Temos que morrer
Ben sei que os escritores en lingua galega somos atendidos e queridos por moita xente, mais de par disto tam¨¦n recibimos unha carga de odio ben curiosa. ? cousa que non se d¨¢ con outros oficios, dentistas, electricistas, mari?eiros ou labregos. O pan que fac¨ªa mi?a avoa, de trigo e centeo, era ben mellor que o que venden mais at¨¦ agora ningu¨¦n escribiu "dende hai 40 anos o pan ¨¦ un calote, un ladrillo". Nin sequera contra outros artistas: m¨²sicos, actores, fot¨®grafos, pintores... Ningu¨¦n di "a arquitectura que fan os nosos arquitectos ¨¦ purrela, os bos est¨¢n mortos ou son estranxeiros". Ser¨ªa burrada mala de explicar, mais como iso ¨¦ o que acontece coa literatura, como ¨¦ o que lemos adoito dos nosos libros, pois haber¨¢ que buscarlle explicaci¨®n.
Haina, ¨¦lles a Galiza verde: os galegos verdes de envexa. Hai unha envexa boa que nos estimula a emular a outros, an¨ªmanos a intentar algo que outros xa conseguiron. E hai outra caste de envexa, a mala. A envexa verde ¨¦ un mecanismo igualador, como as persoas somos distintas, a envexa mala busca que esteamos iguais igualando por abaixo, rebaixando a quen se eleva, a quen destaque. A envexa igu¨¢lanos na mesquindade do envexador.
Hai uns d¨ªas Manuel Rivas alud¨ªa nestas p¨¢xinas a un acad¨¦mico que nun xornal galego denunciaba a ¨ªnfima calidade dos libros escritos en galego nos "¨²ltimos 40 anos" (?) (Non lles hai nada como un acad¨¦mico da Academia galega nun xornal galego para atacar a literatura galega: a Galiza verde que se devora a si mesma). Un cachea a ver o que se escribiu ese ano 67 e atopa un libro de poemas, Entre o si e o non, escrito polo avisado acad¨¦mico. Se o seu xuizo ¨¦ acertado, cr¨ªticos e analistas deben escribir a historia da nosa literatura baixo a luz deses versos, un fito. Eu, coa modestia que me corresponde ¨¢ luz da sentenza do acad¨¦mico, discrepo, coido que iso ¨¦ unha burrada, que, ao seu car¨®n, nesa mesma academia hai d¨²as ou tres persoas que publicaron neses 40 anos ¨²ltimos alg¨²ns libros excelentes tanto de poes¨ªa como de narrativa, mesmo teatro.
Non ¨¦ sen tempo que, sequera unha vez, se considere a evidencia aritm¨¦tica de que nos ¨²ltimos 40 anos escribiuse o 90% do total das p¨¢xinas da nosa literatura. Por mero c¨¢lculo de probabilidades aproximadamente o 90% da mellor literatura est¨¢ neses anos, salvo alg¨²n tipo de cataclismo habido.
Se algu¨¦n obxectivase, sumase, as p¨¢xinas escritas dende o comezo do s¨¦culo XIX at¨¦ hoxe emerxer¨ªa unha visi¨®n da nosa literatura ben m¨¢is cabal da que temos hoxe. Que xa est¨¢ ben de parvadas e de ruindades, de negarlle respecto ao traballo feito e ao valor art¨ªstico dese traballo. Non ¨¦ certo que a poes¨ªa en galego remate nos versos dese se?or, Franco Grande, nin a narrativa n'A esmorga. Iso ¨¦ utilizar o pasado para destru¨ªr o presente. Esa visi¨®n ¨¦ un disparate, haino que dicir ben claro, e responde ou a delirio ou a perversi¨®n ben estendida, pois, acad¨¦mico pat¨¦tico ¨¢ marxe, a hostilidade ¨¦ constante: "Xa non hai unha Rosal¨ªa, un Blanco Amor, un Cunqueiro." "?Onde hai un Kafka entre nosoutros?" ? sabido: todo ¨¦ decadencia, o mundo vai a peor, cousas boas as de antes, literatura boa a de por a¨ª adiante. Curiosamente esa visi¨®n m¨ªtica e catacl¨ªsmica, que ¨¦ a m¨¢is propia dos artistas, ¨¦ utilizada contra eles, son os odiadores dos artistas os que deostan o noso presente. ? evidente que se perde moito artista.
E direi o que non debera, mais algu¨¦n ter¨¢ que dicir de vez: que as m¨¢is ambiciosas obras da nosa literatura est¨¢n escritas nos ¨²ltimos 40 anos. E que os editores, lectores e cr¨ªticos noutras linguas val¨®ranas libremente sen ning¨²n prexu¨ªzo a favor nin en contra. Tam¨¦n aqu¨ª funciona a ollada do perverso, que argumenta que a mellor literatura ¨¦ sempre a que se fai noutras linguas, mentres que, cando nesas outras linguas son lidas con respecto obras nosas traducidas, daquela qu¨ªtalles a raz¨®n.
E conv¨¦n lembrar ou co?ecer algunhas cousas. A primeira ¨¦ aceptar unha realidade que esquecemos interesadamente: que Rosal¨ªa, a refundadora da nosa literatura, non s¨® ¨¦ a extraordinaria autora de Follas novas sen¨®n tam¨¦n do mellor libro da poes¨ªa en castel¨¢n do s¨¦culo XIX, En las orillas del Sar, e moi probabelmente tam¨¦n a mellor novelista da ¨¦poca nesa lingua. Blanco Amor, La catedral y el ni?o, Los miedos, e Cunqueiro, Un hombre que se parec¨ªa a Orestes, El a?o del cometa, Las mocedades de Ulises..., son grandes escritores en castel¨¢n. O ¨²nico Risco de valor literario ¨¦ o de Gamalandalfa e La puerta de paja ...
Nesa turba materia das relaci¨®ns do galego e o castel¨¢n entre n¨®s, cheas de autoodio, autoconmiseraci¨®n e ambivalencias, as lada¨ª?as contra a nosa literatura, conduce ao de sempre: escritores bos, os que non son galegos ou, de seren galegos, emigran a Madrid e escriben en castel¨¢n. Al¨ª os escritores non son odiados, polo contrario son tidos por heroes da cultura. E, xa postos, conv¨¦n lembrar que Rosal¨ªa deixou de escribir en galego chea de noxo polos desprezos dos seus contempor¨¢neos, e non pensaba nos labregos iletrados sen¨®n nos letrados que se ocupaban dos seus poemas. E lembrar que en vida tanto Blanco Amor como Cunqueiro foron pouco valorados e sent¨ªronse pouco respectados, a visi¨®n que hoxe temos deles institu¨ªuse a que estiveron mortos. Que hoxe sexan utilizados para liquidar aos que estamos vivos ¨¦ verdadeiro sarcasmo. O pan da amargura ¨¦ familiar de m¨¢is ao artista, non o ocultemos, mais esta envexa can¨ªbal ¨¦ unha das nosas tradici¨®ns de pa¨ªs miser¨¢bel. E ignorar a miseria da que vimos conduce a non valorar o que temos conseguido. Eu lin Longa noite de pedra con moito misterio e en papel ciclostil, eses versos est¨¢n impregnados de memoria afectiva, mais se quero ser xusto co que se escribe hoxe e co que temos debo obxectivar o valor literario deses versos. Non debo ser patrioteiro da mi?a memoria afectiva: "?Para poes¨ªa, a da mi?a mocidade!" e macanas polo estilo.
?E que pasa con Kafka? ?C¨®mo ¨¦ que non temos kafkas, cagoens¨®s? Kafka ¨¦ o santo m¨¢rtir da puerilidade de escritores adolescentes e de cr¨ªticos ignorantes ou c¨ªnicos, conv¨¦n ler algunha biograf¨ªa de tal santo para descubrir... que se presentou a premios literarios! (ouh, traiz¨®n!) E conv¨¦n lembrar que sendo xudeo checo non escribiu yiddish nin checo, escribiu alem¨¢n, que era a grande lingua de cultura, o mercado do p¨²blico extenso, a lingua do prestixio e o ¨¦xito. Kafka hoxe aqu¨ª ter¨ªa emigrado a Madrid e escribir¨ªa en castel¨¢n.
Tanto ten, po?¨¢monos como nos po?amos hannos cascar, kafkar con Kafka, Blanco Amor ou co que lles cadre. Por unha cousa e mais pola contraria: a literatura galega non val cousa e por iso non ten p¨²blico, non ten lectores; tam¨¦n o contrario: o ¨¦xito dos libros con ¨¦xito expl¨ªcase porque son mala literatura. Que te?a ¨¦xito ¨¦ a proba de que son comerciais. Non hai maneira de escapar ¨¢s argumentaci¨®ns perversas, niso consiste a s¨²a perversidade, non responden a l¨®xica ningunha, son falsas e por tanto arbitrarias e ¨¢ conveniencia do ru¨ªn. O que si defenderei ¨¦ a existencia de lectores en galego, os editores poden demostrar con n¨²meros que hai libros con miles de lectores. E, atentos ¨¢ esta insidiosa nova volta de porca, libros con ¨¦xito lector que non son lidos nos institutos. En todos os pa¨ªses os adolescentes len libros nos institutos, s¨® aqu¨ª iso ¨¦ un tema de preocupaci¨®n e de denuncia para alg¨²ns. Existen eses lectores libres, esas persoas, e non consinto que ningu¨¦n as liquide. Eses lectores que entran polo seu p¨¦ nunha librar¨ªa e piden un libro en galego son o froito de xeraci¨®ns de escritores e editores, son uns miles e son, somos, un froito valios¨ªsimo dun esforzo colectivo.
A nosa literatura precisa unha auditor¨ªa, quizais externa: unha cuantificaci¨®n obxectiva e logo unha valoraci¨®n honrada, sen complicidades ideol¨®xicas e compincheos disparatados, mais tam¨¦n sen ruindades. Estamos no mellor momento dende os trobadores, non sei se iso ¨¦ moito, mais ¨¦ as¨ª por moita hostilidade que nos te?an.
Ser artista ¨¦ un modo de vivir salvaxe, rapinando o ¨¦xito e, se cadra, a gloria e sen parar de brincar para safarse dos disparos de cazadores agachados ao asexo. Agora que tam¨¦n para a caza hai regras e aqu¨ª hai moito escopeteiro con fur¨®n.
A toda a hostilidade, a esas mensaxes de odio, a que os escritores sexan atacados por quen vive da s¨²a obra, s¨²mase que este p¨¢is can¨ªbal ¨¦ un dos poucos onde, a¨ªnda hoxe, os escritores son censurados en xornais do seu pa¨ªs. A censura dun autor ¨¦ un intento de liquidalo. Diso se trata, aqu¨ª s¨® se redime un escritor en morrendo. Desculpen que sigamos vivos, agarden, onte mesmo estiven de aniversario, non habemos tardar. Non empurren tanto.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.