Un inconformista rabudo
Curros foi en vida o escritor galego m¨¢is reco?ecido dentro e f¨®ra de Galicia
?s veces unha preg¨²ntase para que serven tantas efem¨¦rides, tantos aniversarios, centenarios e demais eventos, como non sexa para lembrarnos o paso indefectible do tempo e evitar que nos instalemos comodamente no carpe diem. A proxecci¨®n pasatista arromba de maneira sutil as balizas cronol¨®xicas (esas que teimamos en erguer para constru¨ªrmos o noso propio tr¨¢nsito vital) e dil¨²e a periodizaci¨®n nunha neboenta ucron¨ªa: dende a¨ª, os devanceiros semellan contemplarnos entre a simpat¨ªa e a perplexidade.
Naturalmente, non ¨¦ as¨ª, e mesmo ¨¢s veces si somos quen, nesta nosa desvertebrada Galicia, de acompasarmos o cami?ar e de que pareza que somos algo tan sinxelo como un pa¨ªs cunha historia que explica o seu presente. Isto v¨¦n a conto da feliz sucesi¨®n temporal de d¨²as celebraci¨®ns, a do centenario do himno galego, que callou nunha concorrida exposici¨®n, e a dos eventos que nestes d¨ªas van conmemorar o centenario da morte de Manuel Curros Enr¨ªquez.
Voltar a Curros abraia polo pr¨®ximo que se revela, pola simpat¨ªa que esperta
Na eterna cuesti¨®n da lingua tivo unha actitude moi activa e consciente
'C¨¢ntiga' ¨¦ un exemplo ¨²nico de apropiaci¨®n dun poema polo pobo
Ambas efem¨¦rides abren unha fenda nesa uniformidade con que adoito vestimos o pasado e revelan moitas cousas. A primeira, que non se pode escribir a historia de Galicia ignorando o acontecido no escenario americano. A segunda, que esa historia foi moito m¨¢is rica, complexa e diversa do que adoito pensamos, e que esa heteroxeneidade, a¨ªnda por revelar en plenitude e con xusteza, ¨¦ a nosa mellor baza ¨¢ hora de constru¨ªrmos un galeguismo axeitado para o s¨¦culo XXI porque nos permite ir escolmando o gran da palla, arrombar coas visi¨®ns decimon¨®nicas e rescatar aquelas coas que a cidadan¨ªa de hoxe se poida identificar, mesmo dende a discrepancia, para procurar respostas ¨¢s novas cuesti¨®ns que a abouran.
Dito isto, voltar a Curros abraia polo pr¨®ximo que se nos revela, pola simpat¨ªa que en n¨®s esperta ese seu inconformismo rabudo que manifestou xa dende mozote. Enfrontado de cedo co seu pai, republicano entusiasta en 1873, anticlerical a¨ªnda que de¨ªsta, polemista nato na s¨²a actividade xornal¨ªstica... Cantos de n¨®s non se identifican con ese programa vital, en todo ou en parte?
Como tantos homes e mulleres, de hoxe e de sempre, padeceu problemas matrimoniais e veuse na obriga de emigrar; loitou pola causa rexionalista e querendo ser coherente na cuesti¨®n da independencia de Cuba, atraeu a ira de tirios e troianos (a que lles soa?); e na eterna cuesti¨®n da lingua, a s¨²a actitude foi extraordinariamente activa e consciente, como creador e como cidad¨¢n.
Morta Rosal¨ªa, Curros foi en vida a figura m¨¢is co?ecida e admirada das letras galegas dentro e f¨®ra de Galicia. Tanto era as¨ª, que en 1892 aparece a traducci¨®n ao castel¨¢n de Aires cun pr¨®logo de Blasco Ib¨¢?ez e en 1893 ser¨ªa coroado en Madrid, no solemne acto de inaguraci¨®n do Centro Gallego da capital. Esa fama expl¨ªcase porque, como dixo Carlos Casares no seu d¨ªa, a obra literaria de Curros se desenvolveu estreitamente vencellada ¨¢s circunstancias hist¨®ricas en que foi creada, pero iso fai a¨ªnda m¨¢is sorprendente que siga a ser tan popular.
Home e poeta esencialmente contraditorio, a dial¨¦ctica alimentou a s¨²a vida e a s¨²a obra, de a¨ª que os seus madrigais e epigramas, ou composici¨®ns como a titulada A Cristobo Colombo, non te?an hoxe m¨¢is valor para n¨®s que o an¨¦cdotico. Pero, a car¨®n desas, quen non lembra a aguda retranca dese Deus velli?o que en Mirando ¨® chau contempla at¨®nito o mundo por el creado? Quen non cantou, coa m¨²sica de Lu¨ªs Emilio Batall¨¢n, ese so?o ut¨®pico de Ah¨ª ven o maio de frores cuberto? Quen non ten lembrado, cun certo arrep¨ªo, os versos do poema A Rosal¨ªa, eses que empezan "Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela no bico un cantar"? Quen non llos ten asignado, para os seus adentros, a algunha desas mulleres precursoras, singulares, exc¨¦ntricas? A poderosa imaxe feminina que Curros imaxina solitaria pola beiramar superou a inicial atribuci¨®n rosaliana para afirmarse senlleira no imaxinario colectivo e que todas nos poidamos, algunha vez, identificar con ela.
E quen non ten cantaruxado, para esconxurar as saudades de amor, alg¨²ns versos da famosa C¨¢ntiga? Por certo, que dela hai moitas versi¨®ns, reducibles a d¨²as b¨¢sicas: a de Curros, que empeza "No xard¨ªn unha noite sentada...", e a que poderiamos chamar versi¨®n B que o fai con "Unha noite na eira do trigo"; de certo que cadaqu¨¦n ha ter a s¨²a.
Non hai na historia da literatura galega un caso semellante de apropiaci¨®n por parte do pobo dun poema asinado por un autor contempor¨¢neo. Composto por Curros en Madrid cando estudante, como letra dunha melod¨ªa que un seu compa?eiro estaba a improvisar na guitarra, o texto s¨® ser¨ªa fixado por escrito oito anos despois. Curros, de paso por Ourense, escoitar¨ªa o poema cantado na versi¨®n B.
A musa popular galega transformara o rom¨¢ntico xard¨ªn se?orial nunha eira, de evidentes connotaci¨®ns er¨®ticas e que lle resultaba moito m¨¢is reco?ecible como espazo de encontro amoroso. Que acontecera? Pois que neses oito anos o amigo m¨²sico espallara a c¨¢ntiga por romaxes e troulas estudiant¨ªs, e os receptores f¨®rona facendo s¨²a. A Curros non lle quedou outra que reivindicar a s¨²a autor¨ªa inclu¨ªndo a versi¨®n que el reco?ec¨ªa como s¨²a na edici¨®n de Aires da mi?a terra e resignarse a que as outras seguisen a vivir na voz do pobo.
Non ouso cualificar Curros de visionario, m¨¢is que nada polas connotaci¨®ns pexorativas que tal adxectivo pode ter, pero si que considero que a s¨²a actualidade, a capacidade dos seus versos para sobreviviren na memoria colectiva, ten que ver cunha actitude vital plenamente contempor¨¢nea, porque -a diferencia doutros poetas do seu tempo- a ollada de Curros estaba posta no futuro, nun futuro no que el tem¨ªa que puid¨¦semos chegar a ser "taboleiro de yankee, mercer¨ªa ou pesebre de bestas xaponesas" pero tam¨¦n nun ma?¨¢ "de donos liberto", no que o pan non nos quiten "trabucos e pr¨¦stemos"; un ma?¨¢ "sin bruxas nin demos, usuras nin preitos". Como programa electoral, a min xa me vale.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.