Unha mensaxe para Mariano
Moito se fala estes d¨ªas das perdas e ganancias para Mariano Rajoy, o l¨ªder da dereita espa?ola. Por unha banda, ficha un tibur¨®n, por outra, despr¨¦ndese dun merlo branco. El saber¨¢ o que fai, que para iso ¨¦ rexistrador da propiedade. No medio desta feroz loita darwinista, eu o que pensei ¨¦ enviarlle un agasallo creacionista. Un exemplar de vagalume e outro de xoani?a.
O texto que acompa?ar¨¢ este env¨ªo entomol¨®xico poder¨ªa dicir o seguinte:
"As linguas non restan, Mariano. As linguas suman. As linguas non pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. M¨®vense por unha sorte de enerx¨ªa interior, alternativa. O xeito en que traballan as verbas, a maneira de elas viviren, ¨¦ moi semellante ¨¢ relaci¨®n que ten a avela¨ª?a coa l¨¢mpada na noite. Por¨¦n, malia non ter peso, as linguas pertencen ¨¢ natureza. Mesmo son o enxerto m¨¢is logrado e act¨²an coma o pole para a semente. Verbo desa fecundaci¨®n, quixera lembrar que na lingua galega os seres m¨¢is nomeados son dous cativos cole¨®pteros. O vagalume (de nome cient¨ªfico, lampyris nocticula) ¨¦ chamado de m¨¢is de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoani?a (coccinella septempunctata). O vagalume emite luz. A xoani?a, coa s¨²a forma esf¨¦rica e sete punti?os mouros sobre o vermello dos ¨¦litros, trae a boa sorte se se pousa na man. O vagalume e a xoani?a escasean agora por mor dos herbicidas.
Se Rajoy ¨¦ conservador, por que non quere conservar o galego?
Unha lingua ¨¦ compar¨¢bel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amaz¨®nico ou a seca dun r¨ªo, ou a perda dunha obra art¨ªstica e monumental, c¨®mo ser insens¨ªbel ante a vida das linguas!
Non hai fotograf¨ªas das linguas feridas, das verbas fanadas, mais cada unha desas perdas deixa un cr¨¢ter na boca da humanidade, unha chaga na gorxa da historia. Se tiveramos esas imaxes, ser¨ªan estarrecedoras. Porque as linguas non son abstracci¨®ns nin simples artificios gram¨¢ticos. Te?en corpo e alma, que non van esgazados o un da outra.
A vida das linguas ¨¦ unha met¨¢fora das nosas vidas.
Hai dous espazos contrapostos no fondo submarino das r¨ªas galegas. O que os mari?eiros chaman almeiro, os lugares de cr¨ªa e desove, un er¨®tico leito de cores, e aqueloutro que chaman a marca do medo, as furnas do baleiro onde domina o silencio e os peixes non entran pola memoria do esquilmo. Cada lingua ¨¦ un almeiro fronte a marca do medo, un viveiro fronte o baleiro uniformizador.
Entrado o s¨¦culo XXI, hai dous eixos nos que basear a civilizaci¨®n: o cultivo dos dereitos humanos e o da biodiversidade no mapa da natureza e das culturas. Eses dous cultivos est¨¢n entrenzados e son hoxe a primeira proba de civilizaci¨®n, de calidade democr¨¢tica.
Por que o vagalume e a xoani?a foron os seres m¨¢is nomeados? Quizais polo instinto das linguas, ¨¢ procura da luz e da sorte". Stop. Fin da mensaxe.
Por qu¨¦ enviar agora os dous cole¨®pteros a Mariano? Non se trata de pol¨ªtica. Non ten de ver nada coa campa?a electoral. Non ¨¦ unha mensaxe cr¨ªptica. O que pasa ¨¦ que Mariano cada vez que v¨¦n a Galicia pois solta un mesmo retrouso: "O que fai falta ¨¦ menos galego e m¨¢is ingl¨¦s". Nos ¨²ltimos tempos, ve?a coa lada¨ª?a: Menos galego, m¨¢is ingl¨¦s. Un titular, don Mariano!, solicita o xornalista. E Mariano entoa o ritornello: "Menos gallego, m¨¢s ingl¨¦s".
A min esa demanda ling¨¹¨ªstica sorpr¨¦ndeme moito. Desconc¨¦rtame. Non porque Mariano sexa ou non galego. En Galicia hai m¨¢is xente que comparte esa idea, mais non ¨¦ or auto-odio nin por ignorancia. ? por desprendemento. En Galicia hai moitos galegos que falan galego. ? un dos lugares do mundo onde m¨¢is galego se fala. Tam¨¦n hai moitos galegos que falan galego en castel¨¢n. E alg¨²ns que falan castel¨¢n en galego. A cousa non vai por a¨ª. O meu desacougo con Mariano ten relaci¨®n co seu papel de l¨ªder pol¨ªtico conservador. E se ¨¦ conservador, penso eu, por que non quere conservar? Conservar o galego, que o que necesita unha man de conservaci¨®n. Home, se fai falta botarlle unha man ao ingl¨¦s, pois tam¨¦n lla botamos.
O outro motivo de desconcerto ¨¦ que Rajoy ¨¦ de profesi¨®n Rexistrador da Propiedade. E logo a lingua galega non ¨¦ unha propiedade? Hoxe en d¨ªa todo o mundo sabe que a lingua ¨¦ un recurso. S¨¢beno os su¨ªzos, que de propiedade entenden un ovo e a metade doutro, e por iso conviven con catro linguas. S¨¢beno os pa¨ªses poderosos e outros m¨¢is modestos ou de menos falantes. Vai ti a Islandia, que son 300.000, e dilles que para qu¨¦ queren o island¨¦s. Saes de volta no primeiro avi¨®n cunhas orellas de burro. As¨ª que non entendo a raz¨®n pola que un rexistrador da propiedade, un home intelixente, en plenas facultades, quere que nos desprendamos de semellante propiedade. Pois mira que non ¨¦ leira o galego! Con el podes falar e entenderte en Viana, en Porto Alegre, en Luanda, en Maputo, en Cabo Verde, en Goa, en Timor e mesmo en Pontevedra e no Vaticano. E non haber¨ªa maneira de falar m¨¢is ingl¨¦s sen achicar o galego? Unha cousa ¨¦ ser pol¨ªglota e outra troglodita.
Contrasta esta actitude co estilo tan sereno e respectuoso do conselleiro de Educaci¨®n da Junta de Castilla-Le¨®n, Juan Jos¨¦ Mateos, que v¨¦n de ratificar o convenio para a incorporaci¨®n do galego en todo o itinerario escolar na bisbarra do Bierzo. Coido que acae o exemplo, pois forma parte dun goberno auton¨®mico conservador. Escoiteino falar este m¨¦rcores, co gallo do acto a prol da lingua da asociaci¨®n Xarmenta, co teatro de Ponferrada ateigado de xente, e o que el fixo foi un discurso da intelixencia e de defensa da diversidade. No Bierzo, que ¨¦ parte administrativa de Castilla-Le¨®n, pasouse en seis anos de 25 estudantes de galego a m¨¢is de 1.000 na actualidade.
No recente informe do PNUMA, o Programa das Naci¨®ns Unidas para o Medio Ambiente, fanse unhas afirmaci¨®ns moi interesantes verbo das linguas. Par¨¦ceme fundamental ese enfoque. Considerar as linguas parte esencial do medio ambiente. Normalmente, falamos como respiramos. Mentres respiramos non nos po?emos a reflexionar sobre a importancia do aparato respiratorio. Dic¨ªa o poeta arxentino Manuel Lugones que el s¨® foi consciente da importancia do aparato respitarorio o d¨ªa que estivo a piques de afogar nunha praia. Pois ben. O que di o PNUMA ¨¦ que a perda dunha lingua e do seu contexto cultural representa a queima dun libro de consulta ¨²nico do mundo natural. De seguir a actual tendencia, calc¨²lase que dentro de 100 anos, o 90% dos idiomas do mundo estar¨¢n extinguidos ou a piques de se extinguir.
Eu ben sei que Mariano non quere que o galego estea nesa lista de desaparecidos, mais para iso hai que botar unha man. Ei! Ao pescozo, non.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.