨®n contra o r¨¦xime.
Alento para o futuro
Cando en 1974 Pi?eiro xuntou un feixe de artigos e ensaios que publicara ao longo das d¨²as ¨²ltimas d¨¦cadas, e nos que o idioma galego ocupa un lugar fulcral, escolleu un t¨ªtulo moi significativo: Olladas no futuro. Na cuberta desa obra reprod¨²cese un compo?ente dunha daquelas xigantescas computadoras que comezaban a abraiar as xentes e facer voar a s¨²a imaxinaci¨®n. En efecto, Pi?eiro sempre falou da cultura e do idioma galegos en termos de modernidade, con perspectiva de futuro. A s¨²a obra sup¨®n un esforzo constante por tornar racional o insondable optimismo da s¨²a vontade, en lanzar unha mensaxe de esperanza no medio do aut¨¦ntico escoural do franquismo. Sen d¨²bida, ese esforzo, xunta o doutros compa?eiros de xeraci¨®n, resultou indispensable para evitar o definitivo abafamento do galego baixo a presi¨®n da ditadura. No fondo, o que Pi?eiro dic¨ªa, e a¨ªnda est¨¢ a dicir ¨¦: galegos, o futuro non ten por que ser coma ata agora, algo que vos acontece; o porvir pode ser, se v¨®s queredes, un proxecto que v¨®s mesmos iredes constru¨ªndo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.