A xeraci¨®n que fuxiu do fr¨ªo
O movemento estudiantil simbolizou o espertar da Galicia urbana nos anos 70
Na exposici¨®n sobre o maio do 68 compostel¨¢n no Pazo de Fonseca pode contemplarse a reproduci¨®n dunha habitaci¨®n de estudante. D¨²as liteiras, tres tratados m¨¦dicos, unha botella de xenebra desco?ecida e d¨²as de co?¨¢ perfectamente identificables, unha mesa camilla na que pousa unha m¨¢quina tam¨¦n desco?ecida -tal vez un trebello para quentar auga- carteis -o Che, pel¨ªculas de moda- e, sobre todo, unha indefinible sensaci¨®n de fr¨ªo. Esa habitaci¨®n transf¨®rmase, por obra e graza do espazo expositivo, nun monumento, nun lugar da memoria que establece unha tradici¨®n antifranquista.
Que unha habitaci¨®n de estudante poda converterse nun obxecto ic¨®nico sobre o que fundar unha tradici¨®n, ¨¦ un paradoxo m¨¢is entre aqueles cos que estamos acostumados a convivir. Iso non sorprende. Sorprende m¨¢is o tempo que temos tardado en ver unha exposici¨®n as¨ª. Unha das peculiaridades galegas ¨¦ que aqu¨ª todo tende a suceder con certa lentitude. O natural ter¨ªa sido que esta exposici¨®n se fixera hai 20 anos, xa recuperadas as liberdades. Non foi as¨ª. Houbo que agardar ao cambio de goberno ¨²ltimo. Por San Caetano, con calefacci¨®n estupenda, pasean agora os que pasaron fr¨ªo.
A Transici¨®n foi en Galicia m¨¢is poli¨¦drica do que di o esteorotipo
Tam¨¦n eu poder¨ªa describir unha habitaci¨®n dun piso da R¨²a Concheiros no ano 74. A alfombra fora roubada dunha discoteca, a mesa de estudo era unha porta lisa ¨¢ que se lle colocaran d¨²as patas, e ademais de no sof¨¢ un pod¨ªa sentarse nun par de taburetes tam¨¦n requisados dun bar. No moble do tocadiscos amore¨¢banse Paco Iba?ez, Lluis Llach, Pi de la Serra e os Chieftains, e, por suposto, os discos de 45 r.p.m. de Voces Ceibes. Reinaban sobre a sala un p¨®ster de Jane Fonda espida e outro do Bar?a, no revisteiro pod¨ªa atoparse un exemplar de Triunfo e outro de Cuadernos para el di¨¢logo.
Nesa sala discut¨ªase sobre O atraso econ¨®mico de Galicia, a obra de Beiras; o op¨²sculo de Mao Arte e cultura no Foro de Yen¨¢n e os m¨¦ritos e dem¨¦ritos das troikas sovi¨¦ticas, a¨ªnda que ningu¨¦n fose de saudades estalinistas. Como eran os anos posteriores ao boom, os autores eran os latinoamericanos (Vargas Llosa, C¨®rtazar, Onetti, Garc¨ªa M¨¢rquez) ademais da tr¨ªade sagrada da alta cultura de ent¨®n: Joyce, Kafka e Beckett. Eran moi entretidas aquelas liortas, dignas dun mosteiro medieval, cheas de florentinismos indescritibles. A intelixencia non ti?a m¨¢is remedio que aguzarse para pillar algo. Agora ben ?que significado ti?a todo isto?
Entre as frases m¨¢is celebradas de Marx pode rexistrarse esta: "Non o saben, pero fano". ?Que fac¨ªan os protagonistas de aquel espect¨¢culo? ?A qu¨¦ estra?a dimensi¨®n apuntaba aquel perderse entre Trotsky, Zappa, Losey ou Bu?uel? Interpretar dende o futuro, cando un xa sabe en que quedou todo aquilo, ¨¦ facer trampa, pero se un se pon aproximadamente marxista poder¨ªa afirmar isto: o mao¨ªsmo e outras formas de esquerd¨ªsmo eran o xeito espec¨ªfico en que se abr¨ªa paso entre n¨®s a modernidade burguesa.
Os estudantes, nas condici¨®ns dunha Galicia que comezaba a experimentar a Grande Transformaci¨®n que determinou o ocaso do pa¨ªs agrario, eran subxectivamente revolucionarios. Tam¨¦n en Par¨ªs, Berl¨ªn ou Berkeley os universitarios experimentaban esa sensaci¨®n de que os tempos estaban cambiando, como cantaba Dylan. Santiago non era a excepci¨®n, non pod¨ªa selo nun pa¨ªs no que agonizaba Franco e con el unha ditadura. O nacional-catolicismo malamente pod¨ªa satisfacer a unha xuventude que escoitaba a Pink Floyd e reclamaba a revoluci¨®n sexual.
Hab¨ªa unha Galicia rural de carros e eixadas de ra¨ªces medievais, pero tam¨¦n unha a¨ªnda poderosa estrutura de vilas nas que boqueaba unha pequena burgues¨ªa e un aceno de modernidade, preferentemente urbano, que se expresaba de mil modos: ir a Londres a comprar discos e roupa ou meterse no PCE ou na UPG para respirar o aire de Europa, o de Sartre e os Beatles.
Eses estratos mestur¨¢banse entre si. Con demasiada frecuencia se tende a apreixar un pa¨ªs seleccionando un par de fotos. Pero a Galicia da Transici¨®n era m¨¢is poli¨¦drica do que suxire unha mirada estereotipada. ?s veces parece que cada xeraci¨®n quere inventar o mundo, como se antes dela Galicia fose s¨® un verde prado con vacas, coma se a clase obreira e os burgueses, ou, para o caso, Antonio Palacios, Dieste, Seoane ou Maside non estiveran a¨ª dende hab¨ªa tanto tempo. Coma se a modernidade fose cousa de onte. Os estudantes estaban chamados a ser o que son agora: os profesionais (m¨¦dicos ou avogados) que retomar¨ªan o ciclo das s¨²as sagas familiares, ao tambor dun pa¨ªs que cambiaba aceleradamente e que impo?¨ªa novos gustos, estilos e ret¨®ricas. Aqueles rapaces v¨ªan as Historias para no dormir ou Estudio 1: non tardar¨ªan moito en sorprenderse das Mama Chicho. Da psicodelia local pasar¨ªan, despois da ultrapolitizaci¨®n e o desencanto, ao nerviosismo cocain¨®mano dos yuppies.
Alg¨²ns deles estaban chamados a dirixir o pa¨ªs, ben polas s¨²as orixes familiare ou polas novas oportunidades da democracia. O que non pod¨ªamos sospeitar ¨¦ que tardar¨ªa tanto en suceder. Se noutras latitudes se procedeu, dende comezos dos 80, a unha renovaci¨®n das elites, iso non foi o caso entre n¨®s. Esa a tendencia ¨¢ xerontocracia ent¨¦ndese mellor sobre a relaci¨®n de forzas que determinou que os que estaban continuasen estando con moi escasas variaci¨®ns. Ese fondo p¨¦treo do establecemento segue estando a¨ª. En Galicia as novas clases emerxentes te?en moitos medos e complexos que facilitan a s¨²a subordinaci¨®n psicol¨®xica e social e a s¨²a tendencia instintiva a non facer nada. De feito, non facer nada ten entre n¨®s un prestixio asombroso, incontestable. Iso explica alg¨²ns trazos da actualidade m¨¢is inmediata.
Dende logo, e niso acerta a exposici¨®n organizada pola Fundaci¨®n 10 de Marzo, os pisos de estudantes tiveron unha importancia extrema. A diferenza de hoxe, en que o h¨¢bito e o di?eiro fan das copas nas fins de semana o momento privilexiado para a sociabilidade, naquelas ¨¦pocas o piso era o ¨¢mbito so?ado no que a xuventude pod¨ªa estrear a s¨²a autonom¨ªa.. Neses pisos ensai¨¢banse novas formas de relaci¨®ns entre os sexos e so?¨¢base con formas de vida alternativas. Pero, sobre todo, nos pisos beb¨ªase caf¨¦, en cantidades asombrosas, dignas de Balzac, para acompa?ar parladoiros inacabables, que se ramificaban en todas direcci¨®ns, conforme a esa sede inesgotable de vida que parec¨ªa flu¨ªr con tanta naturalidade na xuventude do momento: tal vez o botell¨®n de agora non sexa tan distinto. Non sei por qu¨¦ v¨¦nseme ¨¢ cabeza unha canci¨®n de Pi de la Serra Afans de joventut: "Afans de juventut/ De fer rodes quadrades/ De perdonar al ven?ut / De predicar maldades".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.